Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Alfonso DANIEL Rodríguez CASTELAO

A MORTE

Logo de longos meses de crudel sofrimento, foi internado no Sanatorio do Centro Galego para sere sometido a unha delicada operación quirúrxica, co fin de coutarlle a firente dôr que o martirizaba; e a tal efeito, as autoridades do Centro asiñaronlle unha habitación especial con tódal-as comodidades e dispuxeron se lle prestasen as máisimas atencións de tudo orde, e o mesmo â súa dona, doña Virxinia, que ficou â súa veira no Sanatorio até o derradeiro intre. 

Mais a pesares da abnegación dos doutores Gumersindo Sánchez Guisande e Miguel S. Pastor que non se arredaron nin un sô intre do leito do ilustre enfermo, éste non reaicionou da delicada operación quirúrxica a que fora sometido. 

E ao fio das 23 horas da noite do sábado 7 de xaneiro, surtiu pra Eternidade o grande home que perante toda a súa vida fixo un culto do amor a Galiza e ao seu povo, e que loitou arreo pol-a súa liberdade.

Centro Gallego de Buenos Aires

Edificio do Centro Galego de Bos Aires, onde morreu Castelao

A Xunta direitiva do Centro Galego axiña tomou diversos acordos pra render os máisimos honores a Castelao, antre os cuaes estaban comprendidos crausurar o local da institución pol-o termo de 48 horas; pôr a bandeira galega a meia asta no fronte do edifizo, en siñal de duelo, e velar os restos no gran salón do Centro. 

Tomadas todal-as disposicións, a capela ardente instalouse nas primeiras horas do domingo 8, no salón principal, colocando o corpo xacente de Castelao diante dunha gran bandeira galega, que se destacaba sobor dun lenzo negro que servíalle de fondo. Ao espallarse a notiza da morte de Castelao ao traveso dos notizarios radiaes das primeiras horas do domingo e nos xornaes matutinos, unha eistraordinaria afruenza de xentes de toda condición social da nosa coleitividade, arxentinos e doutros paises viñeron a manifestar a súa adhesión máis afervoada.

Perante todo o dia do domingo e até outas horas da noite, como asimesmo na mañán do luns, dia en que se efeituou o enterro, desfiaron pol-a capela ardente, gran cantidade de persoalidades desta República e do Uruguai. En todo o dia do domingo, foron chegando  incontábeis ofrendas froraes, na súa maor parte, de entidades galegas, e chegou un intre no que a capacidade do gran salón foi esgotada e fixose mester axeitar as ofrendas froraes según ían chegando,nos pasillos e "hall" de entrada ao edifizo social.

Pol-o mencer do domingo, logo de seren trasladados os restos a sâ de operacións,o doutor Gumersindo Sánchez Guisande, que co doutor Miguel F. Pastor,atendera permanentemente a Castelao,procedeu a embalsamar o corpo do ilustre galego falescido. Máis tarde, o escultor galego Domingo Maza sacoulle a mascarilla e o molde da man dereita. Finadas estas operacións, un núcreo de persoalidades e amigos do extinto retornaron a hombreiros os restos â capela ardente, onde foi coberto coa bandeira galega, e mans amigas, realizaron a emotiva ceremonia de espallar encol dos restos mortaes terra galega traída da patria, aito simbólico éste, de fonda emoción e solemnidade, pois era vontade do extinto, que os seus osos acougaran en terra galega.

Outro intre de fonda emoción, foi a despedida de doña Virxinia dos restos mortaes do que foi seu esposo e com pañeiro  na vida. A dôr desta valerosa muller galega que soupo soportar con enteireza o tremendo golpe que tan crudelmente lle deparou o destiño, faina aparescer ante os nosos ollos aneboados de bágoas pol-a emoción, como o arquetipo da muller galega: forte, valerosa e sofrida.

O ENTERRO

Despóis do meio dia do luns era pouco menos que imposibel entrar no edifizo do Centro GaIego, tal era a afruenza de xente que acodía a testemuñar a súa dôr, e âs tres da tarde, foi sacado o ataúde da capela ardente para o seu traslado â carroza funebre.Panteón do cemiterio da Chacarita nos anos 50

PANTEÓN DO CENTRO GALEGO NO CIMETERIO DA CHACARITA EN BOS AIRES, ONDECASTELAO DESCANSOU ATA O ANO 1984 CANDO RETORNOU Á TERRA.

