Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

MANIFESTO DA ASAMBLEIA NAZONALISTA DE LUGO (I)



Escudo de CastelaoAO POBO GALEGO

Máis sobre este tema: Asamblea Nazonalista de Lugo, 1918



Os persoeiros das ‘Irmandades da Fala’ reunidos en Asambleia magna tida na cidá de Lugo nos días 17 e 18 do mes da data pra conquerire do Goberno da Sua Maxestade El Rey a autonomía integral da Nazón Galega e fixar n-un programa as que coidan testas soluciós ós problemas que intresan d’un xeito fondonísimo á vida nazonal da Galicia aprobaron e sosteñen co corazón ateigado de espranza e os ollos postos no porvir da Nai Terra as siguentes conclusiós, que fan públicas pra conocimento e meditazón do pobo galego nestora solemne do albeo das nazonalidades que sinten tremelar a sua y-alma e fan xurdir a súa persoalidade.


I. Previa


Tendo a Galicia todal-as características esenciaes de nazonalidade, nós nomeámonos de oxe para sempre, nazonalistas galegos, xa que a verbe “rexionalismo” non recolle tódal-as aspiraciós nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas.


II. Problemas costituentes

Autonomía Integral pr-a Galicia.

Autonomía Municipal distinguindo o Municipio aldeán do vilego, axeitándose o Concello aldeán sóbor da base do reconocimento da persoalidade xurídica das parroquias, que terán as súas xuntas, elexidas antr-os cabezas de familia – petrucios- homes ou mulleres, pra termaren dos seus bés privativos. Os presidentes ou cabezaleiros d-estas xuntas serán vocás nados ou Concelleiros da Corporación Municipal e nomearán, de antre eles o Alcalde que dirixa o Concello. As parroquias, con persoalidade xurídica, poderán contrataren y-estableceren seguros e instituciós de creto antr-os veciños e adeministrare os bés comús, que o Poder Central terá de lles restituire, dispoñendo o seu aproveitamento.

Cooficialidade dos idiomas galego e castelán.

Federación da Iberia.

Dentro d-esta federación igoaldade de relaciós con Portugal.

Crendo n-a accidentalidade das formas de goberno, intrésanos acrarar que non apelamos por ningunha, mais simpatizaremos, dende logo, con aquela que se amostre mais doada pra chegare á federación con Portugal.

Ingreso das nazonalidades da Iberia na Liga das Nazóns.

III. Problemas políticos

Igoaldade de direito pr-a muller.

Custión eleitoral: 

A función eleitoral terá de sere da responsabilidade do goberno e protexida pol-o Poder público.

Representación proporcioal como sistema eleitoral

Non serán elexibles os elementos que non rendan unha función útil pr-a colectividade.

A Asambleia decrara: que si nas eleiciós pra Cortes Constituentes Hespañolas non se nos dera unha prenda en garantía exceicional pra que a vontade do pobo poida manifestarse con toda libertade –pois co-as organizaciós oligárquicas de oxe non sería abranguible – apelariamos ós representantes de Cataluña e Euskadi e, se elo non abondara, ó Estado mais afín ó noso pra que na Liga das Nazóns defenda o direito da Galicia á libertade cibdadana.

Acabamento das Diputaciós Provinciás.

Creación do Poder Autónomo, representado por un Xuntoiro ou Parlamento Galego, elexido por sufraxio universal, con todal-as facultás que a reforma da Constitución non garde pr-o Poder Central e sempre, pol-o menos as siguentes:

IV. Facultades do Poder Galego

Nomeamento da Xunta gobernadora, que terá de exerce-lo Poder executivo, composta d-un Presidente e seis Segredarios encargados dos Departamentos de Adeministración, Xusticia, Enseño, Obras Públicas, Agricultura, Industria, Comercio e Facenda.

Toda-las funciós adeministrativas.

Lexislación social, agás n-aqueles casos nos que os problemas sociaes se extendan ás diversas nazóns da Iberia.

Reximen tributario, sin intervención do Poder Central, ó que somentes pagará o Autónomo a cantidade que se fixe n-os concertos económicos.

A potestade docente do Estado actual pasará enteira ó Poder Galego.

O reximen bancario, n-o que intervirá pol-a función social que oxe teñen os bancos. A mesma facultade pr-a solución do Creto agrícola.

