Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

LETRAS GALEGAS 2006

MANUEL LUGRÍS FREIRE: BIOGRAFÍA

Escolma da súa obra:  Non máis emigración  - A festa do Tacón 

 

Manuel Lugrís Freire

Manuel Lugrís Freire naceu en Sada en 1863 e con vinte anos emigrou a Cuba. Na Habana foi elixido membro da xunta directiva do Centro Galego e fundou e dirixiu o primeiro xornal americano redixido totalmente en galego: A gaita gallega (1885-1889). Alí publicou o seu primeiro poemario (Soidades, 1894), prologado por Curros Enríquez, e escribiu a súa primeira obra dramática: A costureira da aldea. De volta á Galiza en 1896, instalouse na Coruña e proseguiu o cultivo da literatura, editando en 1901 Noitebras.


Relacionado cos rexionalistas herculinos, Lugrís tomou parte en todas as actividades galeguistas da altura. Así, foi o primeiro en utilizar nun mitin a lingua galega e figurou entre os patrocinadores da Escola Rexional de Declamación (1903), da que sería presidente. Desde este momento, a maior preocupación de Lugrís foi a de fornecer de textos á nova entidade, todos eles cunha forte carga reivindicativa e rompedores co costumismo imperante. Tras a presentación da Escola cunha peza de Salinas, a totalidade dos espectáculos realizados polo cadro contaron con títulos da súa autoría: A Ponte (1903), Minia (1904) e Mareiras (1904). Alén de figurar como o primeiro escritor teatral en utilizar a prosa, é o máximo representante do teatro social ou de tese.


Porén, Lugrís deixaría definitivamente o teatro e retomaría a creación poética. Tamén asinou (co pseudónimo Asieumedre) numerosos relatos breves que serían compilados en 1909 no volume Contos de Asieumedre e aínda publicaría unha Gramática do idioma galego (1922).


En 1923 ingresou no Seminario de Estudos Galegos cun discurso sobre Pondal. A Real Academia nomeouno presidente en 1934, posto ao que renunciaría un ano máis tarde por problemas de saúde. Nesa década, colaborou, así mesmo, na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía.


Tras o conflito bélico, que provocou a persecución da actividade galeguista, Manuel Lugrís morreu na Coruña en 1940.

 

  Gramática do idioma galego de Manuel Lugrís Freire

OBRAS REALIZADAS: 


Iniciouse literariamente na poesía. Na Habana publicou o seu primeiro libro de poemas Soidades (1894). O seu  segundo libro de versos Noitebras (1901) está dedicado a súa defunta mujer Concepción Orta e Iglesias.

En 1919, coma suplemento do xornal El Noroeste, publica Versos de loita. Pero o seu mellor libro poético foi Ardencias (1927), que está dedicado á xuventude galega.

O seu derradeiro libro poético, As Mariñas de Sada, foi publicado en 1928 e é un homenaxe á sociedade de Sada e dos seus redores.

A súa actividade teatral foi moi importante, destacan obras coma A ponte (1903), Mareiras (1904), os dramas Minia (1904) e Esclavitú (1906) e as comedias O pazo (1917) e Estadeíña (1919).

Tamén escribiu Contos de Aseumedre, que apareceron en varias publicacións periódicas como A nosa Terra.

A súa preocupación pola lingua galega levouno a escribir Gramática do idioma galego publicada en 1922 cunha segunda edición en 1931. 

 

 

Fonte: Biblioteca Virtual Galega