Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Manuel María 

Escolma poética


OS CARREIROS DO SOÑO (do libro Camiños de luz e sombra)


O DÍA 11 de novembro de 1959 firmamos, xa rematados, Os carreiros do soño e seguidamente puxémonos a escribir Os carreiros da morte, lóxica continuación de Os carreiros do soño. Ambas series de poemas -que forman unha unidade- titulámolas Camiños de luz e sombra que, ó noso xuício, define o contido do poemario. Levábamos entón catorce meses escasos vivindo en Monforte de Lemos. Tiñamos trinta anos recén cumplidos. O ir a residir a Monforte de Lemos supuxo un troco importante na nosa vida: a adaptación a unha nova cidade, a unha nova paisaxe, a unha nova xente, o enfrentamento cunha profesión que non nos entusiasmaba e, ademais, o ter que soportar un réxime político que nos negaba tódolos dereitos como galegos e como persoas. Saleta, a compañeira de tantos anos, levaba seis meses compartindo a nosa vida. Ó menos, dende o ponto de vista persoal, fomos -e somos- moi felices. Xuntos resistimos e loitamos na medida do posible.
Resultado de aquelas circunstancias, das nosas dúbidas, medos e temores é o presente librillo que, por unhas causas e por outras, foi quedando inédito ata o día de hoxe. No ano 2000, en edición privada, limitada e non venal, para celebrar a inauguración da "Galeria Sargadelos" de Monfone de Lemos, fíxose unha edición de Os carreiros do soño, xa totalmente esgotada.
Agora, despois de tantos anos, sale á luz, por primeira vez, o texto completo de Camiños de luz e sombra debidamente revisado. Cecais estes versos envelleceron de mais. Non o sabemos. Para nós gardan parte do desasosego e do tremor con que os escribimos hai cuarenta anos. A problemática existencial e esencial do ser humano non muda doadamente.


Manuel María,  A Coruña, dourado setembro do 2000. 


casa asulagada



OS CARREIROS DO SOÑO 


De un soño bretemoso
por algún tempo sai o noso camiño
para pecharse nun soño.
ERNESTO DOWSON 


Cando morríamos dentro do soño
sentín aló moi lonxe ó mundo esterno.
GEORGE W. RUSSEL 


Soño que estás tan lonxe como o prego...
PRADAIC COLUM 






DE tódolos mundos só o dos soños
é purísimo aínda que o home é
un soño mal soñado.
O home case nunca sabe soñar
o seu propio soño:
outros soñan por él
e falan no seu nome.
Hai homes pobres que non teñen
nen unha soia palabra verdadeira.
iQue arrepiante é achegarse
a alguén e comprobar
que todo canto ten é prestado!
iQue arrepiante é ollar a aqueles
que non posuen un soño propio,
un silencio de seu,
un súpeto de carraxe ou de ternura!
iQue valeiro é quen
nunca sentiu amor nen odio!
Hai homes que son cadavres
e morreron antes de nacer.
E ún comparte con eles
-por costume-
o pan, o viño e a amistade
sen decatarse
que lles dá ós mortos dons de vida.
Só o mundo dos soños é verdade.
E a nosa única tarefa ineludible
é percurarlle sentido ó noso soño.






A VIDA é o único soño verdadeiro.
Nós só temos a vida.
E para que acade sentido
temos que lIe dar quentura humana.
Para comprendela cabalmente
precisamos que sobrepase
a medida cabal dos nosos soños.
Para olIala con algunha claridade
compre alumala
co noso amor mais encendido.
A nosa vida é nosa,
semélIase a nós mesmos
mais céganos a soberbia
e impídenos asumir
a nosa vida real e verdadeira.
Velaí porque o noso deus só é
a fachenda humana deificada.
Por eso non olIamos
a claridade e a beleza do mundo
e andamos pola terra
coa nosa vaciedade entristecida.
Só cando a posesión da nosa vida
teña un sentido amoroso
a nosa choída intimidade
se abrirá á luz do corazón.





SABEMOS que a terra é sempre pura.
A terra é mais que o home:
permanece inviolada anque ferida
e danos a cada ún de nós
un xeito de vida verdadeiro.
A terra ábrese amorosa e refléxase
na doce claridade dos nosos olIos
e métese, amorosa,
na escura imprecisión do noso ser
dándolIe sentido
á beleza mortal do noso espíritu.
O home pasa e a terra permanece.
¿Que sería un home sen beleza?
¿Que sería o home sen unha terra sua
para poder plantar o seu amor?
¿Quen, senón a terra,
fai real e posible o ensoño?
¿Quen determina o destino
mais que a terra que temos ó arredor?
Terra que me cingues, terra miña:
dime o teu segredo sen mancarme.
Sei que quen busca
a verdadeira luz pró seu camiño
percura o centileo
do inefable que hai sobor da terra.





