Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Manuel Antonio

Prólogo de un libro de poemas que ninguén escribeu


Manuel AntonioQuero n-o prólogo desprestixiar o autor d'iste libro. Inda que as miñas vervas limiares lle concedan creto diante de alguén --ise alguén que sempre atopa razóns pra se arredar do senso común-- pol-o menos diante de outros, que serán os mais, desmerecerá d'abondo co-a miña presentación. 

O autor d'iste libro, a difrenza dos poetas da sua terra, tan homildosos devotos da Santa, do Bardo e do Rebelde, non por asomellar-se a ninguén, e moito menos o consabido trío. Fixo da sua independenza un sagro fanatismo, e vel-eiquí o tendes só, ergueito e orguloso. 

Ten, ademais, o seu arte resoanzas futuristas, creacionistas, dadaístas e non sei que mais, todas elas anárquicamente escolmadas e autocraticamente peneiradas. El dí, a pesar d'isto, que o seu arte é mais racial que moitos dos que campan a rentes do noso chan, pol-o temor de ver n-a estética do pobo o esprito e non a letra (onde non marrará algún moderno impio que lle chame retardado por ir d'acordo c'o vello aforismo bíblico). 

Botou-se ó traballo de facer un molde propio pro seu lirismo, sin reparar n-o celeiro de moldes feitos que nos deixaron os inesquecentes Precursores. Ista renonza ó valioso herdo das frases consabidas non deixa de o por as vegadas en camiños d'apreto: ben veredes n-as follas d'iste volume os seus poemas latexantes, indecisos, incorreutos. Mais él ainda ten o arroallo de gabar-se d'isto cando di:  Poeta d'intencións própias, pero non de realizacións alleas. 

Parodiando a Xulio Ccamba, xa lle chamou alguén arredista d'aición literaria: nunca foi a Madrí nin escribeu en castelán. Nin quer "triunfar" (n-a conxugación madrileña do verbo) nin claudicar n-un idioma mais fácil e mercadeiro, pero alleo. Encol d'isto, pensa que someter o arte ás necesidades da vida, en troques de someter a vida ás necesidades do arte, é a forma mais engullosa de filisteísmo. 

O ritmo dos seus versos non se pode levar c'os pés n-o piso nin c'os cotelos encol da táboa; e él quixera facel-os decote de tal xeito que non puderan ser declamados nin adeprendidos de memoria. Isto somentes, xa o leva dereito a perder a ademiranza das amabres mociñas románticas e dos amenos dilettantes de segunda man. 

Teñen en troques istes poemas unha antiburguesa incomodidade. Inútiles como pasatempo, requiren certa colaboración auditiva, inda que non pertenzan escrusivamente a "aristocratie nevropathique" do profesor Babinski.  

Esquenceu a gramática lóxica e a lóxica gramatical; os temas consagrados, as formas invioladas. A sua única páxia romántica e o suicidio do seu sentimentalismo. 

Entende a honradeza literaria escribindo somentes para sí. E tería pol-a mais outa razón do seu aristocratismo que ninguén fose quen a recoller por enteiro a sua espontánea espresión. 

Recomendo-vos antre os seus poemas o "Madrigal a Lúa preñada", onde o poeta oferta o seu amor seisual a Lúa, probe nena burguesa a quen volveron histérica todol-os castos poetas do mundo; a "Balada imprevista dos pinos solteiros", "O sorriso dos (o)llos axionllados", e o "Poema pra ler pasado mañán". 

Comencei decindo que desexaba desprestixiar o autor d'iste libro; non sei si o conseguín, mais contando c'o gusto das nosos xentes, coido que sí. 

Trato de desprestixial-o por que coido que as persoas pra quens ten prestixo o prestixo non deben ler iste libro. Ainda así e todo, os tres centos por cen dos que o lean non-o deberan ler. Isto derradeiro di-o o autor; el saberá por qué. Mais, o paso que levamos, poida que teña razón en coidar que o seu libro está mais alá de tres xeneracións. 

Santiago do 1924.


Publicado no xornal Galicia, Vigo, 25 de xullo de 1924  



 Fonte :   Mil primaveras máis (Roberto Abalde)