Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

"LA PRIMERA LUZ" (Manuel MURGUÍA, 186O)

LA PRIMERA LUZ DEL DIALECTO

LECCIÓN I

Un niño entró en la escuela; era un pobre aldeanito, y no sabía hablar castellano. El maestro le preguntó:


-¿No traes tus libros, hijo mío?


-Señor - respondió el pobrecillo, temblando esquecéronme.


Y todos los demás niños se echaron a reír de él, y se mofaron de su ignorancia.
Pero el maestro, que era un hombre docto, y mejor que esto todavía, un hombre justo, les impuso silencio y les dijo:


- Hijos míos, ¿cual es la falta de ese inocente para que os burléis de él? No sabe castellano, y habla en el dulce lenguaje de su tierra nativa, en el lenguaje en que hablaron sus abuelos! Sabed, niños, que el dialecto gallego, cuyas armoniosas palabras excitan vuestra risa, como si fuérais extraños, es la fuente de donde salió el idioma español; es un dialecto en que pueden expresarse con más dulzura, con más suavidad, con más cariño que en ningún otro, todos los pensamientos y todas las ideas; que en él hablaron nuestros padres, y que nosotros no debemos, no digo ya olvidarlo, sino amarlo, venerarlo, como a preciosa herencia que nos han legado nuestros antepasados. Amad el lenguaje en que  hablamos todavía; ¡el pueblo que olvida y escarnece su idioma, ese pueblo dice al resto del mundo que ha perdido su dignidad!
«El hombre - dice un sabio moderno - lo último que pierde es el acento natal». No os avergoncéis, pues, de ser como los hombres, ni os cause risa oír hablar como hablaron vuestros abuelos. Si algo hai aquí, que deba excitar vuestra hilaridad, no es la santa ignorancia de este aldeanito, sino la imprudente carcajada del hijo de las ciudades, que no conoce que acaba de reirse de sí mismo.

 

 

a primiera luz

"La Primera Luz" (Manuel Murguía): libro de lectura para uso de las escuelas de primeras letras de Galicia.

Contiene veintisiete lecciones sobre geografía e historia de Galicia, y biografías de los más distinguidos hijos de este antiguo Reino.

Foi editado en Vigo, na imprenta de Juan Compañel no ano 1859. A segunda edición fíxose en Lugo, na imprenta Soto Freire no 1868.

 

BIOGRAFÍA DE MANUEL MURGUÍA

Naceu o 17 de maio de 1833 en Arteixo. Foron seus pais o farmacéutico compostelán Juan Martínez Castro e a guipuscoana Concepción Murguía Egaña.

 

Seu pai traslada a botica e a residencia a Santiago. Entre 1843 e 1848 estudia latín e humanidades e en 1850 obtén o grao de bacharel en filosofía pola universidade compostelá.

 

MurguiaNo Liceo da Xuventude, coñeceu a Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro e o máis inquedo da mocidade compostelá e alí formouse a súa mentalidade progresista e a súa vocación literaria. A primeira novela, Desde el cielo, escríbea cando tiña 17 anos, pero non tardou moito en descubri-la súa verdadeira vocación, a de historiador.

 

En 1853 marcha a Madrid, coñece a Rosalía e publica unha crítica de La Flor, o primeiro libro de poemas da escritora. En 1858 casan e froito do matrimonio naceranlles sete fillos: Alexandra, Aura, Gala, Ovidio, Amara, Adriano e Valentina. A vida do matrimonio foi bastante azarosa por cousa dos altibaixos económicos derivados da inseguridade no traballo, os cambios continuos de domicilio, as frecuentes separacións, e a delicada saúde dela que a obrigaban a pasar longas tempadas en Santiago ou en Padrón. Estaban unidos, sen embargo pola defensa dos valores galegos, a vocación literaria e os intereses intelectuais. Non se pode esquecer que foi Murguía o que prestou maior apoio e alento á obra literaria da súa muller.

 

A partir de 1859 instálase en Galicia onde dirixe Diario de La Coruña. Aquí permanecerá ata a súa morte, agás dúas breves estadías en Simancas e Madrid. En 1861 celébranse na Coruña os Xogos Florais. Os poemas recóllense ó ano seguinte no Álbum de la Caridad.

 

Desde 1860 dedícase ós estudios históricos e en 1865 publica o tomo I da Historia de Galicia, ó que seguirá o tomo II en 1866, precedido dun discurso considerado a primeira pedra do nacionalismo galego no plano conceptual.

 

Murguía pertence ó grupo dos historiadores románticos galegos, que reivindican os dereitos históricos de Galicia. A súa historiografía está orientada a amosa-la antigüidade e a lexitimidade do especificamente galego en tódalas ordes, a defini-lo ser de Galicia a partir da súa historia. Para iso combina os seus presupostos románticos coa súa actitude política liberal-progresista ata culminar nos escritos propiamente rexionalistas de 1888-1891. Galicia constitúe unha nación, cun conxunto de caracteres propios e distintos ós das demais nacións.

 

En 1868 ingresa no corpo de arquiveiros e é destinado a Simancas e en 1870 é nomeado xefe do Arquivo Xeral de Galicia. Participa no lanzamento da revista La Ilustración Gallega y Asturiana da que foi director. Nesta época iníciase a relación entre Murguía e o Centro Galego da Habana.

 

En 1885 publica Los Precursores e é nomeado Cronista Oficial do Reino de Galicia. Nese mesmo ano morre Rosalía.

 

A finais de 1890 constitúese a primeira organización política da historia do galeguismo, a Asociación Rexionalista Galega, da que Murguía é nomeado presidente e publícase o primeiro número do voceiro da asociación, La Patria Gallega. Neste mesmo ano ten lugar a translación dos restos mortais de Rosalía.

 

En 1892 é destinado á Biblioteca da Universidade de Santiago. Un ano despois é trasladado ó Arquivo da Delegación de Facenda da Coruña, onde permanece ata a xubilación en 1905.

 

Nese mesmo ano fúndase a Real Academia Galega. A sesión inaugural tivo lugar o 30 de setembro no salón da Reunión de Artesáns da Coruña, baixo a presidencia de Murguía, cargo que exerceu ata a súa morte.

 

O 17 de maio de 1913 réndeselle na Coruña unha magna homenaxe co gallo do oitenta aniversario do seu nacemento. En 1916 nacen as Irmandades da Fala e dous anos máis tarde ten lugar en Lugo a I Asemblea Nacionalista. Morre o un de febreiro de 1923.

 

Foille dedicado o Día das Letras Galegas no ano 2000.

 

 (Extraído de Justo González Beramendi: "Murguía" en Gran Enciclopedia Gallega)