Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

VALENTIN LAMAS CARVAJAL

Catecismo do labrego

DECRARACIÓN DA DOUTRINA LABREGA" (do CATECISMO DO LABREGO, Valentín Lamas Carvajal , Ourense, 1889 )


Valentín Lamas CarvajalP.- ¿Sodes labrego?
R.- Sí, pola miña disgracia.

P .-Ese nome de labrego, ¿de quén o recibiche?
R.- Do sacho que me fai callos nas maus, da terra que rego co sudor da miña testa, das mouras fames que paso, do aire que brúa nas miñas faltriqueiras, da monteira que levo na chola, da coroza de palla que me libra da chuvia, das cirigolas de estopa que me cobren de medio corpo abaixo, e doutras cativeces entre as que vivo aguniando.

P.- ¿Qué quere decir labrego?
R.- Home acabadiño de traballos, caste de besta de carga na que tanguen a rabear os que gobernan, ser a quen fan pagar cédula como as persoas pra tratalo como aos cás, que leva faltriqueira no traxe por fantesía, boca na cara por bulra, que anda de arrastro como as cobras, que fura na terra como as toupeiras, que traballa moito e come pouco, que á somellanza dos burros de arrieiro que levan o viño e beben a auga, precuran o trigo pra comer o millo, que anda langraneando por unha peseta sin poder nunca xuntala, e que ven ser considerado polos seus somenllantes como un ninguén que a todo chamar chámanlle Xan Paisano.

P.- ¿Qué entendes por home de labranza?
R.- Unha caste de boi posto de pé, unha máquina de sacar cartiños da terra.

P.- ¿Cál é a sinal do labrego?
R.- A probeza.

P.- ¿Por qué?
R.- Porque nela vivimos e morremos.

R.- ¿De cántas maneiras usa o labrego deste sinal?
R.- De duas.

P.- ¿Cáles son?
R.- Aúnar ao traspaso e andar á miñoca.

P.- ¿Qué cousa é aúnar ao traspaso?
R.- Unha cousa moi condanada que fai debecer as carnes, abrir a boca, ronronar as tripas e inflar o estómago de aire.

P.- ¿Qué cousa é andar á miñoca?
R.- Deitarse con apetencia i erguerse con fame; sentir antoxos de comer pan e de beber viño, e non facer máis que comer o xenio e beber os ventos.

P.- Mostrade cómo.
R.- Meto por equivoco as maus nas faltriqueiras e somente alcontro aire...; collo o saco do grau pra ir, ao muíño e non collo máis que lenzo; vou á casa dos que tenen a pedir un peso emprestado e si non me dan coa porta nos fuciños, despáchanme con palabras de moito peso, pro non co peso que eu cobizo; vai o recaudador pra que lle pague os trabucos e non hacho máis que disculpas que lle dar.

P.- ¿Por qué metedes as maus nas faltriqueiras?
R.- Por non perder o costume que herdamos dos nosos pais que viviron máis acomodados.

P.- ¿Por qué as levades á boca?
R.- Enganándonos, coidando que son pan pra ver si deste xeito enganamos ó estómago.

P.- ¿Por qué as levades ao sacho?
R.- Porque en todo tempo e lugar os nosos gobernantes nos piden as pagas dos trabucos e os señoríos as rendas.

P.- ¿Cáles son os vosos nemigos?
R.- Cóntanse por centos.

P.- ¿Qué nemigos son eses?
R.- A maiores do mundo, do demo e da carne como teñen todalas xentes, temos un fato deles: nove ministros en Madrid, o Delegado da Facenda na provincia, o Adeministrador sa Subalterna no partido, o Alcalde, os concellais e o Segredario no Concello, o cacique da parroquia, o veciño de porta con porta, a miseria na casa, os pedriscos nos eidos, a fillosera nos viñedos, o recaudador metido na cabeza, os trabucos e a contribución territorial na cana dos ósos, a de consumos entalada nas gorxas, a creencia de que nos hemos millorar de sorte no esprito, as falcatrúas da curia enterradas hastra o redaño. etc., etc., etc.

P.- ¿E o traballo ten virtude contra eles?
R.- Non padre, nin ésta.

P.- ¿E por qué non?
R.- Porque non hai cartos que lle cheguen nin o traballo rende pra contentalos"