Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A MORTE DE CASTELAO

Luís PimentelPor Luís Pimentel

Dende neno xa, poucas cousas me moveron a un sentimento especial de tenrura tanto como a contempración da Virxe das Angurias. Iste grupo da nai i-o fillo morto xa home, xa adulto sobor do seu colo...

Somentes unha vez na miña vida -fai xa moitos anos- ollei ó Castelao. Pro fiteino ben ós ollos. Xa tiña entón ollos do que vai pra cego.Eran coma duas limpas pozacas entre o acantilado celta dos seus pómulos duros. Tiñan isa craridade profunda, queda, que algunhas veces sorprendemos no mar; isa i-auga feita ár callado; isa doce trasparencia do mais tenro cristal. Paresciame que os seus ollos escoitaban isa lonxana e misteriosa música que das outas noites ven. Fiteille ós ollos e nada habia alí de turbador... estancia limpa, sosegada, nobre ,boa.

Castelao morreu e unha presa de terra de Galiza pechou pra sempre as fiestras l-isa crara estancia. O home de Galiza co seu corazón escoado pol-o desterro descansa no colo de Rosalía.

N-isa lonxanía de onde os meus versos veñen eu contempro iste grupo que, como aquíl outro, movérame sempre a un especial sentimento de tenrura...

Fonte de información:

Extractado de "A Nosa Terra", Número especial adicado a Castelao (Ano XXXII, Día de Galiza de 1950) PUBLICADO NA CIDADE DE BOS AIRES.

VOLVER A : 7 DE XANEIRO DE 1950, A MORTE DE CASTELAO, INICIO