Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Lendas galegas: A doniña cerva

Escudo de CervantesO concello de Cervantes pertence á comarca dos Ancares, na provincia de LUGO. Ten unha poboación dun pouco máis de 2000 habitantes e limita con Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita e Becerreá.

En Cervantes é onde se concentra a maioría das lendas dos Ancares . Neste municipio, segundo conta a tradición, e na localidade de Vilarello da Igrexa, puido ter a súa orixe Miguel de Cervantes Saavedra, autor do insigne "Don Quixote". Cervantes é un topónimo de raíz "cer" , que significa "terra de cervos". A súa etimoloxía vinculado cun posible culto a este animal, está incluída ademais no seu escudo. 

Aquí , neste concello, atópase o Castelo de Doiras, que ten a súa propia lenda...


A DONIÑA CERVA 


Castelo de DoirasNo castelo de Doiras (Concello de Cervantes) moraba un cabaleiro de nome Froiaz, con dous fillos: Egas e Aldara. 

O fillo doutro señor dun castelo veciño namorouse de Aldara. O seu amor foi correspondido e, parecéndolle ben ós seus pais, o casamento anunciouse. 

Un serán Aldara desapareceu do castelo. Pai e irmán, criados e escudeiros, mesmo o seu namorado acompañado das súas xentes, foron na súa busca por montes e bosques, por pallozas e casaríos... despois dalgúns días de buscas infructuosas, deron por definitiva a perda de Aldara, maxinando que sería morta por algún xabaril, algún oso, ou devorada polos lobos...

Un día Egas, estando de cazaría, albiscou unha fermosa cerva branca. Dun disparo único e certeiro rematou coa vida do animal, pero non se decatara de que era imposible levala ata o castelo polo seu peso excesivo (ou, se cadra, porque a neve dificultaba o transporte), así que cortou a pata dianteira Bosque de Cervantesda cerva (para sinalar que o animal lle pertencía, ou para poder mostrar un trofeo que dera conta da súa fazaña).

E cando foi amosarlle o seu pai a pata da cerva , contándolle o seu éxito atinxindo, arrepiados, viron como, no seu lugar o que Egas sacou da bolsa foi unha man; unha man fina, branca, suave; unha man de doncela fidalga. E nun dos dedos daquela man relucía un fermoso anel de ouro cunha pedra roiba. Pai e fillo lembraron que aquel era o anel da malfadada Aldara...

Con ánimo dorido correron monte arriba, para o lugar onde Egas dera morte á cerva. Alí atoparon, tendido no chan, o cadáver de Aldara, á quen lle faltaba unha man...

Segundo o que di a lenda algún mouro debeu encantala en figura de cerva, e a morte encargouse de volvela ó seu estado natural de doncela. Máis endexamais puido saberse a razón.

 

 

Mónica Beatriz Suárez Groba

Bibliografía consultada: "breviario enciclopédico", eladio rodríguez gónzalez

 

 

VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