A INFANCIA é a patria verdadeira,
o país puro
no que os soños se cumplen.
Para un neno os homes son
seres estranos
e a morte non esiste.
Esisten grandes ríos misteriosos,
o medo que chega de súpeto coa noite,
a ternura da nai
e cecais Brancaneves e os Reis Magos.
Cando ún é neno
o soño mais sotil pode cumplirse.
Despois da infancia é todo escuro
e ún xa non comprende a maravilla
sinxela e natural que hai no milagre.





SON home. E sei que non teño salvación.
Todo está pecho ó meu redor.
Perdín a inocencia dos meniños.
E berro como un tolo.
E cúspolle ás estrelas.
Malia á miña suficiencia
leo libros e libros que non matan
o desacougo interior que vai en mín.
Son unha noite moura entre duas noites.
Nacemento e morte determinan a vida.
Pregúntome a mín mesmo por que son.
Non teño resposta prás preguntas
que se erguen imperiosas no meu fondo.
Non atopo algo de luz
coa que poida alumar a miña tebra.
E ando sempre loitando sen acougo
anque sei que perdín a miña guerra.





EN verdade é moi fermosa a milla vida.
Non me podo laiar,
¿Importaralle a alguén o laio meu?
¿Chegarase a mín calquera ser
para darme a sua axuda xenerosa?
¿Comprenderá alguén estas palabras?
¿Valerán para algo estes meus soños?
¿Será de algunha utilidade estar
olIando estantío prás estrelas?
¿Que diferencia poder esistir
entre o valor do ouro e o do soño?
iQuen sabe se as causas nos comprenden
e teñen por nós unha mágoa infinita!
Nada sei de certo. Nada é meu.
Déixome xunguir polo destino
que a vida quixo darme.
Podo ollar enviso a auga sempre andando,
a riqueza da terra,
a beleza que está á miña veira
e agardar pola morte.
A árbore tamén morre. E morre a flor.
De todo canto vive só eu sei
que a esistencia é un don maravilloso:
ás veces faise o resplandor
e a fermosura ilumina o universo.
Mais cando esmorece o centilar da nosa luz
a noite chega a nós.
Entón é a tristeza.





CECAIS sei o por que da miña luz.
Sei que o amor encendeu en mín
esa luciña máxica
que o soplo mais levián pode matar.
Sei que son moi flebe
e moitas veces canso
de levar eu só a miña luz.
Eiquí teño xa á compañeira.
Amada miña:
nós compartiremos para sempre
o pan, o leito, o amor,
a ringuileira dos días
ós que alumamos
coa escura luz do cotidiano.
Agora non ten razón de ser a soedade.
As nosas soedades xuntas van.
E soedade en compaña xa non é.





¿NON ollas o mar? ¿Non sabes que o mar
é sempre
unha recente e eterna primaveira?
O azul do mar e o do ceo son irmaus.
Nos días sen soñar as nubes cóbrense
cos mouros farrapos da tristeza.
O azul do mar, por veces, é tan lene
que por él pode esbarar
o noso soño mais flebe sen mancarse.
iQue alegría a do mar!
iQue loita tan exemplar e inútil!
iQue brancura a das xerfas cando
morren esnaquizadas na dureza
altiva e inconmovible dos penedos!
iComo o mar se mete en un devagariño
e fai medrar en nós un sentimento
que non é doado de percibir
aínda que sabemos que está vivo
no embravecido mar do noso peito!
A beleza do mar só é prós humanos.
Un mar sen xentes que o ollaran
remataría morrendo: non podería
soster a loita continua que o renova.





¿CAL e como será a forza do héroe?
¿Cal o seu orixe?
¿E o seu destino derradeiro?
¿Que fondura terá o seu ronsel?
¿A sua forza será como a do mar?
¿Quen lle encendeu o facho?
¿E quen llo matará?
¿O seu destino terá realidade?
¿O héroe non será un ser
que non tivo tempo para o soño?
¿Rematará alguén os traballos
que o héroe comenzou...?
A luz que aluma ós héroes,
¿terá a calidade
da humana luz mais verdadeira?
¿O héroe será un solitario
que ten sen amor os eidos seus?
¿Ou cecais é
un ser que soñou un soño só...?



