Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Lendas galegas : o LOBISHOME

Segundo a crenza popular os lobishomes ou homes-lobo son individuos que por mor dunha maldición e por ser o sétimo ou noveno fillo nacido dun matrimonio con descendencia de todos varóns ou mulleres, poden nacer coa "fada" de sufrir unha transformación en lobo, tanto en aparencia e actitude, ó cumprir unha determinada idade. 

loboPara que isto non ocorra o fillo afectado pola fada debe ser apadriñado polo irmán ou irmá maiores, segundo se trate de homes ou mulleres.

A transformación do individuo en lobishome ten lugar pola noite e en lugares despoboados, pero non existe unanimidade sobre cales serían as noites nas que tería lugar a metamorfose.

Algúns relatos falan de todas; outros, dos mércores, e outros, dos martes, mércores e venres. Pasado este momento, recuperaría a súa forma humana, podendo recordar ou non a súa faceta como lobo.

A maldición debe ser cumprida durante un tempo determinado que pode abarcar dende 7 anos a toda a vida. Non se libra un dela coa morte, pois neste caso a maldición pasaría ó espírito.

Nos relatos populares recóllense diversas formas de poder librarse da maldición: queimarlle a pel no momento da transformación, ferilo cunha bala de prata bendicida ou facelo sangrar usando sobre todo o aguillón do ramo do acivro bendito o Domingo de Ramos.

As lendas sobre lobishomes están moi arraigadas en Galicia e nelas pódense observar paralelismos con lendas xermánicas, debido, quizais, á presencia nórdica en Galicia, especialmente durante o reino suevo.

 

 

 

Mónica Beatriz Suárez Groba

Bibliografía consultada: "breviario enciclopédico", eladio rodríguez gónzalez

 

 

VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