Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Lois Pereiro, o poeta maldito

Lois PereiroACORDO DA RAG


O Día das Letras 2011 estará adicado ao poeta Lois Pereiro

A Academia decidiu homenaxear un autor de culto finado en 1996 e moi reivindicado polas novas fornadas literarias.

En 1996 a morte levaba canda si un poeta que entraba en plena madurez literaria. Catorce anos despois, na mesma cidade na que finou, A Coruña, o pleno da Real Academia Galega decidiu homenaxear a obra deste autor dedicándolle o Día das Letras 2011. Considerado por algúns como un poeta de culto (pouco coñecido entre o gran público), Lois Pereiro foi especialmente reivindicado nos últimos anos polos autores máis novos.

Nado en Monforte en 1958, o poeta sempre foi reticente á publicación individual dos seus traballos. De feito, só viu dous deles publicados en vida: Poemas 1981/1991 (Edicións Positivas, 1992) e Poesía última de amor e enfermidade, publicado na mesma editorial ters anos máis tarde.

Nun comunicado, a RAG sinala que Lois Pereiro “cartagrafou coma ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliadno para tal fin o individualismo escéptico coas tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo. A súa proposta callou na sensibilidade emerxente, mergullada no posmodernismo, e desexosa de atoparse nun discurso reflexivo, acuciante e non retardario.”

Elixido polos lectores de Vieiros en 2006

No ano 2006 Vieiros puxo en marcha en marcha unha enquisa entre os seus lectores para que elixisen o autor a quen se lle debía adicar o Días das Letras. Lois Pereiro gañou con moita diferenza. Catro anos despois, a RAG recoñece o que moitos xa demandaban: un recoñecemento nacional a un autor que merece ser popularizado.

Fonte: Vieiros.com

Vida e obra de Lois Pereiro


Lois Sánchez Pereiro, máis coñecido como Lois Pereiro, naceu en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e morreu en A Coruña o 24 de maio de 1996. Escribiu en lingua galega.
No ano 2011 adicouselle o Día das Letras Galegas

A súa familia procedía de O Incio. Estudou no Colexio dos Escolapios e comezou a escribir aos 15 anos. Tras rematar o COU marchou a Madrid onde comezou os estudos universitarios de Ciencias Políticas e Socioloxía. Logo dunha estadía en Monforte traballando na empresa familiar adicada ao vidro, retornou a Madrid para estudar lingua inglesa, francesa e alemá. Alí fundou a revista Loia, con Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel.

Logo en 1981 vai vivir á Coruña, onde se une a revista La Naval. Nesa época entra en contacto con un grupo de poetas entre os que estaban Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal e Xullo López Valcárcel, participando en varias antoloxías como De amor e desamor ( 1984 ) y De amor e desamor II ( 1985 ), e colaborando en revistas como La naval, Trilateral, Anima+l e Luzes de Galiza, na cal publicaríanse en 1997 os oito capítulo da novela curta Náufragos do Paradiso.

En 1983 y 1987 viaxou con Fernando Saco por Europa. Traballou como tradutor de alemán, francés e inglés de dobraxe de cine e de televisión convencional ( episodios de Dallas e Kun Fu ) como porno.

Soamente publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 ( 1992 ) e Poesía última de amor e enfermidade ( 1995 ). En 1996, ano do seu pasamento, publicouse Poemas para unha loia, que recolle obras da súa época madrileña, publicadas na revista Loia e que inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, publicado no número 27 de Luzes de Galiza.

Respecto ás causas da morte de Lois Pereiro, a pesar de padecer SIDA, foron un cúmulo de enfermidades que remataron cunha insuficiencia hepática. Oficialmente e a segundo unha sentencia da Audiencia Provincial de Lugo, por un preito para que o Estado pagase o enterro, a causa da súa morte foi unha intoxicación por aceite de colza desnaturalizado.

Recoñecemento

Durante anos reivindicouse a dedicación do Día das Letras Galegas a este poeta monfortino; no marco desa campaña sitúase unha reedición da súa obra poética traducida ao castelán, catalán e vasco, xunto cos orixinais en galego.

Finalmente, o 26 de xuño de 2010 la Real Academia Galega ( RAG ) publicou a súa decisión de adicarlle o Día das Letras Galegas de 2011. A Academia apreciou:

"evidentes pegadas expresionistas, referencia á lingua xermánica e certos rasgos de contracultura... unha imaxe e unha estética que fixeron de el un autor de culto. Cartografou coma ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo."

En verbas do escritor e membro da real Academia galega, Manuel Rivas:

"Dedicarlle a Lois o Día das Letras 2011 foi unha decisión valente da Academia, porque é un autor de culto, pero en canto se difunda a súa obra, será un autor moi popular"

Exemplo da súa lírica

Como mostra da nudez da súa poesía, aquí ollaredes un párrafo de un dos seus poemas, epitafio gravado en pedra en unha tumba de Santa Cristina de Viso, no Incio:

Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria.

Obra

Poemas 1981/1991 (1992)
Poesía última de amor e enfermidade (1995)
Poemas para unha Loia (1997)
Conversa ultramarina (2010)
Náufragos do Paradiso (2011)
Antoloxía (2011)
Modesta proposición e outros ensaios (2011)
Obra poética completa (2011)
Obra completa (edición bilingüe) (2011)



Dos poemas Luz e sombras de amor resucitado


Tristemente convivo coa túa ausencia

sobrevivo á distancia que nos nega

mentres bordeo a fronteira entre dous mundos

sen decidir cal deles pode darme

a calma que me esixo para amarte

sen sufrir pola túa indiferencia

a miña retirada preventiva

dunha batalla que xa sei perdida

resolto a non entrar xamais en ti

pero non á tortura de evitarte.



Dos poemas póstumos


Somentes

intentaba conseguir

deixar na terra

algo de min que me sobrevivise

sabendo que deberia ter sabido

impedirme a min mesmo

descubrir que só fun un interludio

atroz entre dous muros de silencio

só puiden evitar vivindo á sombra

inocularlle para sempre a quen amaba

doses letais do amor que envelenaba

a súa alma cunha dor eterna

sustituíndo o desexo polo exilio

iniciei a viaxe sen retorno

deixándome levar sen resistencia

ó fondo dunha interna

aniquilación chea de nostalxia.
 

Cero a la izquierda



O corredor de fondo perde o alento

Fuxindo dunha vida inzada de renuncias

da súa liturxia obesa e oleosa,

mediocre nos seus comunais fracasos,

bágoas de xelo, indignación contida


non deu chegado a tempo de exercer

a súa rebelión,

nin de levar a cabo

a súa vinganza definitiva

contra un mundo inxusto, homicida, e cruel,

pola inutilidade da súa propia vida


solitario, enfermo e fatigado,

a morte anticipouse e chegou antes.