Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

María Balteira, protagonista de cantigas de escarnio medievais

María Balteira foi unha muller galega que viviu na Idade Media.O seu nome real era María Pérez e foi a "soldadeira" máis famosa da nosa época medieval. As soldadeiras eran mulleres que estaban adscritas á corte, e que tiñan como oficio cantar e bailar. Por este traballo pagábanlles unha soldada e de aquí vén o nome de soldadeira. 

Sabemos que María Balteira naceu en Betanzos, probablemente na localidade de Armea, e que frecuentou as cortes de Fernando II e maila de Afonso X. Esta muller caracterizouse por levar unha vida que se pode cualificar de 'desordenada' para o momento. 

Case tódolos datos que temos dela chegáronnos a través das Gaiteiros medievales cantigas medievais; así, María Balteira é a protagonista de quince cantigas de escarnio escritas por dez trobadores distintos, entre eles Pedro Amigo de Sevilla e Pedro de Ambroa, os dous de Betanzos, Pero da Ponte e mesmo de Afonso X O Sabio. 

A través das citadas cantigas descubrimos que María participou nunha cruzada, non se sabe con certeza se foi na que tivo lugar no 1248, ou na que iniciou Xaime I de Aragón en 1269 e, sobre todo, coñecemos detalles do ritmo de vida que levaba.

Se facemos caso do que se di nas cantigas, María reunía tódolos vicios condenables do momento: xogaba ós dados, aproveitábase da xente, mantiña relacións sexuais de todo tipo con cregos, escolares, xograres, etc., transmitía enfermidades... e, aínda por riba, burláronse da súa vellez. 

Estes versos de Joan de Baveca proban isto: 


Por Deus, amigos, gran torto tomei: 
Ca porque dixe dunha vella mal, 
deostou-m'ora María Balteira. 

Tantas críticas e atención ó que dicía ou facía María Balteira, fannos pensar que se tratou dunha muller con peso na corte e na súa época. 


Por C. Charamuscas        Fte: O Correo Galego

 

 

 

 

VOLTAR A MULLERES GALEGAS