10 


O HOME vai en ringuileiras tristurentas
para afirmar a sua individualidade.
O home non ten vontade de ser deus.
Pensamentos iguales, aburridos,
rotinas que os días nos impoñen,
os soños en voz baixa
pois para algunhos soñar é vergoñento.
A pobreza humana é evidente:
moita xente ten o seu tempo tan valeiro
que só sinte algo de vida
cando a dor lle roe a carne,
un intre só que non abonda
para iluminar o espíritu durmido.
Os homes andan durmidos sen saber
que para soñar
hai que manter os ollos ben abertos.



11 


¿E A estrela...? ¿Onde está a estrela?
Nós somos estrelas, se queremos.
Moitos homes verdadeiros
levan consigo a propia estrela
gen lla amosar a ninguén.
Se ún fora mostrando as suas estrelas
o seu resplandor remataría cegándonos
e ún quedaría para sempre sen estrela.
Fatos de homes pobres e ruís
andan a matar soños,
a apagar estrelas:
a sua luz fírelles os ollos
porque os soños non caben na sua alma.
Se poideran
matarían o brilo de tódalas estrelas
e sería a escuridade para sempre.
¿Que faríamos entón os que
precisamos a luz das estrelas
para poder alumar a nosa vida...?



12 


ÚN -e só falo de mín- xa non soporta
a carga dos seus soños.
Unhos son altos, luminosos
e chegan á estrela mais lonxana.
Outros vencéllanme ás cousas
de uso común e cotidiano.
Os soños mouros déixanme un recordo
persistente, áspero e acedo.
Hai soños que cantan na sorrisa
da amiga e fan claro o amor.
Os soños mouros pésanme:
énchenme de chumbo o corazón
e matan a luz dos ollos meus.
Entón nace o desorde e xa non podo
reconocer as cousas: todo
o que me era fiel perde o sentido.
E láiome.
O meu laio fire tamén ó meu amor.
Non sei que facer e doime amargamente
a vida que gastei de xeito inútil,
os soños que vendín por un mal pan.
Mais o amor pervive. E vaime madurando,
facéndome acotío mais humano.
¿Cando eu morra salvarase o meu amor?
¿Será a morte
o cumplimento cabal do noso soño?



13 


UNICAMENTE o tempo é a nasa libertade.
O saña cúmplese no tempo.
Cada ún de nós ten o seu tempo
para encender a luz da propia estrela,
ollar voar ás pombas,
escoitar a música dos merlos
e ollar florecer na nasa terra
a maravillosa rosa do amor.
E veñen unhos homes
agrilloarnos o tempo,
coutarlle libertade ós nosos soños,
matarlle a vida ás nosas verbas.
Xúnguennos a unha máquina,
a unha profesión,
a unha oficina...
Fálannos de orde e de traballo
como se foran
algo concreto como os soños.
Dícennos que a vida se gaña traballando.
E ún sabe de fixo
que a vida non se gaña.
Fannos perder o tempo tristemente
-nós que só temos tempo limitado-
e dannos de soldada
un anaco de pan que sabe a bágoas.



14 


OS soños van ó alto como as flechas.
Firen como as flechas.
Aínda que un soño é
flebe e esguío como un xunco.
Non tentes apreixar
o seu corpo delgado e fuxitivo.
Os soños non se deixan apreixar:
transcenden do íntimo
e voan polo ceo como as aves.
A patria dos soños é o azul
que é onde acadan
a sua definitiva perfeción.
A pureza do soño é semellante
ó chío do paxaro no ar ceibe.
E nós só no soño
temos libertade verdadeira.



15 


A NOSA vida é como unha
paisaxe montesía
e non sabemos
onde remata a vida
e onde comenza o soño.
¿Serán vida e soño
a mesma cousa...?
Ollamos ríos, árbores,
nubes e o infindo
de tódalas cores
correndo cara á vida.
Cando chegue a quietude,
morreremos pero sabemos
que en nós está
o gran milagre
de toda a creación.


16 


SÓ os soños son a verdadeira razón
da vida e do amor: un lume, a luz
que nos dá vida e vai medrando,
afirmándose ate que en nós
xurde o amor á terra,
ás cousas, á muller que é
a medida cabal do noso ser.
Precisamos amor para que
poida vivir sempre o noso soño.
Un soño é un xeito de amor puro,
a fonte segreda da que nace
todo o que ordena a nosa néboa
e lIe dá sentido á nosa vida.
Non é posible a vida sen o soño.
Todo o que nos cingue e nos obliga
alónxanos do soño eternamente.




Fonte  : Biblioteca Virtual Galega

 

Volver a:   Manuel María