Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

CASTELAO, ESPRITO DE GALIZA

por Benito Cupeiro

Castelao
Cando os tempos sexan chegados, e as futuras xeneracións galegas, donas, ao fin, do proprio porvir e da patria que as veu nacer, ao percorrer  coa ollada retrospeitiva os lindeiros da historia e lembrar a loita encol do recoñecimento dos direitos nazonales de Galiza, un home -entr-os que adicáronse á outa e honrosa misión da redenzón dos eidos nativos- acadará pra sí a meirande estimanza e achará, na ialma do povo galego, o mais fondo e afervoado sentimento de gratitude; porque, Castelao -que é de quén nos ocupamos- na constelación form adapol-os guieiros do noso povo, é a estrela de mais manitude, a de brilo mais refulxente no ceio da patria, que, a xeito de inmorredoira labarada, alumeará, coa sua vida eixemplar, as concencias da grei de Breogán, no perc o rrer da roita en demanda das grandes realizacións que as épocas vindeiras lle reservan. 

Castelao é un d-ises homes que soio ocasionalmente xurden no concerto dos povos. As veces parez que a sabia natureza propuxérase  criar homes que, son, podemos decir, obras de arte, xa que, ó doutalos dunha alma supersensibel convírtense en abandeirados das mais caras aspiracións dos povos, en fideles interpretes do seu sentir; tal era, pra Galiza, o guieiro desaparecido, arquetipo da galeguidade, verdadeiro esprito da rosa raza.

Castelao era un predestinado. Non abondaba que os males da terra galega fosen cantados nos versos inmorrentes da gran Rosalía; nin que Curros, Pondal, Brañas e muitos outros alumearon con seu saber a noite en que vive a terra escravizada; percisábase que as angustias e doores, esperanzas i-aspiracións das nosas xentes, que él coñecía cal ninguén, (porque tamén cal ninguén interesouse por elas) traspondo os límetes da patria, tiveran repercusión , non soio nazonal, senón tamén universal, porque, sin dúvida, ningún galego acadou pra nosa terra tal valimento de universalidades coma o noso arquetipo, coas obras que nos deixou en herdo. Se o arte é manifestación do sentir das almas seleitas, que sirve pra refrexar as aspiracións dos homes en col da perfeición, que é a beleza suprema, o arte de Castelao é dobremente fermoso, cuase que subrime, porque é a beleza posta ao servizo da redenzón dun povo, dun gran ideal de rexeneración, libertade e xustiza; porque os sentimentos de xustiza son as mais belidas manifestacións do esprito humán, o meirande espoñente da sua superioridade e, niste orde, Castelao é unico incomparabel, mirade, senón, os seus veIlos e os seus nenos. ¿Non dan a sensación de que nisas liñas sinxelas e incomparabels rebulira, latexando, unha ialma con todo o seu contido de sentimentos, ideias i-emocións? Non podia ser doutro xeito; era tan grande a densidade espiritual do noso guieiro e tan fonda a sua aspiración de xustiza, que cada un dos seus dibuxos é un verdadeiro alegato contra as fortezas da incomprensión e da tiranía.

Pero, non abonda que lembremos acotío a esgrevia personalidade do noso máximo guieiro e lembremos as grandes virtudes que adoviaban a sua persona; é mester que as leicións que pra nós sinifican as obras que son froito do seu inxenio, e o exempro da sua vida de apóstolo cívico do sacro ideial da redenzón do chan nativo,sirvan pra sinalarnos o cumprimento de unha obriga. O mellor homaxe que á sua lembranza podemos trebutarlle é seguir loitando con desintrés e patriotismo, pra que teñan fin cumprido os anceios do noso ilustre compatricio, inspirándonos nas suas ensinanzas, que, pra nós, non deben ter outra interpretación que a de consideralas o seu testamento político. Si así o facemos, o día, non lonxano, en que a liberación da patria sexa unha realidade, entón dendes da eternidade, a ialma inmorrente do noso mestre sentirá a lediza de ver como as suas labouras non se perd e ron no esquencemento,senón que, pola contra, fican imborrábels no recordo do povo, pra erguelas na total consagración.

 

Fonte de información:

Extractado de "A Nosa Terra", Número especial adicado a Castelao (Ano XXXII, Día de Galiza de 1950) PUBLICADO NA CIDADE DE BOS AIRES.

 

 

VOLVER A : 7 DE XANEIRO DE 1950, A MORTE DE CASTELAO, INICIO