Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A noite do 31 de outubro

Entre os antigos celtas , "Semaín"  ( 31 de Outubro, a noite dos mortos, Halloween para os americanos) era a última noite do ano e considerábase coma un momento propicio para presaxia-lo futuro. 

o ano novo celta Os romanos engadiron a esta celebración á da colleita que se celebraba o día 1 de Novembro na honra da deusa Pomona, deusa das froitas e árbores. 

Os cristiáns, o 31 de Outubro, celebran a véspera de "Todos os Santos",  recordan ós seus mortos e axúdanlle a saír do purgatorio e alcanza-la luz eterna.

Ten a súa orixe nos costumes celtas. Por iso moitos pobos da península que mantiveron contacto coa tradición celta, conservan na celebración da noite de defuntos algúns dos seus rituais. Estes rituais chegaron a nós mesturados coa tradición cristiá.

Os druídas, que eran os sacerdotes celtas, crían que esa noite "Saman, o señor da morte", provocaba ás hostes dos espíritos malignos. Os druídas acendían entón grandes fogueiras, co propósito de suxeitar a todos eses espíritos.

candea Os celtas tamén crían cós espíritos da morte (a nosa Santa Compaña Galega) visitaban as súas moradas terreais esa noite. 

Os romanos, despois de conquistar territorios habitados por celtas, engadiron ó Samain elementos da súa festa da colleita, celebrada o 1 de Novembro na honra de Pomona, deusa dos froitos e das árbores.

A tradición celta de acender fogueiras o 31 de Outubro, sobreviviu ata épocas modernas en Escocia e Gales, e o concepto de pantasma e bruxa segue sendo común en tódalas celebracións relacionadas co día de Samain.

Sobreviven pegadas (vestixios) da festa romana da colleita no costume, habitual en E.E.U.U. e Gran Bretaña, de facer xogos utilizando froitas, como sacar mazás dun caldeiro de auga. 

En Galicia consérvase o costume do Magosto, consistente nunha festa onde se comen sempre castañas.  Estas castañas cócense  con anís para as ánimas do purgatorio e outros espectros. Aliméntanse e acéndense pequenas candeas que flotan dentro de cuncas de auga e aceite. Cando estas candeas se consumen, sábese, que unha ánima do purgatorio alcanzou, por fin, a luz eterna.

Mónica Beatriz Suárez Groba

Bibliografía consultada:    "Fonte: "Los celtas", Manuel Yánez Solana.

 

 

Temas relacionados :  "Halloween e o ano novo celta en Galicia"