Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

XESÚS LORENZO VARELA VÁZQUEZ

 

Lorenzo Varela

PRESENTACIÓN DE NEIRA VILAS

Palabras pronunciadas por Lorenzo Varela en la galería Sargadelos de Madrid el 18 de noviembre de 1976 con ocasión de la presentación de la sexta edición de la novela de Neira Vilas, "Memorias dun neno labrego".


Alguén dixo que nos chamou o dono da casa a traballar e eu penso que tanto este home que está ao meu lado coma eu debe ser a primeira vez na nosa vida que traballamos sentados e con moito gusto porque vemos que os observadores tamén traballan sentados, porque eu penso que o que máis traballa nunha desas lerias que se chaman conferencias, actos culturais, etc, non son os actores senón os espectadores. Nunca sentín lamentarse tanto da fatiga que da a vida como as veces que a xente que vai ás conferencias, por exemplo, ten que decir: qué leria, qué pesadez, qué modo de ter que aguantar a cultura que é unha das cousas máis pesadas que hai no mundo...

Con este rapaz que teño ó meu lado temos algunhas cousas en común e por eso teño que falar del; hai dúas que son moi importantes, temos en primeiro lugar en común un río, o ULLA, o Ulla e as “ulloas” porque non hai unha soa “ulloa” hai varias de tódalas bandas do río e é un río que ten tres bandas; hai poucos ríos no mundo que teñan tres bandas: a banda da dereita, a banda da esquerda e a banda do centro; case, case é un río político cos tres partidos que se aspiran a formar en todo estado novo democrático. Outra cousa que temos en común é , e pouca xente o ten, que é un dos grandes escritores galegos da historia da literatura galega, sobre todo do noso tempo, fíxonos en distintas épocas, en distintos tempos, un prólogo para un dos nosos libros; ese escritor chámase Rafael Dieste, e non é un home de facer prólogos como os que se acostumbran a facer, encarregados por editoriais, libreirías, amigos, prólogos que xurden de complicidades, prólogos que xurden das promocións. Rafael Dieste cando fai un prólogo faino como irmán, como fillo, como pai e como amigo; pero ademais de facelo como figura familiar nas tres ordes faino tamén como home xusto, desde o punto de vista do esprito que é. Aínda teño unha terceira cousa en común con este home que está ao meu lado e non é a menos importante, xunto co río Ulla que é meu e logo vaille botar a auga ás terras del, xunto con eso teño tamén con el outra cousa en común, un home xenericamente lucense que se chama Fidel Castro, é hoxe o dirixente dun gran pobo dunha pequena illa, esa illa, a illa de Cuba na que case nacín chegando a ela nun barco español: E por último inda teño máis, e cada vez que digo todo o que teño en común con Neira Vilas é como si me puxera unha condecoración nova, e voume poñer a condecoración derradeira; esa condecoración derradeira é a seguinte: o amor ós nenos, sería moi fácil para min decir o amor ós nenos galegos, pero non quero decir eso, quero decir o amor ós nenos do mundo, clro que os nenos galegos, que se me permita decilo por enriba do internacionalismo de claquera clas, os nenos galegos son os nenos máis fermosos do mundo para min e non por patriotismo senón polo sufrimento tremendo superado neles dun pobo que leva sufrindo séculos e séculos a ledicia e a tristura que levan nos ollos os nenos galegos. Eu levaba perto de 40 anos lembrándome deles a distancia pero agora neste vrao, gracias ó dono desta casa, púdenos voltar a ver, esa misturanza de tristura e de ledicia que teñen nos ollos os nenos galegos é moi difícil de atopala nos nenos doutros lugares do mundo: sin embargo eu andiven moito polo mundo e vin outros nenos tan maravillosos, tan cheos de milagre que non podo, sen sentirme como racista, decir que os nosos son superiores, eso é o que non podo decir, nin creo que se poida decir dos nenos, nin dos velos para trazar o arco enteiro da vida, de ningún pobo do mundo, o amor ós nenos, dito así xa sería bonito, xa sería estupendo, xa sería cheo non só de amor, senón de agarimo dificil, cheo de humanidade, mais eso non sería amar ós nenos senón decimos outra cousa que creo que nos xunta tamén a Neira Vilas e a min e a todos vós; toda a historia da humanidade é unha loita viril, do home e da muller, polo porvir dos fillos, unha das cousas máis fermosas que ten a historia da humanidade é que non loitan polo presente, polo día de hoxe, loitansempre polo fillo ou polo neto, loitan sempre pensando no futuro da humanidade. Esto tamén nos xunta a Neira Vilas e a min: cando Neira Vilas fala dun neno probe, e cando Neira Vilas presenta un neno rico non rompe a historia inxenua, posiblemente chea de futuro limpo, é decir non fai demagoxia, deixa dentro de porvir a nenez enteira, naturalmente el fala da banda do neno probe que é a que amamos, porque é o que máis a necesita amor pero déixao incluído tamén o neno rico como posibilidade de salvación. Aínda máis nos xunta e eu penso que eso é fundamental, é o que da fundamento a toda aoutra xuntanza nosa, o idioma. 

