Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

OS ALALÁS: A MÚSICA MÁIS ANCESTRAL DE GALICIA


Os Alalás son os cantos considerados máis antigos, enxebres e máis característicos da música tradicional galega. Esquecidos durante anos, preservados pola tradición oral e a sabedoría popular, o seu tesouro comezou a ser recuperado e dignificado por poetas e músicos no pasado século.

Perfecto Feijoo (1858-1935), fundador do primeiro coro galego "Aires da Terra" foi un grande compilador e intérprete de alalás.

A orixe dos alalás

A orixe do alalá, e a súa relación con outras formas musicais, en particular coa música litúrxica, atraeron a atención dos musicólogos durante os dous últimos séculos. Propuxéronse numerosas teorías, pero o certo é que a orixe destes cantos vai unido ó da identidade galega, e esvaécese na antigüidade. O alalá, a música máis ancestral de Galicia

A utilización dos alalás coma un símbolo da identidade nacional galega fai esquecer con frecuencia que tamén presentan innegables similitudes con outros cantos de culturas cercanas (como os de Castela, Al-Andalus, Magreb).

Aínda que os poetas do "rexurdimento" asimilaron a Galicia e Lusitania coas aldeas celtas ,  as formas musicais galegas, e en concreto os alalás, comparten moitas similitudes con outros cantos arrítmicos, e non precisamente os de Irlanda ou Escocia.

Hai enormes diferencias entre o noroeste peninsular, sometido a múltiples influencias prerromanas, grecorromanas, xermánicas, árabes ou europeas chegadas a través de a vía Xacobea, e as Illas Británicas, con un substrato celta mais enxebre, matizado escasamente por romanos ou viquingos, e posteriormente polo contacto con Europa.

A pesar de que hai en Galicia unha base céltica innegable,  as nosas foliadas ou xotas están mais emparentadas cos fandangos que cos “reels” . Así, os nosos cantos arrítmicos seméllanse a certos cantos casteláns ou andaluces, mais que ás “Pibroch Escocesas”. 

Moitos autores sinalaron como fonte de inspiración dos alalás á música relixiosa, concretamente ó “Canto Gregoriano”, e esta é a idea mais aceitada. Algúns autores do século XIX, aseguran cós alalás foron traídos a Galicia polos fenicios, que os cantaban nas súas naves para acompañar a remada, e chamábanos "alelohuías". Outros autores quixeron ver unha orixe grega para os alalás. Mais a teoría máis aceitada é que a aldea copiou ou adaptou para os seus cantos formas musicais que escoitaba na liturxia. Santiago Tafall,  que foi un importante musicólogo, e mestre da capela da catedral compostelá a principios do século XX, comparou detidamente os alalás co Canto Gregoriano. Os alalás recollidos por Casto Sampedro no seu “Cancioneiro” son un perfecto exemplo. Podemos consultar estas partituras , establecer curiosas comparacións e atopar moitas moi similares ós modos gregorianos.

Con pequenas modificacións, o alalá transformouse noutros cantos tan populares como el mesmo: os cantares de arrieiro, os cantos de cegos, os cantos de oficio e profesión, moitos cantos de Nadal, como os de Reis, entre moitos outros. De todos eles hai que destacar os cantos de arrieiro, moi semellantes ós alalás, interpretados “a  capella” e que son moi emotivos e fermosos. Os arrieiros eran individuos que vivían a soidade dos camiños, e en xeral eran moi apreciados, porque podían exercer funcións de correo ou de mensaxeiros, debido á súa constante mobilidade

Características musicais dos alalás

Os alalás son cantos arrítmicos, baseados na repetición dun tema corto, separadas estas repeticións por fraseos instrumentais, ou cantados sen palabras. No século XX popularizouse a gaita como instrumento ponte en os alalás, debido á influencia de Feijoo.

A melodía acaba nunha cadencia conclusiva, que acostuma estar composta polas mesmas notas do principio, pero é alongada e substituída ata a súa extinción, unha característica moi propia dos alalás. A letra son sempre versos octosílabos, rimando en cuarteto  sen retrouso. A mensaxe da letra é variable, pero non hai de conter burlas, aldraxes, ou palabras malsoantes senón que é un canto serio e respectuoso

Os instrumentos utilizados para acompañar á voz humana nos alalás son a gaita e en ocasións a percusión. Esa é na maneira en que Feijoo popularizou estes cantos por todo o mundo.

portico gloria zanfona

 

A zanfona tocada polos cegos mendicantes en Galicia ata os anos 50  é tamén un instrumento que acompañou ós alalás e o seu son cálido e misterioso compleméntase de maneira especial coa voz humana.  

 

Os alalás como símbolo nacional: a súa identificación con Galicia

;

Se é certo ca música tradicional pode falar acerca da natureza dunha aldea, non hai dúbida de cós alalás representan a identidade mesma de Galicia. Estes cantos foron o eco dos galegos ó longo dos séculos, e foron adoptados polos poetas do "rexurdimento", os ideólogos do proto-nacionalismo e os músicos da "Belle epoque", xunto coa gaita, como símbolos da rexeneración da nación galega. O seu desexo foi unir ós galegos en torno ós  símbolos da súa autoidentificación.

Segundo as palabras de Feijoo: "que en Galicia se escoite unha oración de harmonías, mantedora do lume sagrado. Que o noso cancioneiro sexa o libro único onde as almas galegas aprendan a ler os seus propios sentimentos, os seus propios emociones"
 
Os alalás son a canción dunha nai ó seu fillo, o laio dos emigrados, a canción dos traballadores da terra, o dor e pobreza da atávica sociedade rural galega, o orgullo dos bardos, as palabras de amor dos namorados , e por encima de todo, a expresión da saudade que tanto caracteriza á nosa forma de ser.

Case adiantada polo prezo do progreso e a globalización, a cultura musical galega dorme no noso inconsciente colectivo. A preservación dos alalás é tamén a preservación do noso legado cultural.

Xunto coa lingua galega, o alalá constitúe a mesma esencia da nosa identidade.

 

MÓNICA B. SUÁREZ GROBA

BIBLIOGRAFIA CONSULTADA:

-"Etnografía Galega", . Xesús Taboada Chivite, Editorial Galáxia
-"Música folclórica galega". Xosé Casal, Inespal SA.

 

ver máis temas da sección de música: entra aquí

vER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