Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Inés de Castro: raíña despois de morta

O nome e recordo desta fermosa galega, cruelmente sacrificada por unha falsa "razón de Estado", sobrevive no espírito e poesía de Occidente cun prestixio tráxico e triste. 

Inés de CastroInés de Castro, naceu  probablemente, en Monforte, provincia de Lugo no ano 1325. Era filla bastarda dun dos máis grandes cabaleiros de España, Pedro Fernández de Castro, alta figura luminosa e leal no sombrío século XIV e de Aldonza Soares de Valladares, portuguesa. 

Pasou a Portugal en 1340 no séquito da princesa dona Constanza de Castela, quen era a súa prima e estaba desposada con Don Pedro, herdeiro da coroa lusitana. O infante Pedro prendeuse da fermosa galega. Constanza morreu ó dar á luz ó seu fillo, Fernando, que moitos anos despois sucedería na coroa a seu pai Pedro.

Os amores con Inés ocorrían nos "saudosos campos de Mondego" (Coimbra).

Pero o ensoño idílico non podía durar. O rei pai, Afonso IV, obedeceu o rumor da voz pública e dos cortesáns que vían no futuro poder da galega un perigo para a independencia do reino. 

Por instigación de Afonso IV, o Consello de Estado decretou a súa morte e tres fidalgos portugueses realizárona o día 7 de xaneiros de 1355, nun xardín preto do convento de Santa Clara de Coimbra. 

Túmulo de Inés de Castro Anos despois, ascendido ó trono, don Pedro, en 1367, mandou desenterra-lo seu cadáver que, posto ó seu carón, foi saudado e honrado como de viva raíña polo clero, nobreza e pobo. 

Hai moitos xeitos de "reinar despois de morrer"; o de dona Inés, triunfo histórico da saudade, é dunha fermosura á tráxica ó exaltar a dignidade do corpo podrecido e á alma liberada. 

Na actualidade, Dona Inés e máis don Pedro xacen na gran igrexa de Alcobaça (Portugal).

 

 

Mónica Beatriz Suárez Groba

bibliografía consultada: "historia de galicia", ramón villares.

 

 

VOLTAR A MULLERES GALEGAS