Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A lenda do bispo Santo e as Invasións Viquingas

EscudoNa Idade Media , Bizancio, Xermania e o Reino de Galicia eran os principais imperios de Europa. Os escandinavos atraídos pola riqueza do reino organizaron numerosas expedicións militares o entón chamado "País de Santiago".

A primeira invasión viquinga a Galicia produciuse durante o reinado de Ramiro no século IX, e a esta seguíronlle unha segunda e terceira invasións, ata a cuarta e derradeira que se produciu no ano 1038. Estes ataques eran levados a cabo principalmente tropas procedentes de Noruega, Dinamarca e das Illas Orkney e son mencionados por textos históricos galegos, escandinavos, árabes e casteláns. 

Hai unha lenda baseada nun feito histórico que pervive na tradición oral da Britonia: O milagre do Bispo Gonzalo, que liberou a Galicia do perigo dunha desas cruentas invasións viquingas...

O MILAGRE DO BISPO GONZALO

No tempo das últimas invasións viquingas ó Reino de Galicia, unha grande flota normanda intentou Capela do Bispo Santopenetrar nas terras bretoñesas aló polo século XI, a penas un século despois de teren os viquingos destruída a capital do Bispado de Britonia. Trasladada polo Rei Afonso III a nova capital dende a arrasada Bretoña ata Mondoñedo, era neste tempo Bispo de Britonia o ancián Gonzalo, home moi respectado, querido e con sona de Santo. 

A alerta de que fora avistada a flota normanda chegou axiña a Mondoñedo, onde, perante o perigo inminente e dada a carencia de defensas necesarias para repeler tal ataque masivo, os veciños pedían homes e armas. Mais o bispo non dispoñía deles e só contaban con sachos para loitar contra os invasores. Entón, decidiu que o mellor sería pedir axuda a Deus .

O Bispo Gonzalo decidiu evacuar a cidade e refuxiarse nas montañas na espera de reforzos.

Comezou a marcha cara ó interior, axuntándose ó numeroso grupo os habitantes de poboacións veciñas que tamén optaron por se refuxiar dun futuro incerto en mans dos viquingos. 

AsceFozndendo ó Alto da Grela, os refuxiados empezaron a ver no Cantábrico a inmensa flota normanda que se achegaba rapidamente ás costas de Britonia. Así, o bispo, portando unha cruz, dirixiuse cara ó mar, seguido da xente da vila. Nun momento piadoso, Gonzalo parou o paso e dispúxose a pregar polas almas dos seus, sendo imitado polos seus fregueses. 

Ó pouco de comezar o Bispo Santo as súas oracións, o ceo empezou a se encarrapuchar, soprando o vento e levantando temporal no mar. O bo Gonzalo mantíñase pregando en tanto os abraiados fregueses ollaban como o temporal aumentaba de tal xeito que a flota viquinga empezaba a amosar dificultades para entrar na ría. De cando en vez albiscábanse os barcos e o bispo axeonllábase e pedía pola liberación das terras

As violentas ondas e o vento empezaron a afundir naves viquingas, que non podían chegar á terra nin escapar ó mar aberto. Con cada pregaria afundíanse uns cantos barcos, ata que xa non quedou ningún no mar.

O Bispo Santo logo abriu os ollos e, diante dos seus atónitos fregueses exclamou: 
- "Pidámoslle a Deus que nos permita sermos sempre libres e poidamos levar por toda a terra da Galiza esta ditosa nova!". 

Desde entón, celébrase na capela do Bispo Santo do Alto da Grela unha moi popular romaría, en recordo e lembranza do milagre de Gonzalo. 

Outramente, no Museo da Catedral de Mondoñedo de Foz exhíbense o sartego, o báculo e o anel do Bispo bretoñés, e na Fonte da Zapata a tradición atribúelle outra milagre a San Gonzalo, xa que ese manantial brotou a pedido do bispo Santo.}

Mónica Beatriz Suárez Groba

Bibliografía consultada:   "Las leyendas tradicionales gallegas", Leandro Carré Alvarellos; "breviario enciclopédico", eladio rodríguez gónzalez

 

VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