Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A simboloxía da terra: Lar ou Lareira

O lar é o centro da casa e esta significa familia, descendencia, propiedade, residencia, economía, ideoloxía e símbolo do pequeno mundo que xira arredor do lar. A casa é esencialmente autárquica e resulta unha unidade de producción e de consumo. Está rodeada dun patio pechado ó exterior por un muro. No patio viven os animais domésticos, como o can, o gato, as galiñas, os porcos e as vacas. Nel gárdanse tamén os apeiros de labranza: o carro, o arado, os xugos, os sachos… e outros máis modernos, como o tractor ou a segadora.

O patio é un espacio intermedio entre o espacio interior, representado na casa, e o exterior, representado no camiño. Para chegar á casa hai que atravesa-lo patio e os cans e as galiñas anuncian a visita. Desde o patio accédese tamén ó pallar -palleiro- e á horta, que forman parte do espacio interior, da casa.

A horta é dominio das mulleres, que cultivan legumes. Nela entérranse os animais mortos e quéimase o lixo, é un espacio reservado á xente da casa, representa o aspecto oculto do mundo. Arredor dos muros da horta crece o loureiro, que aparta as tormentas e protexe a casa.

O pallar -palleiro ou palleira - úsase para garda-la herba seca e a leña de queimar. Dormen nel os cans e xogan os nenos cando chove. Este núcleo espacial divídese nun interior, onde viven as persoas e osLareira animais, e outro exterior, formado polo pallar, a horta e o patio ou curral, que rodean a casa.

A cociña era a parte central da casa e o lar, a alma da cociña, pois nel prendíase o lume, corazón e punto de encontro da familia.

A cociña económica ou de ferro e a de butano substituíron á lareira , que se conserva en casas vellas non habitadas permanentemente, para afuma-los chourizos e os xamóns, ou para cociñar certas comidas típicas como filloas.

A noite dun velorio queda aceso o lume da lareira, para quentarse os vivos e tamén as ánimas , que acoden no frío inverno, por iso se botaban anacos de pan ó lume para que se alimentasen. Na cea de Noiteboa deixábanse alimentos sobre a mesa para que as ánimas ceasen mellor e mesmo se poñía un servicio de máis e deixábase un asento libre por se chegaban.

A cociña é un lugar pechado, non se poden tirar fóra as varreduras procedentes dela, a cinza fertiliza a horta -lugar pechado-, onde vai parar tamén a auga do vertedoiro. Os restos da comida destínanse ós porcos e ós cans, animais domésticos e pertencentes ó mundo interior.

O lar é o lugar de encontro dos dous aspectos do mundo, representados polos habitantes do mundo visible e os do oculto.

 

 

 

Mónica Beatriz Suárez Groba

Bibliografía consultada: "galicia 2001: etnografía espiritual", Xunta de Galicia.