Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

O Tren de Andrés Do Barro

Chegou a número un de vendas no franquismo cantando en galego

por Horacio Villande


En 1999 cúmprense trinta anos da edición do disco de Andrés Do Barro 0 tren, un síngle en galego que coñeceu unha circunstancia inédita, como é chegar ao número un das vendas e facelo durante a ditadura rnália estar en galego. Tras o éxito, o réxime tratou de asimilar a un cantautor de letras sen mensaxe, pero detrás desta faciana, estaba un home que non renunciou ao idioma pésie saber que en castellano haberia de ter abertos todos os caminos.

Capa de O tren, de Andrés Do Barro

O ferrolán mantívose fidel ao galego apesares das presións


Se hoxe representa unha circunstáncia insólita que un disco en galego chegue ás listas de éxit os, que o fixese Andrés Do Barro con 0 tren no franquismo e que ademais acadase unhas vendas tan importantes, dá idea da dimensión da fazaña do cantante.

Nado en 1947 no seo dunha família da Armada en Ferro¡, Andrés Do Barro non estaba chamado para o mundo da canción, e moito menos se esta estaba interpretada en galego. Foron as amizades e o entorno sócio-económico quen levaron a Do Barro a abrazar a língua como forma de expresión. "O meu foi un intento de promocionalo dalgun xeito", explicaría posteriormente. Para seguir ese camiño renunciaría a seguir a tradición familiar, no seu caso na marina mercante, xa que a sua indolencia impediulle aceder á Escola Naval de Marin.

Os primeiros pasos deunos Andrés Do Barro tentando conquistar algun corazón. Case sen quereló atopou os ánimos dos seus amigos Xavier Alcalá e Xosé Manuel Silva. "Eramos tres crios de dezasete anos tratando de montar recitais', contaba. Pero non habia xeito, topou coa censura guvernativa as primeiras veces que tentou subir ao cenário. A ditadura franquista non gostaba do galego e as autoridades non amosaban a sua disposición para ermitir actuacións no noso idioma. Curiosamente e precisamente por culpa da censura das suas actuacións, a primeira vez que cantou profisionalmente foi nun estudo de gravación. Fíxoo tras várias tentativas frustradas de actuar en público. A sua oportunidade chegou gravando un disco de catro cancións que non atopou promoción e cuxas vendas foron ben exiguas: noventa ejemplares. A razón de semellante trunfo non foi outra que o disgosto da casa discográfica polo feito de cantar en galego.

A segunda oportunidade veu da man da compañia RCA, coa que gravou "0 tren", un single que seguidiño haberia de ven.der un feixe de cópias para chegar ao número un nas principais cadeas radiofónicas do Estado.

Aí estaba Andrés Do Barro radiante de éxito. En galego, para pasmo do franquismo. Ainda hoxe, con democracia e bilingüísmo harmónico non se volveu ver tal. Algunha canción Xoán Pardo e de Antón Reixa acadarian posteriormente postos relevantes nas listas, pero non un número un e menos un número un tan flamante como aquel tren correndo pola beira do Miño.

"Se non podes co inimigo, únete a el", debeu dicer o franquismo, abraiado polo trunfo dunha canción en dialecto. Sobre isto, recentemente fixo unha reflexión o músico de Siniestro Total Xulián Hernández, no seu libro Hai vida intelixente no rock & roll?: "Na Galiza até tentouse unha ofensiva para contrarrestar o nacionalismo radical de tanto cantautor malencarado e desagradecido (a Universidade de Santiago de Compostela era un fervidoiro) con alegres melodias e letras amábeis a cargo do malogrado Andrés Do Barro, compositor de estribillo fácil e ideoloxia neutra en língua vernácuia".

Si, o franquismo tentou asimilar a un home que posteriormente publicou temas tan populares como Corpiño xeítoso, Pandeirada, San Antón ou Meu amor. Máis que acadar o seu obxectivo, conqueriu, aos poucos, ir anulándoo, emborrachándoo de éxito e de alcol. 


Falsa imaxe 

Pero a imaxe que quedou de Andrés Do Barro, como cantautor maleábel, cómodo para o réxime, desdise cando se presta atención ás suas palabras. El mesmo afirmou que "les de verdade as letras e dis: pero isto non ten nada". Pero tiña todo e el sabíao porque sufrira nas suas carnes a persecución ao idioma.

Unha entrevista concedida en 1973 a Enrique Barrero para o libro "El oficio de cantar', ilustra o compromiso de Do Barro co idioma. "O problema entón era cantar en galego simplemente,non estaba proibido oficialmente nen legalmente nen nada, nen sequera unha orde guvernativa (... ) era [como] dicer: ai! en galego, estes empezan como a ETA", contou nesa entrevista, na mesma na que deu conta de como unha incursión no castellano teria aberto moitas portas: '"tentei gravar con varias compañias de discos e moitas me dixeron que non; que si cantase en castellano que si, pero que en galego que non; gostaban as cancións pero non gostaba que se cantase en galego".

Pero Do Barro teimaba co galego e con Galiza. Se cadra non se podo dicer que fose un patriota, se cadra si. 0 certo é que confesaba a sua admiración por escritores como Castelao ou por pintores como Seoane. E con estes dous nomes, non podía sinalar máis arriba, no cerne mesmo do corazón intelectual do país. Sobre Castelao dixo que " é o grande xénio, e cántame cousas nos libros que ás veces fanme chorar". No que atinxe á arte, afirmaba que "do que máis osto é dos pintores galegos da nova onda porque son tremendos, Seoane e toda esta xente".

Andrés Do Barro, adernais de cantautor era un horno. Atinou na defensa do galego como língua de expresión, non renunciou a el nen sequera para conquistar o mercado español. Pero foi vítima de ngados, como o que padeceu cando protagonizou, xunto a Concha Velasco, "En la red de mi canción', se cadra unha das piores películas do cinema español. Non queria  iso Andrés Do Barro, pero foi como  lle veu dado. Como cando probou co castellano para conquistar o mercado latinoamericano pero errou no intento. Ou como cando se abandonou, como tantos artistas, para rematar os seus días como unha estrela que non encaixou o éxito.

 

Fonte: A Nosa Terra, 11-feb-1999, Nro. 869, Ano XXII, IV Xeira