Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Isaac Díaz Pardo

Isaac Díaz PardoIsaac Díaz Pardo morreu o 5 de xaneiro do 2012 aos 91 anos de idade no Hospital San Rafael na cidade da Coruña.

Isaac Díaz Pardo, nado en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920 e morto na Coruña o 5 de xaneiro de 2012, foi un intelectual galeguista promotor da cultura de Galicia.

Foi artista, empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos. Asóciase a súa figura con Sargadelos.

A súa veta artística víñalle do seu pai Camilo Díaz Baliño, pintor e escenógrafo, e na súa casa paterna había xuntanzas relacionadas coas Irmandades da Fala, pai que foi asasinado cos primeiros movementos da Guerra civil española, o que fixo que Isaac Díaz Pardo tivera unha posición política innegociable ao longo de toda a súa vida.

Cerámicas do CastroEn 1948 lánzase ao proxecto de dinamización sociopolítica e empresarial, e a modernización e internalización da cultura galega. É o nexo da Galicia milenaria coa Galicia moderna de hoxe.

En Arxentina, en 1955, coñeceu os galeguistas exiliados. Alí montou unha nova fábrica de cerámica e entablou amizade con Luís Seoane e a revista Galicia Emigrante, en que participaría co pseudónimo Ollarnovo.

E apaixoado e incansabel: funda a fábrica de Cerámicas do Castro, e na Arxentina xunto con outros galeguistas como Luís Seoane o Laboratorio de Formas, precursor de Cerámica de Sargadelos, o Museo Carlos Maside, o Instituto Galego de Información, a editorial Edicións do Castro, o Seminario de Estudos Galegos, etc.

Como escritor de ensaio e crítica, destacan Xente do meu Rueiro, O ángulo de pedra, Cerámica de Sargadelos - CastelaoGalicia Hoy (xunto con Luis Seoane), Paco Pixiñas (con Celso Emilio Ferreiro), El Marqués de Sargadelos ou Castelao, ademais de artigos en xornais como La Voz de Galicia.

Cerámica de Sargadelos - Bruxa