Neira Vilas ten o que Castelao chamaba un idioma sinxelo, cheo de transparencias, sin comprexidade, un idioma no que se revela dun xeito non elemental como poidera parecer, máis si cheo de craridade, o intento de expresión de todo un pobo, é decir o idioma que corresponde ó ritmo dun manantial, dun regato, dunha namela, verde, eterna de Galicia. Xúntanos fundamentalmente outra cousa, penso que os dous pensamos e xa é moito pensar que o home é fundamentalmente un neno que se vai desenrolando no curso da vida e que de calquera xeito que escolla un vieiro ou outro para se realizar, se o home no curso dese camiño mata nalgún intre ó neo matouse a si mesmo, suicidándose, sexa en política, en arte, en literatura ou na vida persoal. Se a persoa non se constrúe sobre a base do neno a persoa non é persoa, a persoa pode ser un bó xerente, un gran militar, un gran político, un gran banqueiro, pode ser un gran..., non quero decir a verba, que se atrevería a decir Camilo Xosé Cela, ou si a podo decir, pode ser un gran merda. Pero o que ten que ser unha persoa é un gran neno. Se a inocencia, a inxenuidade, a capacidade de intuición, de xogo, de laboura, de entrega, de desinterés que ten un neo non se mantén ó longo da vida dun home, ese home xa non é máis home; non me cabe na testa, non podo imaxinar a revolución cubana por exemplo, que é un dos feitos máis misteriosos aparentemente, se non se enfrenta desde un punto de vista dunha filosofía parella á do réxime, é decir prós marxistas está moi claro, relativamente non tan claro tan pouco prós marxistas; pero prós non marxistas non está nada claro como unha pequena illa xunto, perto a carón dun gran continente, dun país dos máis poderosos do mundo pode erguerse e construir ou intentar construir un novo xeito de socialismo, a min non me cabe na cabeza que eso fora posible si un equipo de xente dunha xeneración non mantivera a nenez dentro do home.

O mesmo pasa na literatura, e na literatura galega facía falta un neno exemplar como en tódolos pobos que dun modo ou doutro foron víctimas durante séculos dun alleamento total, como tódolos pobos que existen hoxe gracias á pureza, á nenez enteira do pobo durante séculos.

Galicia tiña hoxe necesidade de modelos de nenos, modelos de mozos, modelos de vellos, modelos de homes, modelos de mulleres, modelos de vida, estaba virxe Galicia, en gran parte segue estando e hai que irlle dando o que ela nos deu a todos. Neira Vilas deulle xa un modelo ¡Ei Balbino! Gritan nun dos contos de Neira Vilas os maiores...¿E qué foi de Balbino? ¿Perdeuse ou non se perdeu? E non se perdeu porque gracias a Neira Vilas atopouse vivo, cheo de lealtade, cheo de porvir, dándolle a Galicia un neno que xa vai crecendo, que xa é home e que un día destes vainos gobernar. Nada máis.

 

 

  Volver