Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

XESÚS LORENZO VARELA VÁZQUEZ

Traballo de investigación feito para Revista Raigame

 

A GUERRA CIVIL

Afiche de la República A penas chegado a Madrid amosa a súa precocidade participando nos círculos culturais, intelectuais e literarios. Comeza os estudios na Facultade de Filosofía e Letras de Madrid, pronto truncados pola guerra.

Apoiado polo músico Rodolfo Halfter (con quen gravaría as cancións dos brigadistas internacionais) ingresa coma colaborador (na sección bibliográfica, traballando coma crítico literario) do afamado xornal liberal republicano "El Sol", dirixido entón por Ortega y Gasset, onde atopábanse os mellores escritores da época. 

Participa nas Misións Pedagóxicas e incorpórase ó equipo de redacción da revista "PAN" (Poetas Andantes e Navegantes) onde publican Rafael Dieste, Antonio Baltar, Fernández Mazas e Otero Espasandín.

Comparte debates no café "La granja del henar", de tradición republicana, con artistas novos como Eugenio Granell, Laxeiro, Maside e Colmeiro.

Tamén asisten os irmáns Dieste, Antonio Sánchez Barbudo, Ramón Suárez Picallo, Otero Espasandín, E. Fernández Mazas, e outros, coñecendo tamén a Manuel Azaña. 

É co-fundador de "El Mono Azul" (*) sendo miliciano do "V Regimiento" e colabora en moitas publicacións de loita como "Hora de España".

Facsímil de "El Sol"

(*) En la 2da quincena de julio, Madrid es un gran campamento donde predomina ya el "mono" azul , el correaje improvisado y los automóviles requisados.  (Fonte:  La Guerra Civil Española, Hugh Thomas.-)

 

ENRIQUE LISTER Lorenzo Varela é un dos fundadores (e dos redactores do manifesto fundacional) da “Alianza de Intelectuais Antifascistas para a Defensa da Cultura” xunto con Antonio Machado, Rafael Alberti, José Bergamín, Federico García Lorca, etc .

As súas actividades políticas e intelectuais non lle impiden ter varios romances moi coñecidos no bando leal segundo testemuña Pilar Vazquez Cuesta.


Co gallo do alzamento fascista de Franco do 36 se sinte obrigado a enrolarse e loitar pola República afillándose tamén ó Partido Comunista. 

Tamén se evidencia a súa precocidade no eido militar segundo testemuña Santiago Álvarez: " con 21 anos de idade Lorenzo ocupou o posto de máxima responsabilidade política dunha división do Exército Popular, a 46 División, integrante do 5º Corpo do Exército". (2) Enrique Líster

Efectivamente en Madrid é comisario político do exército republicano e comandante dunha brigada , a 11° División baixo ó mando do seu compatriota Henrique Líster.

Durante a guerra percorre os frontes xunto con Alberti, Miguel Hernández e Otalaguirre, dando folgos ós soldados co seu espírito revolucionario e as súas publicacións xornalísticas.

No ano 37 forma parte do Segundo Congreso Internacional de Intelectuais Antifascistas (Valencia, 1937) onde os escritores de todo o mundo solidarizanse coas tropas legais, converténdoo no máis importante da historia contemporánea con nomes como Pablo Neruda, Nicolás Guillen, Ernest Hemingway, Cesar Vallejo, Raúl González Tuñon, Octavio Paz, André Malraux, Louis Aragón, etc.

 

 

Heminway visita ao doente Enrenburg

 

Fotografía: 

Heminway e Enrenburg, asistentes ó congreso, durante o cal enfermou este último.

  Volver