 

Panteón do cemiterio da Chacarita hoxe

PANTEÓN DO CENTRO GALEGO NO CIMETERIO DA CHACARITA (BOS AIRES)  NA ACTUALIDADE.

Fotografía enviada por Hernán Vizzari de www.cementeriochacarita.com.ar  tomada en Xaneiro-2008.


Debuxo dun arquitecto do panteón do cemiterio da Chacarita

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PANTEÓN DO CENTRO GALEGO

DIBUJO REALIZADO POR UN ARQUITECTO

Imagen enviada por Hernán Vizzari de www.cementeriochacarita.com.ar 

 

FUENTE: AGN (Depto. Fotografia) )

O caixón, coberto coa bandeira galega, foi conducido pol-o presidente do Centro Galego, don Xosé Villamarín, na compaña dos presidentes das seguintes entidades: C e n t ro Ourensán, Federación de Sociedades Galegas, Centro Pontevedrés, Centro Lucense, Centro Betanzos, Sociedade de Rianxo, A. B. C. de Corcubión, Centro C o ruñés e Irmandade Galega p residido co señor Villamarín, presidente do C e n t ro Galego, pol-o segredario do Consello de Galiza, señor Antón Alonso Ríos.


O corpo d'enfermeiras do Centro Galego, adoviadas co seu uniforme pro f esional, formaron unha doble fía â saída dos restos de Castelao. O ataúde foi levado a pulso até o Centro Ourensano ao f ronte do cal oustentaba a bandeira galega enloitada, produscíndose alí unha escea conmovedora: dende os balcóns,piadosas mans de mulleres ourensáns ,deitaban unha verdadeira choiva de froles sôbor da cadaleito, ao tempo que o señor Valeriano Saco, segredario xeral da entidade, i en nome da mesma, pro n u nzaba unhas verbas de despedida aos restos do ilustre patriota, tan querido e ademirado nesa casa ourensán.

Cortexo fúnebre

CARROZAS DE ACOMPAÑAMENTO FÚNEBRE DE CASTELAO POLAS RÚAS DE BOS AIRES

Dende alí orgaizouse o cortexo fúnebre, antre unha moitedume que paralizaba o tráfico da Avenida Belgrano. O cortexo formado por eistraordinaria cantidade de coches dirixiuse ao cementerio da Chacarita chamando a atención o espeitáculo, pouco frecuente en Bós Aires, de cuasi unha ducia de carrozas acuguladas d' ofrendas froraes .No peristilo do cimiterio agardaban  os restos de Castelao moito xentío pra acompañalos até o Panteón do Centro Galego. Detido o cortexo, elí fixeron uso da verba para despedir os restos mort a e s de Castelao, en primeiro termo, o señor Villamarín, presidente do Centro Galego; e no seu caráiter de tal, dixo unha emocioada oración fúnebre. Logo o señor Xohan Lloréns, falou en nome do "Consell de la comunitat catalana",facendo unha fermosa peza oratoria,seguindolle no uso da verba o señor P e d ro Basaldúa, en representación d'Euzkadi e o seu presidente don Xosé A. Aguirre. No nome do Gobern o Republicán Hespañol, pronunciou unha emocioada oración fúnebre o doutor Gumersindo Sánchez Guisande, seguindo na lista d'oradores, o señor Edoard o Blanco Amor, quen falou en re p re s e n t ación da coleitividade galega d'Argentina ,p onunciando unha fermosa e sentida peza oratoria de despedida aos restos do i l u s t re galego deaparescido. 

Tamén fixo uso da verba re p resentando a coleitividade galega do Uruguai, o doutor Pedro F. Prado, fechando a lista d'oradores, o señor Antón Alonso Ríos, segredario xeral do Consello de Galiza, quen vencendo a fonda emoción que o embargabaa ,despedíuse do gran amigo e compañeiro de loita pol-os ideaes galegos. 

Finado que houbo o señor Alonso Ríos a súa oración fúnebre, a moitedume acompañou os restos â súa derradeira morada neste pais, xa que é intención da nosa coleitividade eiquí radicada, enviar os restos do ilustre patriota a Galiza, cando alí, non campe o réxime de barbarie e opreixón das liberdades da nosa terra..

 

FONTE DE INFORMACIÓN: www.museocastelao.org

 

VOLVER A : 7 DE XANEIRO DE 1950, A MORTE DE CASTELAO, INICIO