Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

XESÚS LORENZO VARELA VÁZQUEZ

Traballo de investigación feito para Revista Raigame

O PRIMEIRO EXILIO

Afiche do Partido Obreiro de Unificación Marxista ( POUM )Os pais de Xesús Lorenzo Várela Vázquez (segundo outros Xesús Manuel Varela ou Xosé Manuel Lorenzo Varela) emigraron do seu pobo en Monterroso, Lugo, cara á Habana, Cuba como facían centos de miles de galegos vítimas da fame, do atraso e illamento de Galicia, ou logo, do exilio. Entrando na baía do porto da Habana a bordo de "La Navarre" o 10 de agosto de 1916 (outros din 1917) nace o homenaxeado das Letras Galegas 2005.

Pouco dura a decisión aventureira do pai xa que Cuba está a pasar unha crise económica e o tórrido verán caribeño diametralmente oposto á fría provincia de Lugo, empurran á familia ós tres meses de estancia a retornar.

En Monterroso viviu os seus sete primeiros anos pero como bo galego o pai de Lorenzo insiste coa emigración, esta vez a Bos Aires, Arxentina en 1923 (segundo outros en 1920).

O rapaz pasa a súa infancia no barrio sureño de Nueva Pompeya onde cursa a escola primaria tendo así a súa primeira vantaxe posto que en Monterroso posiblemente estivera destinado ás tarefas rurais.

A finais de 1930 retorna novamente a Lugo onde Lorenzo chega co aceno porteño feito que lle fai gañar o alcume de "arxentino" (moitas biografías din 1920 pero facendo conta dos anos e considerando que a escola primaria leva uns sete anos e afirmándose que chegou pouco antes da II República entón non podía comezar o Bacharelato en Lugo ós catro anos sendo nado en 1916).

En 1931 cursa o bacharelato no Instituto de Ensino Secundario. Comeza a ter a súa primeira actividade política matizada con tertulias literarias.

Lorenzo VarelaNun acto do Partido Galeguista o 22 de marzo de 1932 no Teatro Principal de Lugo coñece a Castelao, Paz Andrade e Suárez Picallo que interveñen nese acto, achegándose ó Nacionalismo e participando con Fernández del Riego, Celso Emilio Ferreiro, Carvalho Calero e Ramón Piñeiro na Federación de Mocidades Galeguista fundada o 11 de xaneiro de 1933 coa presenza de Servando Gómez Aller e o deputado pola emigración Ramón Suárez Picallo. Outros compañeiros de militancia son Xosé Velo (quen en 1961 secuestraría un transatlántico repudiando o fascismo ibérico) e Ramón de Valenzuela

.
Os mozos galeguistas van máis alá que os seus maiores, Castelao e Suárez Picallo, e proclámanse "arredistas". A Lorenzo Varela gustábanlle as ideas do galeguismo pero cría que no social se debía ir máis lonxe. A súa radicalización vai achegándoo ó trotskismo que daquela estaba representado polo Partido Obreiro de Unificación Marxista (POUM). Nesta época afonda a súa amizade con Anxel Fole quen edita en Lugo a revista esquerdista "Yunque"

Alegoría da República Alegoría da República Afiche do Partido Obreiro 

de Unificación Marxista (POUM).

Produto das súas conviccións xa en 1934 participa nos sucesos revolucionarios (1) e é perseguido pola policía fuxindo a Madrid: "viaxa cun petate de lona nun camión de peixe, deixando esquecido na percha dun café o seu sombreiro" (2). Sucesos como este perseguiríano coma un sino ata a súa morte