Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Luís Cid : O autor e a súa obra

Pintor, escultor, e sobre todo debuxante


Este ourensán, que naceu nos anos trinta e presenciou as consecuencias do fraticidio da guerra, Luis Cid atesoura nas súa alma todo o que os tempos ensinan. Luis Cid, que nas súas entrañas atesoura un auténtico "Campeador", fáise artista porque precisa da Arte para ser; enrestrada a súa plumilla cal Tizona, redime agora para o home os mitos, as personaxes fabuladas, os productos imprescindibles da ensoñación e da fantasía, sen os que o ser humano non pode acceder á plenitude.


Como calquera persoa que mereza o cualificativo de artista, crea a partir da fertilidade da súa mente e a pericia do seu oficio, facendo máis rica a sociedade e a quen temos a sorte de saborear na súa extensa obra.


Autodidacta de escola, coidadoso nos trazados, cos pés en Galicia e o espíritu no Olimpo, Luis milita na reducida fronte de quen dialoga cos deuses. Por iso, iste sexagenario pintor ó longo da súa traxectoria foi esculpindo en si mesmo un adolescente sempiterno que medra, crea e recrea partindo do debuxo ilusionante.

O AUTOR


Naceu o 30 de outubro de 1933 na cidade de Ourense. Debuxante, pintor e escultor. A súa formación é autodidacta, destacando nos seus traballos a figura humana con toda a súa problemática e inconformismo ante a sociedade actual. A súa obra é  realista e subrealista, a medio camiño entre o conto, o mito e o soño.

A OBRA


Obras súas atópanse espalladas por cidades como París, Caracas, Madrid, Málaga, . Como ilustrador ten colaborado nas seguintes publicacións:

Oriolos Nenieros, Fantasía Infantil de Dora e Pura Vázquez, Así canta  Galicia de Daniel González, Mensaje de Paz de Samuel Gómez, O soño do peregrino e No a esta maldición de Manuel Ferreiro Villar, La voz en el camino de Jerónimo Navarro, O magosto na escola de Azucena Arias, Xantar de trasnos no magosto de Xavier Barreiro.

Asiduo colaborador da Escola de Danza da Deputación de Ourense, destacan as súas ilustracións na revista Raigame, así como nos libros Cancioneiro Popular da Provincia de Ourense, Vol. I, e Danzas Gremiais e Procesionais da Provincia de Ourense, Vols. I e II.

EXPOSICIÓNS

A súa primeira exposición realizouna en Ourense no ano 1971, no Orfeón Unión Ourensano. Seguíronlle: no 1977 no Liceo Ourensano; 1978 en Madrid; 1979 na Bienal de Pontevedra; 1981 na Casa da Cultura de
Ourense; 1983 na Caixa de Aforros Municipal de Vigo; 1985 e 1999 na Casa da Cultura de Ourense; 1994 no Liceo Recreo Ourensano; 2000 na sala Pereiras do Cebreiro-Lugo e na Sala de Exposicións de Caixa
Galicia de Ourense.

Debuxod e Luís Cid