Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

BREVE HISTORIA DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

A tradición musical do pobo galego xa era moi coñecida na antigüidade. Proba disto son as referencias escritas que se atoparon e nas que falan sobre  os habitantes de Galicia daquela, deste xeito: "despois de beber bailan cantando o son de frautas e trompetas".   

Tamén hai testemuños desa época, nalgúns relatos das "Guerras Púnicas" falando dos guerreiros da "Rica Galicia  que marchan con Anibal, cantando na súa estraña lingua".  

Aínda que  nos tempos romanos existen referencias continuas á musicalidade  e lírica dos galegos a época clave e moi importante da musica galega foi nos séculos XII e XIII.  

Músico medievalOs comezos da lírica galego-portuguesa sitúanse no derradeiro cuarto do século XII, acadando o seu período de esplendor no século XIII e primeira metade do XIV; a morte do Conde de Barcelos, o derradeiro mecenas trobadoresco, no 1354, marca o final da Escola Galego-portuguesa e o inicio da decadencia.  

Con todo, o prestixio acadado polo trobadorismo galego foi tal que os seus ecos resoarán aínda por toda a Península durante 150 anos máis. Esta etapa correspóndese maioritariamente coa chamada Era Compostelá, asociada ó bispo Xelmírez, artífice en boa medida do esplendor santiagués e galego. Constitúe a culminación política do Reino de Galicia, feito perfectamente visible no seu predominio no conxunto cristián do occidente peninsular e nas aportacións artísticas realizadas á cultura universal: o románico compostelán, unha brillante prosa latina e a lírica dos Cancioneiros. 

Alfonso X El SabioNa lírica relixiosa atópanse as "Cantigas de Santa María", escritas polo rei Afonso X O Sabio, e na lírica profana, pódense lembrar algúns como "Cancionero de Ajuda", "Pergamino Vindel", etc. Todos eles amosan a riqueza e esplendor da lírica e música galegas nesa época dourada, na que Galicia era a principal referencia no eido cultural europeo.  

Na documentación existente neste período e dentro do feito musical galego,  ten grande importancia a mestura que se atopa entre as formas cultas e as  formas populares, que seguían mantendo características pagás , é dicir precristiás, polo xeral  celtas.  

Despois do século XIV, Galicia baixo a dominación de Castela, comeza a esmorecer  como foco cultural e social europeo. É a época chamada dos "Séculos Escuros" , pola falta de  información que hai deses tempos.  

A excepción das figuras de Perfecto Feijoo e Frei Martín Sarmiento, é na segunda metade do século XIX e cos albores do galeguismo, cando se comeza ter  novamente noticias da nosa música,  e foise conservando  no pobo.  Así xorden os primeiros poetas románticos galegos  que identificaron a tradición poética co folclore musical de Galicia. Destes tempos pódese lembrar coma  exemplo "A gaita  gallega" de Juan Manuel Pintos (1853).  

A aparición do primeiro traballo de estudio musical do folclore galego foi o chamado "Cancioneiro de Castro Sampedro" publicado no século XX.

 

 

Mónica Beatriz Suárez Groba

VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ >