Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

XESÚS LORENZO VARELA VÁZQUEZ

Traballo de investigación feito para Revista Raigame

O TERCEIRO EXILIO :  BOS AIRES

            

 

Nesta cidade de Bos Aires se reencontra co seu pai, José Ramón Varela García que vive alí, e con amigos intelectuais como Luís Seoane, Carmen Muñoz, Rafael Dieste ou Arturo Cuadrado Moure. A este grupo se lle sumaran, logo, algúns outros (Rafael Alberti, Eduardo Blanco Amor, Federico Rivas, Xosé Suárez, Colmeiro, Antonio Baltar, Otero Espasandín, Nuñez Búa, Gumersindo Sánchez Guisande). Comparte cos exiliados as tertulias do mítico café "Tortoni" da moi española Avenida de Mayo. .

Lorenzo Varela    

Dos poucos que están ó tanto do seu traballo cóntanse Fernández del Riego, Aquilino Iglesia Alvariño e Otero Pedrayo. 

A súa obra non se dá a coñecer nin en España nin en Galicia ata moi tarde, quizabes pola censura, non chegando o autor a publicar logo, por exemplo, o anunciado "In memoriam" a Aquilino Iglesia Alvariño.

 

Tamén fan xuntanzas na “Casa de la Troya”, o restaurante de Elpidio Villaverde, ó que asistía algunha vez Castelao. Neste cruceiro atópanse novamente quen elixiu o víeiro ideolóxico máis democrático, deixando enterrando o seu amigo Bóveda no camiño, e o vieiro máis radical da extrema esquerda e das armas.

Como o fixo en México, en Bos Aires codirixe e funda unha revista, neste caso "De mar a mar" (con Dieste, Seoane e Cuadrado Moure, todos eles galegos coma el, que o animan a escribir nesta lingua), revista desaparecida durante a primeira presidencia de Perón. Publica nela "Duelo en tres cantos por la muerte de Miguel Hernández" e sete poemas que logo Seoane incluiría postumamente en "Homaxes".Orixinal de Catro poemas para catro grabados

"Rafael Alberti fue el primer poeta que homenajeó a Miguel Hernández tras su muerte. Fue con "Égloga fúnebre a la memoria de Miguel Hernández", que publicó durante su exilio en la revista "De Mar a Mar" de Buenos Aires. Ambos autores compartieron mucho más que poesía. Coincidieron en "El Mono Azul" y en "Caballo Verde para la poesía". (1942)

"Un grupo de exiliados, entre quienes se cuentan Arturo Cuadrado, Lorenzo Varela, Arturo Serrano Plaja y los plásticos Luis Seoane y Manuel Colmeiro, comienza a publicar en Buenos Aires la revista "De mar a mar". 

El precepto modernista, que hace suyo la vanguardia, de que el libro es un objeto de arte en sí, en su encuadernación, tipos, tintas y grabados es especialmente defendido en Séneca aunque con la sobriedad de las dos tintas, creando así un precedente que será imitado por muchos editores del exilio: desde Costa-Amic en México a Lorenzo Varela en Argentina y Arturo Soria en Chile.  (Fonte:  La imprenta peregrina: escritores y editores en México ww.uab.es )         

Revista El hogar

En 1942 publica "Torres de amor" e en 1944 "Catro poemas pra catro grabados", a súa primeira obra poética nesa lingua. Esta obra histórico-nacionalista foi coñecida como "María Pita e tres retratos medievais" (Roi Xordo, o bispo Adaúlfo e María Balteira) formando parte dunha obra de ilustracións de Seoane (foi reeditado en 1951 con música de Julián Bautista).

          

No tema da arte plástica, que o apaixona, publica en 1945 "El Renacimiento" , (Editorial Atlántica).

En 1946 "Murillo" (Editorial Poseidón), facendo ata os 50 numerosos limiares en prosa mantendo o contacto con numerosos artistas, entre eles o de "Juan Martín el empecinado" de Benito Pérez Galdós (Editorial Pleamar, 1945).

 

No xornal "La Razón" é critico de arte varios anos pasando logo a "El Mundo" e colabora nas máis importantes publicacións arxentinas como nos xornais "Clarín", "La Nación" e revistas como "El Hogar" (que dirixe e na cal xa tiñan publicado prestixiosos escritores como Roberto Arlt), "Del arte", "Sur", "Primera plana" "Correo Literario" e "Cabalgata".

 

É fundador e director do exitoso programa radiofónico "Hora once" xunto co fotógrafo Horacio Cóppola quen ilustrara de mozo un libro de Borges. En 1943 publica o seu poema "Cita" con música do compositor arxentino Carlos Guastavino. Tamén nese ano fai a antoloxía "Actualidad de la obra crítica de Beaudelaire", baseada na súa traducción dos ensaios beaudelereianos sobre a arte. Para ela escribe o limiar.

 

Retrato de O Aleijadinho Horacio Cóppola Igor Stravisnky, Juan José Castro 

e Julian Bautista

(de esquerda a dereita) Retrato de "O Aleijadinho"

 


En 1954 publica o seu estudo "Seoane" a través da Editorial "Botella al mar" de Arturo Cuadrado Moure. "Lonxe", outro libro de poesía que se publica en 1954, é considerado por algúns como o de maior calidade literaria coa temática da guerra civil e o exilio. Hai numerosos poemas editados en distintas publicacións.

