Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Plásticos galegos

Ulises fingal (Lugrís)

É un dos artistas fundamentais do século XX galego. Pintor, poeta, ilustrador e escenógrafo, especie de moderno romántico, Lugrís deixounos un particular e colorista universo mariño próximo ó mito e á lenda

Jorge Castro
XANEIRO 2002


"Ulises Fingal": Lugrís

O pintor do mar

"Lugrís, fillo de Lugrís Freire, o grande amigo de Eduardo Pondal, non era Urbano Lugrís somentes. Era, sobre todo, Ulises Fingal: Ulises, o navegador do mundo e do trasmundo, o grego de cando os gregos ainda non sucumbiran ao logos do puro razonar, se é que algunha vez Platón sucumbira; Fingal, o heroe gaélico que lle ordenaba coa sua rixidez cerúlea o camiño do Outro Mundo, os vieiros escusados dos Thuata Dé Danan, as xentes irlandesas de debaixo da terra, o misterio de Brigadoon que cada cen anos emerxe da néboa dun val de Escocia para vivir a normal vida dunha cidade.





Retablo marino de Lugrís

Non pretendo decir aquí miña verdade, porque podería ferir os gostos e as preferencias (ou os prexuicios ideolóxicos) de moitas boas persoas. Non pretendo decir que Urbano Lugrís / Ulises Fingal sexa o meu mellor pintor galego do século XX. Pero é así como penso e como gozo. Toda a súa xeneración -como a dos seus contemporáneos mexicanos- elexiu en Galicia un retábulo de feiras e romaxes, de vendedoras de pan e de peixeiras arquetípicas de redondas caras, de luz de paisaxes patrióticas e de mostración do pobo galego..








Habitación do vello mariñeiro, de Urbano Lugrís

Mil veces máis nacionalista que os seus silenciosos detractores, Urbano Fingal sabe pintar cunha dureza que pode producir o calafrío. Como Chagall, pertence a aquela raza de pintores que abren vías para seguir imaxinando, ao mellor unha vida enteira, a estoria que empeza, se cadra, na esquina de calquer pintura aparentemente plana.". (Xosé Luís Méndez Ferrín. Faro del Lunes, 22 de outubro de 1984)

Fuente: www.riasbaixas.com











Santicuario do porto, de Lugrís