Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Saír da Terra

Xosé Manteigapor Xosé M. Manteiga (Cartas dun emigrante)

Na mocedade de Matías, vivía nunha aldea dentro da súa Galicia, tivo que caer dentro da necesidade da emigración. Como escribía Varela Buxán no seu libro, diciendo: "Galicia convirtíuse nun viveiro de musculatura humana para servicios dos alleos"; os que naceran nela vianse obrigados a deixa-la fermosura da súa campiña, as limpas augas dos seus ríos, o verdor dos seus prados, os vales, montañas e séculos de cultura onde aniñaban os que nacían nela. Matías, cando saíu de Galicia fixo algo, que non era nada distinto do que facían moitos mozos e mozas dos seus anos neses tempos, que por séculos, era unha necesidade a emigración. Xa se tiña feito desas situacións unha cultura que non calaba demasiado nos que tiñan que irse, nin tampoco nos integrantes das familias que se quedaban, pero ninguén saía do seu lar sen te-la intención de voltar e seguro seguir vivindo nel con máis comodidades.

Moitos dos que coñecía Matías, voltaran como triunfadores, podendo cambia-lo seu estándar económico e ise era un bo exemplo que lle daba moito ánimo no emprendemento que se propoñía.

As decisións de Matías foi saír para América, coma moitos outros desos tempos, pero debaixo da súa testa levaba escrito unha data de retorno, coa securidade de que se cumpriría, pero a vida ten moitas voltas e non sempre as cousas se dan da mesma maneira. 

Os anos foron pasando: toda-las mañás cando vía aluma-lo sol se acordába do arume dos pinos, do cantar do cuco na castiñeira de seus país, do verdor dos prados; pensaba no mundo que o vira medrar, que el tiña no fondo do seu sentir, e saíanlle as bágoas por non poder cumpri-los seus pensamentos de cando saíra do seu lar.

Pasaron algúns anos máis, e Matías casouse con Sara, unha moi boa e fermosa muller. Despois pensou que o seu lar tiña que estar no lugar onde el estaba vivindo; isa era unha resignación, pero moitas mañás seguía bagoando polo seu sitio que lle quedara nun tallo na borralleira da súa casa en Galicia, onde se sentaba pola noites depenando as castañas que, no fondo da súa alma, esa era a súa casa, o lugar no que quixera estar e que a vida lle estába negando. 

Despois de darlle tres fillos a Matías, vivíu moi ben con eles, quería ensinarlles todo iso que sentía pola súa patria, as ganas de voltar, cousa que non podía cumprir, xa os seus fillos eran doutro sitio e tiñan outras intencións para quedarse, onde estaban: non tiñan necesidade de emigrar, senón serían emigrantes coma seu pai e se repetirían as mesmas mágoas. Os anos seguían correndo, pero Matías non deixaba de estraña-lo seu sitio de nacemento, nin de pensar nos amigos que tiña do outro lado do charco e que nunca máis os puidera ver, para matar isas faltas. Escribíalles cotío unha carta contándolle o que podía da súa vida, dos seus sentimentos, que como se acordaba tanto da súa terra as malas linguas chegaron a dicir que as súas cousas na América non andaba moi ben. Non era así, o único que lle faltaba era o arume dos pinos de Galicia, e sentilo canto do cuco, canta-la paspallá no trigo e todas isas cousas do lugar onde medrara de rapaz.

Os primeiros desenganos do seu regreso , xa lle viñeran cando os seus fillos lle dixeran que eles estaban no seu país, onde tiñan os seus amigos, non querían corre-las mesmas mágoas de seus pais.

Co esforzo do traballo de seu pai fixéralle para vivir un bo pasar que non tiñan necesidade de emigrar: iso curaba unha enfermedade sin cura-la outra que vivíu seu pai, pero xa non tiña xulgamento as cousas estaban así, e o mundo seguía correndo. 

O segundo desengano enpezou a sentilo cando nas cartas que recibía de Galicia lle anunciaban que moitos dos seus amigos que xa era vellos morreran, xa o seu vínculo que lle mandaba recordos e esperanzas de voltar a velos estábaselle cerrando, pero o seu desexo de poder voltar á súa terra era irresistible.

Seguiron pasando os anos, xa os seus fillos estaban nunha boa posición económica, eran profesionaís con carreiras universitarias e doíalles moito velo seu pai sin que poidera senti-la ledicia de coñece-los cambios da súa terra, un pouco un remordemento que lles estaba calando no fondo da súa conciencia por ter recibido tanto de seu pai: cartos, estudios e sen que lle deran nada a cambio, eles, recibiran unha boa cultura e seu pai non tivera a ledicia de poder voltar a ve-la súa aldea, imaxe que soñara con ela toda a súa vida.

Era o día do santo de Matías: Sara, a súa muller sempre fora moi boa cociñeira estaban festexandolle o seu santo comendo unha sabrosa "paella", con mariscos das rías de Galicia, envasados nunha fábrica de Vigo para que todo fora o máis galego posible no festexo, aínda non acabaran de comer, un dos fillos lle fíxo un ofrecemento de axudalo a seu pai para que viaxara a súa Galicia.

Pensou que Matías durante moitos anos, que criou os fillos e non puidera voltar á súa amada terra, nestes momentos xa todos estaban casados, non tiñan impedimentos que o aturaran para que non puidera víaxar como ata isa data, podía cumprirse o seu desexo que tivo dende que chegara como emigrante por necesidade, deixando tras del o que máis quería, morriña que nunca puido deixar.

Xoán o seu fillo, lle díxo: vostedes non foron máis a Galicia porque nos criaron a nós, agora chegou o momento para que se cumpran os vosos desexos de voltar a visita-la vosa terra. 

Este fillo non entendía como é o tamaño do corazón dun emigrante; pois ten que medrar moito para poder meter dentro del dúas pátrias, unha a que o víu nacer, e outra onde que críou os seus fillos que foron o motivo de seguir vivindo nela. E contestoulle dunha maneira que nin o imaxinaba ninguén. 

Dixolle moi amodiño e se mirarlle a cara: non meu fillo, non, .....este non é o tempo en que podo voltar a miña terra, cando saín pola primeira vez; eu era como un pouco deses croios brancos da terra galega con figura de home rexo e duros coma unha pedra das que non gasta o tempo que saía para marcharme e saudaba a todo-los que me coñecían, os meus amigos dicindolle ata a volta. Estaba seguro que se cumpriría, agora non é así. Xa non son máis esa pedra. 

Se volto a Galicia, despedila é un adeus, para nunca máis voltar a vela, nin a ela, nin a nigún dos da miña terra. Desa maneira sería como despedirse dun morto que non voltas a velo máis. Non quero que me despidan como a un morto na miña terra, nin despedirme dela como dunha morta. Toda-las cousas que se queren ben, tes que segui-las imaxinando vivas, non marren nunca, isa é a miña Galicia é a miña alma, e imos xuntos para o ceo, os meus osos únense a túa terra facendo unha soa cousa, porque nela queda o sangue das miñas veas correndo polas túas, e debaixo destas pedras quedan gardadas as miñas bágoas, as miñas ilusións que non tiveron destino, e viaxando polos seus camiños corren os meus fillos, os meus netos que fixeron medrar estas terras en amor, na cultura. Iso é o orgullo que trouxen de Galicia e que tamén levo, se non foi moito o que fixen foi todo canto puiden. 

Matías non puido voltar a Galicia, pero fixo unha Galicia onde estaba; viaxou con ela para o ceo e seguirán vivindo xuntos. Detrás del deixou todas as ensiñanzas de amor pola súa terra e o orgullo dos seus paisanos.