Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A importancia do aire na cultura galega

Un elemento importante para os galegos é o aire. Pódese ser alento, cando vén de dentro, aire de casa e aire de fóra. O aire contén forzas misteriosas e influencias daniñas; non ten forma concreta. Os remuíños de aire son máxicos e sempre perigosos. Evítase exporse a correntes de aire.A importancia do aire na cultura galega

Unhas veces os aires malignos son una especie de exhalación de determinadas persoas: aire de morto, de excomungado ou de certos animais: aire de sapo, de toupa ou de píntega. Non son aires propiamente, senón influencia maléfica que se transmite por el. Confúndense coas sombras, de persoas ou animais, que asombran.Outras veces confúndense coas correntes naturais de aire, que rompen e derruban cousas. Certas correntes naturais de aire poden seca-las terras, os froitos, deixar á xente sen ánimo ou producir certas enfermidades: catarro, lumbago, parálise…

Aire de dentro

Para os antigos habitantes de Galicia, os cabalos eran fillos do vento e dunha egua, fecundada por aquel. Para os indoeuropeos, o cabalo era o vehículo da alma, que levaba as almas dos mortos ó recinto das sombras; pero era tamén fonte de vida, como Pegaso, e atraía á terra a luz que anima e vivifica tódolos seres e tódalas cousas.Esta relación vento-cabalo e cabalo-alma confírmano-la relación vento-alma-outro mundo. As casas antigas da Galicia oriental tiñan poucas ventás e, ademais, reducidas. Sen nega-las razóns climáticas, quizais foron feitas coa intención e protexe-lo aire de dentro contra o aire de fóra. O primeiro está habitado pola xente da casa e polas almas dos antepasados; o de fóra, por outros seres que poden ser perigosos.

O alento é a vida, no momento da morte dunha persoa debían cubrirse os espellos da casa para que o alento non quedase pegado e o defunto non vagase para sempre.

O respecto polos aforcados explícase por ser un morto cos espíritos dentro, xa que o alento non puido saír do seu corpo.

As máscaras do entroido golpeaban con vexigas de porco inchadas ás mulleres casadas sen descendencia, quizais porque o aire é fecundante.

Aire de fóra

Os malos espíritos e as bruxas habitan no aire de fóra, están no aire os nubeiros ou seres que producen e controlan a chuvia, hai que pechar ventás e ata tapa-los buratos das pechaduras.

As persoas -vivas ou mortas- poden botar malos aires. Os nenos poden colle-lo aire dun defunto se entran no cuarto do cadáver ou lles "toca" a sombra da caixa o día do enterro.

Os animais tamén poden bota-lo aire: é perigoso o aire de sapo, da serpe cando voa cara a un río ou das femias en celo de certas especies. Os aires son os espíritos perigosos que habitan o aire exterior

 

 

Mónica Beatriz Suárez Groba

Bibliografía consultada: "galicia 2001: etnografía espiritual", Xunta de Galicia.