Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Valentín Lamas Carvajal

Día das Letras Galegas 1972

Valentín Lamas CarvajalValentín Lamas Carbajal naceu na parroquia da Santísima Trindade, da cidade de Ourense, o 1 de novembro de 1849, e faleceu na mesma cidade a 4 de setembro de 1906. .Moi novo quedou orfo de pai. Os primeiros estudios cursounos en Ourense e tamén o bacharelato. Acudiu a Santiago para cursar Medicina na Universidade. Quizais foi entón cando empezaron os síntomas da enfermidade que acabaría por deixalo cego.No ano 1874, comezou a escribir en galego.


Lamas Carvajal é coñecido polo seu labor xornalístico, poético e narrativo. Como xornalista colabora no semanario "EL HERALDO GALLEGO", do que tamén seria director e propietario, pero acadaría popularidade con "O TIO MARCOS DA PORTELA", publicación integramente en galego -a primeira que houbo en Galicia- que aparecía dúas veces ó mes.


Escribiu obras en prosa: "GALLEGADA: Tradiciós, costumes e contos da terriña" (1887)  e "O CATECISMO DO LABREGO" (1889), narración de linguaxe popular, que foi a máis coñecida e de grande sona nas clases populares. Este libro, escrito á maneira do catecismo da doutrina cristiá, e segundo o seu propio autor "ten o sabor e o color da nosa terriña". Nel descríbense tódalas inxustizas dos campesiños galegos e os seus sufrimentos, cunha crítica anticaciquil. Vendíase xunto có periódico "O tío Marcos da Portela" e foi un dous libros escritos en galego máis vendidos de tódolos tempos.

"O TÍO MARCOS DA PORTELA"

Aínda que a primeira publicación periódica escrita  enteiramente en galego foi  O vello do pico sacro no ano 1860, o auténtico primeiro periódico en galego, obra colectiva de diversas persoas, baixo a inspiración de Lamas Carvajal, foi “O Tío Marcos da Portela”, un dos máis atractivos do periodismo ourensán e incluso do galego en xeral.

Pódese distinguir tres épocas na existencia deste periódico: as dúas primeiras épocas están próximas entre si: de 1876 a 1880 e 1883 a 1889.  Hai un intento de resurrección en 1897 pero a terceira sácase 30 anos despois (1917 a 1919) como portavoz en Ourense das Irmandades da Fala, mantendo o espírito do fundador.Cada aparición levaba o título de “Parrafeo” (equivalente a número) e o primeiro viu a luz o 7 de febreiro de 1876.

Do contido deste periódico pódese dicir que o mesmo estaba dirixido a un público popular, especialmente ó campesiñado. A súa cabeceira xa reflicte este populismo: “O Tío Marcos” aparecía como un campesiño enxebre, con monteira, chaleco, polainas e faixa. O estilo do “Tío Marcos” pretende reflectir o espírito dos “parrafeos” entre os campesiños galegos. Pouco sabemos da súa difusión, pero parece que se distribuía naqueles lugares onde se concentraba o seu público natural: nas feiras e mercados.
Algunhas referencias do periódico permiten supoñer que as subscricións chegaban tanto de toda Galicia coma doutros puntos de España e da Habana. A finais do seu primeiro ano, a súa difusión estaba cerca dos 4000 exemplares.

 “O Tío Marcos” contaba con seccións fixas, entre as que estaban “Efemérides”, que achegaba as informacións de Galicia, e “Casos e Cousas”, en prosa ou en verso, que comentaba, en clave irónica e crítica, acontecementos políticos da semana, fustrigando os caciques locais. Publicaba, ademais, abundantes traballos en prosa e en verso dun amplo grupo de colaboradores.-

A publicación de Lamas trata os temas cotiáns dos campesiños galegos. A queixa contra os impostos revela a importancia das novas cargas fiscais que impuxo o Estado liberal. As críticas máis abundantes son de tipo anticaciquil, contra os políticos en activo.Temas habituais son tamén a crítica á emigración, a fame e a miseria.Outra das claves do periódico é a defensa da lingua galega e o orgullo de utilizala, así como un certo ton anticentralista.

 “O Tío Marcos” integra o máis selecto da intelectualidade ourensá e galega da época. Encontramos como colaboradores desde figuras como Curros, Pondal, Eladio Rodríguez González e moitos outros.