 

Coma poeta en castelán recibe eloxios de esixentes autores como Cernuda e o premio Nobel de Literatura Juan Ramón Jiménez.Igor Stravinsky, Juan José Castro e Julián Bautista


Varela ten influencias da xeración do 25 e tamén do 27 españolas (polo emprego das formas tradicionais lembra a práctica desta última), xuntando o seu interese pola obra literaria coa plástica, quizais esta última unha vocación frustrada. Aínda a súa paixón artística, do mesmo xeito que Castelao, brega pola causa da xustiza e dos oprimidos, en toda a súa obra e na súa vida ademais.


Lorenzo Varela practica unha poesía de denuncia ó estilo de Ferreiro onde non faltan os temas sociais, do pobo, revolucionarios, como ser poemas das guerrillas galegas, dos maquis dos anos 40, a revolución irmandiña do século XV, o asoballamento do traballador galego, etc.

"Como xa se ten aclarado non é Ferreiro o poeta que acende na posguerra o facho da poesía cívica. Desde o exílio americano Luis Seoane e Lorenzo Varela e no interior Manuel Maria -con Documentos persoais, de 1958- poñen os cimentos daquel canto belixerante, épico ou intencionadamente prosaista. Pero hoxe resulta xa incuestionábel a decisiva forza de estoupido, tanto pola derivación en escola como polos valores próprios de súa fala, que tivo a publicación en 1962 de Longa noite de pedra". ( Fonte: Asociación de escritores Galeuzca, 1991) 

Horacio Cóppola

A obra de denuncia de Varela é consecuente coa súa vida, ó estilo de Miguel Hernández.
Os temas das dores da emigración galega (endexamais deixa de lembrar á súa terra natal fora onda fora) é parte desta denuncia na que non soamente atribúe á fame á mesma senón tamén á humillación dos que foron buscar emprego e recibiron trato de marxinados.


Na súa obra a muller é obxecto de admiración e tenrura, nun mesmo plano que o home concordando coa súa ideoloxía esquerdista, figuras femininas de loita popular contra a represión e protagonistas como por exemplo María Pita e María Balteira.

En Bos Aires, cidade do exilio galego, o artista e amigo Luís Seoane recupérao para a galeguidade. Afastárase de mozo polo seu radicalismo ideolóxico pero non de ser galego senón do xeito de loitar.
Dirixe "El Pueblo Español" (órgano portavoz do Partido Comunista); sempre é prolífico na súa actividade cultural e intelectual, aínda que non o fora coa súa obra editada.


Adivíñase na obra de Varela os tres pilares da súa paixón: a súa lealdade republicana por España e Galicia, a súa obra poética e a admiración dos artistas plásticos (que ficou soamente na crítica) combinando eses pilares con poemas dedicados a artistas coma Picasso, Seoane, Carybé, Alonso, Laxeiro ou Luis Falcini.
Viviu este exilio sen renegar dos seus ideais políticos e facendo critica da vida intelectual que o rodeaba. Recupera tamén a súa actividade política militante. No ano 47 é censurado en Estados Unidos xa que tendo un contrato cunha universidade dese país lle denegan o visado por ser comunista. 

   

Lorenzo Varela e Estela Canto En 1956 despois dun conflitivo romance con Estela Canto, pretendida de Jorge Luis Borges, (vivindo con ela nunha casa prestada por Rafael Alberti en Uruguai entre 1947 e 1950), casa con Marika Gerstein, muller xudía, culta, profesora de idiomas.

Afastado do partido Comunista Español polas súas divisións comeza a militar no partido Comunista arxentino colaborando en "Frente Cultural", alí comparte a súa militancia con destacados intelectuais e artistas arxentinos: Bruzzone, Raul Larra, Horacio Guarany, Mercedes Sosa, Tejada Gómez, Raul González Tuñon, Alfredo Varela, Alvaro Yunque, Hector Agosti, Hector Negro, etc.  


Os xoves porteños progresistas admírano falando nos cafés de literatura e dos sonos revolucionarios pero non esquece á Terra sumándose a proxectos:  Lorenzo Varela e Estela Canto

""Varios intelectuales, que luego de la Guerra Civil vivían exiliados en Argentina, tomaron contacto con la Fábrica de Porcelanas La Magdalena (Sargadelos). Entre ellos estaban Luis Seoane, Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Núñez Búa, Antonio Baltar, Blanco-Amor, Laxeiro, Arturo Cuadrado y Alberto Vilanova Rodríguez. La intención de todos ellos fue trabajar por la recuperación cultural y económica de Galicia y uno de los proyectos plasmados fue el Laboratorio de Formas (1963), constituido por el artista argentino-gallego Luis Seoane, Isaac Díaz Pardo y el arquitecto Andrés F. Albalat...


Edicións do Castro es otra creación del Laboratorio de Formas, en 1963, que en la actualidad lleva más de 1000 (mil) títulos publicados entre temáticas que incluyen poesía, ensayo, narrativa, filología, economía, teatro, etnografía, arte, historia, etc. El trabajo editorial no constituye una novedad en ese grupo de intelectuales, ya que Luis Seoane, junto con Lorenzo Varela y Arturo Cuadrado, son los creadores de editoriales como Nova, Citania, las colecciones Hórreo e Dorna (en Editorial Emecé), la tradicional de poesía Botella al Mar, entre tantas otras". (Fonte: www.almargen.com.ar )

En 1966 editase unha monografía da obra en Buenos Aires de Seoane con textos de Mujica Láinez, Lorenzo Varela e outros.


É tamén traductor do portugués sendo máis lembrada a impecable traducción da obra de Jorge Amado, "Dona Flor e seus dois maridos"(1975) o cal só se lle critica a falla da incorporación dun glosario que describa as típicas comidas de Bahía (Brasil), lugar onde transcorre a historia.


Volver