Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Lendas galegas : as covas do rei Cintoulo

As Covas do Rei Cintoulo,  sitas no Monte da Farrapa, en Argomoso, (Mondoñedo) teñen unha Escudo de Mondoñedolonxitude explorada de 5 km. No seu interior encóntranse estalactitas, estalagmitas e outros tipos de formacións naturais que lle dan ó interior un carácter misterioso e máxico. 

A primeira exploración arqueolóxica efectuouna o Club de Montañeiros Celtas en 1954, ben que o mindoniense Xosé Villamil y Castro xa publicara un plano da galería principal no ano 1873. Daquela acháranse na cova varios fósiles humanos e algúns obxectos coma un puñal de ferro da cultura céltica. 
Está situada a seis quilómetros da cidade de Mondoñedo. Sobre ela opinaron moitos historiadores, falaron novelistas e poetas... 

Segundo Murguía, polo nome que leva e polas tradicións das que está rodeada é merecente dunha detida e minuciosa exploración e que o nome "Cintolo" puidese responder "a una más lejana tradición al presente olvidada, y que se refería a un buen genio guardador de la cueva, que como rey otorgaba mercedes y merecía por la generosidad de que le creía dotado, el nombre de Cintolo...". Nunha lápida atopada neses lugares, pódese ler o nome de "Ancetolo", que, pola transposición dunha letra, pode converterse en "Acentolo", que feminizado, por se tratar dunha cova resultou "A centola" ou "A centoia". Esta última é a denominación dunha vila que existiu no século IX preto de Mondoñedo, e que se cita nun privilexio concedido por Afonso III á igrexa luguesa, segundo o Padre Risco. 

Sexa como for, o certo é que a misteriosa cova do rei Cintolo ou Cintoulo foi mal estudiada na segunda metade do século XIX, e os obxectos nela atopados desapareceron e nin sequera foron reseñados.

Máis esta cova posúe tamén fabulosas lendas de damas enfeitizadas, dragóns e tesouros escondidos... 

Hai dúas lendas que fan referencia a estas covas:

* A primeira conta que na cova hai unha moza encantada que se peitea con peites de ouro ó tempo que se contempla nun espello de prata. Quen desencante a moza casará con ela e posuirá moitas riquezas. Pero hai un problema: a cova está custodiada por unha enorme serpe ou dragón que devora a quen intente desface-lo encanto. A pesar de tódolos impedimentos, dous irmáns decidiron intentalo, pero despois de entrar na cova non se soubo máis deles.

* A segunda lenda conta que na Antigüidade no lugar onde hoxe está Mondoñedo había outra cidade: Bría.

MondoñedoReinaba o rei Cintolo, que tiña o seu castelo onde hoxe está a cova. Nel vivía tamén a súa fermosa filla, pretendida por moitos mozos. 

Certo día chegou o conde Hollvrudet, do que se namorou, pero pouco despois apareceu un vello (Tuba de Oretón) que viña decidiu casar coa princesa, e de non aceptar, derrubaría o castelo. O conde decidiu enfrontarse a Tuba, e xusto cando lle cravaba a espada, soou un trono que derrubou a cidade e o castelo. Cando o conde recobrou o coñecemento, no lugar só había unha cova. 

E a tradición popular afirma que a princesa Xila, está a esperar ó mozo que se atreva a entrar na cova para ceibala do meigallo que a ten presa alí dentro.

 

 

Mónica Beatriz Suárez Groba

Bibliografía consultada: "breviario enciclopédico", eladio rodríguez gónzalez

 

 

VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