Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Florentino López Cuevillas

Florentino López Cuevillas naceu na cidade de Ourense o 14 de novembro de 1868, e morreu nesta cidade o 30 de xullo de 1958. 

Foi o fillo único de Florentino López Barbán, delegado de Facenda en Ourense, que morreu antes de lle nace-lo tillo, e de Vicenta Alonso-Cuevillas Álvarez-Seara, que morreu o 23 de novembro de 1952. 

Cuevillas estudiou o Bacharelato no Instituto de Ourense, onde acadou o título de bacharel o 20 de xuno de 1901, e a carreira de Farmacia en Santiago de Compostela, que rematou en 1906. 

Pero Cuevillas non exerceu corno farmacéutico, e nin siquera fixo o depósito para que lle expediran o título de Licenciado (que leva a data do 28 de agosto de 1944). Do que viviu, foi de ser funcionario da Facenda Pública no Delegación de Ourense.


Florentino Cuevillas foi un grande estudioso do cultura castrexa. Os primeiros troballos publicounos no revista Nós, e o primeiro castro que estudiou foi o da parroquia de San Cíbrao de Las, concello de San Amaro (Ourense), que é unha citania das máis de nove hectáreas de extensión. Neste castro hai hoxe un "Barrio Cuevillas", en honor de quen primeiro o investigou. 

Os estudios sobre o castro de San Cibrao de Las, fornecéronlle a Cuevillas datos para os seus traballos, publicados no revista Nós, que levou o título A Edade de Ferro no Galiza. Tamén nesta revista publicou o seu Catálogo dos Castros Galegos. 

Cuevillas fixo excavacións e escribiu traballos en colaboración con outros prehistoriadores e etnógrafos, como Bouza Brey, Antón Fraguas, Xaquín Lorenzo, Manuel Chamoso Lamas... 

En 1933 participou no libro en colaboración Terra de Melide, co traballo Prehistoria de Meiíde. E de Cuevillas é a parte de Prehistoria, tomo III, da Historia de Galiza, dirixida por Otero Pedrayo (Bos Aires 1973). 

Á Galiza céltica, tan estudiada por el dedicoulle o libro A civilización céltico en Galicia (Santiago 1953). 

Cuevillas foi membro do Seminario de Estudios Galegos, no que dirixiu a Sección de Prehistoria. Foi máis home de ciencia ca literato. Pero os seus escritos, tanto científicos como literarios, teñen unha gran claridade e perfección, pois era un home metódico, pulcro e cultísímo. Algúns dos seus escritos literarios editounos a Editorial Galaxia en 1962, co título de Prosas galegas. 

Tamén publicou traballos en El Mino~, La Centuria, Boletín de la Real Academia Gallego, Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos de Orense, Cuadernos de Estudios Gallegos...


Fonte :   Letras Galegas (autora: Alejandra Belenda)