Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

"O GALO"

(do libro "Lar")

Xosé Neira Vilas

 


Agricultura en Galicia



Escoitar outra vez o galo na amañecida é como senti-las cousas no seu lugar: quentura na lareira, fume nas chemineas, asento de homes e mulleres no porral onde naceron. Nenos camiño da escola. Mozas cantando nas fontes e nos prados. Foliadas. Magostos. Días de entroido con vivas e freques e axóuxeres. Leiras traballadas. Rumbosos palleiros con bonecos e tarabelas no curuto. Mocidade leda. Rapaces batuxando no río...

O galo canta. O seu cornetín é o mesmo de fai cen, mil, tres mil anos. Chove ou neva, ou vai axexa-lo sol. Hai febreiros e agostos coma sempre. Medran as árbores. Corren as augas. Garulan os paxaros.

Mais, non. O galo non o di todo. Hai casas baldeiras. Camiños baldeiros. Terras baldeiras. Moita xente amañece cada día ben lonxe deste canto. 
Foise do lugar, xustamente porque todo seguia no mesmo lugar, na mesma fochanca. País-maleta, país-croio, país andoriña. 
Vida en desacougo. Morte esfrangullada.
¿Cantos papeis teremos de queimar, canto sangue terá de ferver, cantos menceres han de xurdir para lle dar sentido ó canto do galo?