Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A influencia da lúa no calendario cristián

No mundo europeo occidental, no que Galicia se inclúe, atopamos dende hai case dous milenios unha fonte de orixe relixiosa que dotará ás festas de sentido cultural:  o cristianismo. 

A nosa sociedade asimilou, nun proceso plurisecular, unha ideoloxía baseada nos principios emanados da igrexa, adaptándoos, iso si, as súas peculiares necesidades, o que pon de manifesto dúas cuestións:

1)A fixación dos ritmos temporais do ano.  
2)O desenvolvemento dos cultos particulares a santos, ou os universais a María e Cristo.

Mais a propia igrexa cristiá acabou conservando restos dun máis antigo calendario lunar que marca ciclos lúa na noitelitúrxicos orientadores de numerosas festas.

A este fenómeno nos remiten, os períodos de corentena que separan algunhas festas cristiás ou relacionadas co cristianismo: por exemplo corenta días hai entre a fin do Entroido e a Semana Santa.

A utilización da Lúa como referente faise patente na fixación das chamadas festas móbiles, todas elas condicionadas pola chamada Lúa Pascual, que serve para determina-la Pascua de Resurrección. Esta data establécese seguindo un cálculo a partir da Lúa, coas seguintes condicións:   

-A Pascua debe caer sempre en domingo. Este domingo debe ser o que segue ó décimo cuarto día (14º día) da lúa pascual, pasando o seguinte se este cae en domingo. 
 
Lúa Pascual é aquela no que o seu 14º día ten lugar en, ou inmediatamente despois, do equinoccio de primavera. Se temos en conta que o equinoccio se fixa o 21 de Marzo. Polo tanto a Pascua nunca pode ser anterior ó 22 de Marzo nin posterior ó 25 de Abril, oscilando entre estas dúas datas segundo a Lúa. 
 

A fixación da Pascua, como é ben sabido, inflúe na localización temporal da Semana Santa e tamén de festas móbiles anteriores ou posteriores; así, restando corenta días obteríamos a data da fin do Entroido e comezos da Coresma, e sumando corenta días ó Domingo de Pascua chegaríamos á Ascensión. 

Outras datas complementarias serían, por exemplo, Pentecostés, 50 días despois de Pascua, que veu substituír unha vella celebración xudía de consagración das colleitas a Deus e de lembranza da promulgación da lei mosaica no Sinaí. A festa da Trindade, que se conmemora o domingo seguinte a Pentecostés.

Sen embargo, as novas orientacións da igrexa están desprazando as que caen no medio da semana ó domingo seguinte, como é o caso da festa do Corpus. 

Tal como se amosa, na nosa civilización perviven restos dun calendario lunar que está cargado de significados cristiáns. Mais a impronta da cristiandade ponse de manifesto noutras moitas festas que xurdiron da implantación de cultos ós santos, á Virxe e a Cristo, que acabaron salpicando todo o calendario anual de festividades relixiosas.-

 

 

Mónica B. Suárez Groba

Fonte consultada: "Breviario Enciclopédico" de Eladio Rodríguez Gónzalez.

 


VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