Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

O nome do noso berce terreal

por César Camoira Vega 

I. NOCIÓNS ETIMOLÓXICAS:

Un ghrande número de topónimos ghaleghos, entre eles a denominación do noso país -Galicia-, baséanse en nomes de antighas divindades. As antighas divindades desempeñaban o papel de padroádegho para persoas, asentamentos e cidades. Ademais, daban o seu nome a ríos e outros accidentes xeoghráficos. Tal consideración débese a que na época antigha a concepción máxica-relixiosa se estendía por tódolos eidos vitais do ser humano.
regnun
A verba Galicia provén da deidade Cal-Calo, Calon. Estes nomes fan referencia á antigha deidade solar do ocaso. Co transcorrer do tempo estes vocábulos sufriron unha latinización: CALUS, CALE.

Dende a perspectiva etimolóxica observamos diferentes acepcións, ás veces en aparente contradición, ó tratarse dunha deidade polivalente dependendo de cada unha das súas funcións (a linghua da colectividade que lle profesaba culto, etc.).

Tras ve-lo vencello do topónimo coa antigha deidade solar cómpre que teñamos en conta que CALLAECIA, probablemente, non é unha denominación celta, polo menos na súa orixe, debido á súa presenza en culturas alleas ó fenómeno celta (como a cultura etrusca, a ibérica e incluso outras do ámbito precéltico: véxanse os nomes, entre outros, de Calahorra -nome ibérico-, Calatorao -nome etrusco-, Ourense -nome precéltico-...). Torre de Andrade        

II. CONSTATACIÓN ESCRITA DO TOPÓNIMO:

Facendo unha viaxe polo tempo, o territorio que ocuparon os suevos continuou a denominarse GALLAECIA. 
Tal denominación xa existía no S.I a.C. cando a este territorio chegharon os romanos. E da verba Gallaecia derivaron os étnicos Gallaici, Callaici e Callaeci: vocábulos que designaban pobos con quen se mesturaron os celtas no noroste peninsular.

A denominación GALLAECIA evoluiría á de Galicia posiblemente no S.VI (para a verificación disto remito á "Cosmographia Aetichi dicta" de Istro Aetico -S.VI-). A mencionada evolución, sendo a máis antigha documentada, tería unha serie de mudanzas posteriores:  Gallicia e Galiza e, tamén, Gallitia e Galliciense Regnum (estas dúas últimas denominacións fighurarían na "Historia Francorum" de Gregorio de Tours, obra que data de mediados do S.VI aproximadamente).

III. EVOLUCIÓN FONÉTICA DA VERBE TOPONÍMICA camba

O nome de Galicia e o resto de vocábulos documentados fan alusión á denominación dos poboadores previos á conquista romana.

Na Idade Media coexistían as dúas formas: Galicia -a forma máis antigha- e Galiza -forma documentada un século despois ó ighual ca Gallicia- (na documentación medieval tamén se observaron outros vocábulos para aludir ó territorio ghalaico: Gallizia, Galizia...). 

Co paso do tempo observamos que o topónimo territorial ghalaico, ó ighual ca noutras palabras, adoptou a terminación -CIA. As razóns que alicerzan esta solución como a única válida son: 

a) A única forma empreghada por tódolos falantes para desina-lo espazo territorial é GALICIA.

b) A verba Galicia non é un vocábulo castelán. Respecto disto cómpre ter en consideración que nesta linghua GALLAECIA debería dar *Gallicia ou *Galleza.

Trala lectura deste punto plantéxase* unha preghunta: ¿entón que pasou na linghua castelá? Nas denominacións dos países cercanos o castelán, lonxe de toma-la súa solución, adoptou a forma empreghada polos habitantes do territorio correspondente.

c) A terminación -CIA é patrimonial na zona oriental do ghalegho.

d) E se todos estes arghumentos non foran suficientes obsérvese que a recuperación da terminación mencionada, ademais da outra terminación: -CIO, se debe á ghrande abundancia de cultismos
introducidos na linghua ghalegha dende a época medieval.

Esta última explicación deixa albiscar a fidelidade da linghua ghalegha respecto da matriz latina. 

Por último, facendo un pequeno bosquexo a evolución que teriamos sería a seghinte: CALLAECIA > GALLAECIA > GALICIA

1- O paso de Callaecia a Gallaecia reposa, quizais, nun afán remodelador etimoloxizante.
2- O derradeiro paso plantexa* unha serie de inconvintes: a simplificación da consoante palatal lateral, a evolución do ghrupo vocálico -AE- a -I- (a raíz disto cómpre dicir que no ghalegho actual tal ghrupo debería dar ou vocal anterior semiaberta ou vocal semipechada), a terminación -CIA responde a unha evolución patrimonial.