Correios e Telégrafos. O seu servicio ó carrego do Poder Central; a súa creación será cárrego do Poder Autónomo; o servicio dos Teléfonos ó cárrego do Poder Galego. A censura n-estes servicios non poderá ser exercida pol-o Poder Central mais que no caso de guerra.

Ferrocarrís: a sua nazonalización. A lexislación sobor dos mesmos será facultade do Poder Central; a sua construcción e adeministración en carga do Poder Autónomo.

Portos Francos. A lexislación e regulación do tráfico marítimo en carga do Poder Central.

Si ven co-a paz o acabamento dos exercitos permanentes e no caso de que somente quedaran exércitos policías tambén será facultade do Poder Galego a fixación das forzas que xusgue percisas pr-o orden interno de Galicia.

MANIFESTO DA ASAMBLEIA NAZONALISTA DE LUGO (II)

V. Cuestiós xurídicas


Sustantividade do Direito Foral galego.

Derogación do artigo quinto do Código Civil e reforma do seu articulado no que se refire á sucesión abintestato.

A publicación das leises farase no idioma galego.

Igoaldade de direitos pr-a muller casada, pol-o menos no caso da emigración do marido.

A función dos Tribunales de Xusticia romatará en recurso derradeiro en Galicia e sempre realizada por funcionarios galegos.

As terras dos pequenos propietarios qu-a laboreen consideraranse instrumentos de traballo pr-os efeutos do embargo.

O arrendatario terá direito a unha parte da supervalía do arrendado sempre que sexa debida ós melloramentos producidos pol-o seu traballo.


VI. Problemas económicos


As custiós aduaneiras serán resoltas por concerto entre o Poder Autónomo e o Central, salvo o libre cambio de cereaes.

Reintegración inmediata á propiedade privada, pol-o xeito mais doado dos montes do Estado, dos pobos e de propios.

Repoboación forestal forzosa. Si os particulares non a fan faría o Poder Galego por anualidades, gravando sobre a riqueza creada, o capital invertido mais os intereses. Reforma da lexislación civil n-iste punto.

A Asambleia decrara de toda urxencia a resolución do problema dos gravámenes sobor da terra en Galicia.

Tamén decrara sere un crime contra Galicia o permanente absentismo dos propietarios da terra.

VII. Aspectos artísticos

Proclamar a soberanía estética da Nazón Galega que se exercerá:

Sobor as costruciós urbanas e ruraes, ditándose unha lei que obrigue os propietarios a axeitare o estilo das súas costruciós ó estilo xeneral de cada vila galega.

Na expropiación de moimentos e paisaxes.

Na organización do enseño artístico, con creación d-unha Escola Musical Galega.

Vede, irmáns galegos, o noso programa. Non é nin pode ser nosa verba difinitiva; mais é, por decontado, un berro d’anguria que vos chama e a úneca afirmación creadora feita na nosa patria galega. 

Son chegadol-os tempos d’erquere a y-alma e o pensamento de Galicia, e sobor todo a sua soberanía, compreta e sen cativeces. N-isto non caben discusiós: Galicia ten direito, un direito fundamental, a ser dona ausoluta de si mesma. Con vountade ceibe faremos nupcias d’amore con outras soberanías, contr’as que non vai nin quér ire a soberanía nosa.

Pensade, pois, nas nosas concrusiós, feitas pra todol-os galegos. Pró, ademais, sentídeas, practicádeas. Nosos brazos están abertos pr’a fecunda aperta. Todos xuntos melloraremos a grande obra.


O ideal que nos aloumiña vos pide que sintades a Galicia, coma nós no recuncho mais intenso das vosas almas.

Ninguén é inútil pra ista cruzada. A nosa mocedade tén unha santa obriga co-a patria, e agardamos, ateigados do lume inmenso do noso amore, que todo galego dino nos mande a súa adhesión á Santa Causa da Redenzón da Nai Terra.


Na cibdá de Lugo, a noite do dazaoito de Samartiño do mil novecentos dazaoito.


*** Á Asemblea que aprobou iste manifesto asistiron persoeiros de tódal-as Irmandades; estiveron representadas 67 sociedades agrarias, cinco centros culturaes; e mandaron sua adhesión cinco federaciós agrarias, once Concellos, mais de 40 asociaciós e numerosísimas persoalidades de Galicia.