Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

GARDADO POLO SEU RECORDO

por Ramón Otero Pedraio

Castelao
De Castelao non se pode escrebir como de un sabio, un home de letras ou un artista de formazón téinica. Castelao levaba menos traballo en compoñer as súas obras do que unha fonte en formar as notas da súa cántiga. Nas notas, dooridas ou ledas, da fontela cantan, ô ceibárense, escuros pesadelos e xigantes ensonos da terra. Asina en Castelao os ensoares fondos e calados da nosa xente antiga colleron corpo e són. Outros percuran, pra saberen algo do povo e da historia, os arquivos e os libros. Van apontando en fichas as ouservaciós e despois compoñen a obra: novela ensaio, crítica arte... Castelao sabía máis do que todol-os etnógralos, psicólogos, historiadores i eruditos. Seus arquivos eran os ollos dos vellos patrós, a sinxeleza das mociñas, as candeas do piñeiral, as augas do rego bulindo pol-as empedradas calzadas... Unha vez quixo facer prehistoria e acertou coma se fose o seu traballo cotián. As cousas non tiñan segredos prós seus ollos, atal ricos que, eneboirados como as badias nas mañás do outono, gardaban tesouros...

Por todo iso, falar de Castelao artista, político, home, e das súas obras -o mesmo de "Os dous de sempre", das "Cruces", da súa pintura, dos seus negros- fáisenos imposibel. Outros terán acerto.Fumos amigos, irmáns, dende a mocidade. Dende o primeiro intre de falarmos -e foi en Toledo- xa quedamos cinguidos nunha amizade que é a groria máis pura e o tesouro máis rico que, agás dos pais e da esposa, ten o home xa vello que escrebe estas liñas t remándolle ca emoción a man ô pensar que Daniel non voltará a enxergar o seu val da Ulla, nestora ledo de novos gromos e paxaros, nin... Podiamos pôr, calquera recanto da Nosa Terra. Pois ás veces, falando, téñolle, sentido decir seu amor pol-a Galiza esquencida,  os terraxes probes, de penedos e toxos, non cantados pol-os poetas... É que, infindamente xeneroso, quería o ermo e gostaba na  tristura ser compañeiro do triste, a cousa máis doorida pra Daniel.

Non podía concebir o mal nos curazóns dos homes e, enxergando os efeitos da inxustiza, sofria como un mártir por todos os que a padecían.

Non tiña vergoña de chorar, sendo home valente. Mireino chorar algunha ves, e sempre por saber a mâ fe dun amigo ou unha treizón.. Co tempo, algúns, galegos ou non galegos, poderán escrebir, con lembranzas certas, moi boas cousas sobor de Castelao...Tiña xente non galega moi amiga. I-é ben coñecido n-América o entusiasmo espertado por Daniel nos negros das Antillas.

Comprendían n-il o curazón limpo dun apóstolo sen orguleza nin ambizón. Mirábano esguío e lanzal, respeitoso e cheo de amizade por iles. Os pensamentos non se ordean. Precisábase un artigo de sustanza pra iste homaxe grandioso e sinceiro. E coñecendo ben a Daniel, e sentíndome desamparado dende o seu pasamento, sei non poder escrebir ise artigo. Semellame algo impía... Millor, voltando co pensamento a un d'aquies dias que decorreron pra nós xuntos, teimar recordos gasalleirosos.

Estamos xuntos na miña terra de Trasalba no 1935. Castelao chegara d'aquil desterro en Extremaditra. Volve a unha alegría nova. Pol-a mañán saímos de par, adispazo falando pol-os camiños. Os estensos hourizontes esmaltábanse ô lonxe con povos e arboredos que enxamáis, coma daquela, me par e s c e ron atal fermosos. Castelao, afeito â dozura das Rias e ô grande canto dos piñeirales, gostaba cheo de leda surpresa da terra máis forte de penedos e castiñeiros e da baril fermosura do carballo. Falaba agarimoso dos amigos. Os cruceiros dibuxábanse nas súas palabras. Quería facer un teatro novo. Orixinal, criador de novidás; parescíame un neno cheo de ledicioso medo cando lle nascia un rumo novo no arte. Consultaba, duvidaba, e deseguida, xogando,a ideia vestíase de realidade inmorrente, ca presa que se envolve en froles unha cerdeira no abril. Paseiando pol-o Agro, por Fontela aquiles logares de Trasalba que eu amo coma seres vivos e graves, íl decía seu gosto pola gran pintura. A coor, a grande composizón.

Inda tiña ilusións sober da valenza dos seus ollos. Poucos homes donos coma il dono do senso da lus e da coor. Sabía pintar a sôma dos castiñeiros en roda, ben difrente da dos carballos. Sabía enxergar a brancura da vela, a coor d'unha roupiña de neno de aldeia ou de mociña festeira. O cadro d'unha iñorme romería, a festa e a muiñeira de toda Galiza vivíalle na ialma. A súa man no dibuxo era rexa como as de mestre curtando no monte pedra de caraiteres, e levián coma o voar das anduriñas sobr'as loiras agras, apañando os refrexos do voar d'un pensamento.

Millor o silenzo. Calando, a lembranza vai sendo un feitizo. 

Tempro de pedra silenzoso cheo de vivente amor e a presenza do xenio do amor á Terra ha ser sempre a amizade inspirada por Castelao. Gardado pol-o seu recordo... E tamén a obriganza de serrmos dinos da súa amizade. A millor recompensa: todos os vieiros de Caliza gardan o sinal e consolo dos seus camiñares.

Fonte de información: Extractado de "A Nosa Terra", Número especial adicado a Castelao (Ano XXXII, Día de Galiza de 1950) PUBLICADO NA CIDADE DE BOS AIRES.

VOLVER A : 7 DE XANEIRO DE 1950, A MORTE DE CASTELAO, INICIO