Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Mestras e mestres pontevedreses depurados polo franquismo

Anxo Serafín Porto Ucha - Historiador e profesor da Universidade de Santiago de Compostela

LIBROS

 

O profesor e historiador Anxo Porto Ucha presentou o seu libro na mesma temática do seu libro anterior, Historias de vida, nunha liña investigativa que o apaixoa.

Profesor Anxo Porto Ucha entrevistado en A Peneira

 

Foi editado por Alén Miño, do grupo A Peneira, dentro da Colección Investigación, con limiar de Xosé Manuel Beiras.

Nunha entrevista a A Peneira Louriña o profesor Porto Ucha di:

" Podemos dicir que en España a contemporaneidade en educación comezou en 1876, Cando Francisco Giner de los Ríos e os seus amigos fundaron a Institución Libre de Enseñanza ( ILE ) . Soamente atendendo ao traballo que realizaron aqueles homes e mulleres pode entenderse a modernización que sacudiu a educación durante as tres primeiras décadas do século XX. É curioso que a ILE naceu e morreu produto de dous procesos depuradores: xurdiu como concecuencia das chamadas "cuestións universitarias" nos derradeiros tempos do período isabelino, e desapareceu coa represión franquista."

Anxo Porto Ucha é un home ledo, coma se ve na foto da Peneira, cun gran senso do humor. Non se elixen os tema que el elixe sen ter un gran senso da xustiza tamén, e quizabes por isto, sexa o primeiro.

O libro publicado nesta oportunidade consta de case 300 páxinas e organizado en dez capítulos.

 

FOTO: Entrevista ao profesor e historiador Anxo Porto Ucha en A Peneira

Libro Mestras e mestres pontevedreses depurados polo franquismo

Estas obras son fundamentáis pois deixan testemuñas da historia moi detalladas para que os historiadores poidan no futuro ter unha ideia dos tempos que tivemos que vivir.

É importante que se deixe escrito en detalle como se asasinaba xente con excusas que hoxe serían inadmisibeis, tempo presente de luxo conquistado precisamente polo martirio destas víctimas.

Eses tempos en que as institucións, os gobernos, as ideias progresistas e as mesmas vidas dos ciudadáns non valían ren por mor de uns sediciosos fascistas de autoridad autoconferida son ven representados por traballos de investigación como o presente do historiador Anxo Porto Ucha.

O reconto é pormenorizado parroquia por parroquia, dos mágoamente célebres "paseos" que non por casualidade senón por causalidade tivo nos mestres o seu obxectivo máis atroz.

Galicia e España, necesitan, merecen, esta xustiza da lembranza e o profesor Porto Ucha é especialista en iso.

FOTO: capa do libro Mestras e mestres potevedreses depurados polo franquismo.