Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A linguaxe, un doente en recuperación

Recibimos críticas, retos e ofensas sobre o xeito de escribir, en xeral de xente covarde que se escuda nun alcume dos “e-mails”.

(A ver si galeguizan “e-mail”, falemos a nosa lingua, non esquezamos que a linguaxe é o que nos diferencia dos animais. ¿De que vos rides? )

Uns din que temos que escribir todo en galego (rematando de deixar fóra a quen quere retomar a fala), outros din que temos que usar o normativo, outros que para ser galegos temos que falar portugués, etc. A resposta é: despois de cinco centos anos berran; póñanse de acordo e recén despois zúrrannos.

A nosa posición é a do pobo, o home de mar, os labregos, os vellos teñan “gheada” ou non.

Este é un fragmento de un artigo de www.culturagalega.org que nos mostra o estado da disputa hoxe:

AS POSTURAS EN CONFLICTO

Nunha síntese extrema diferenciamos, na actualidade, tres correntes básicas. Unha primeira, autonomista, que considera o galego un idioma independente. Outra, reintegracionista, que o considera integrado nun diasistema con tres estándares (galego, portugués, brasileiro). E unha terceira que o xulga un dialecto asilvestrado, sen outra posibilidade de escrita culta có padrón portugués (exclusivismo lusista).

Autonomismo.- Distinguimos nel dúas tendencias:  

Oficialismo.- (En Galicia, en galego). Non é mester ser sociolingüista experto para decatarse de que os galegos e as galegas que aceptan como válida e xustificada a normativa elaborada polo ILG e a RAG constitúen a inmensa maioría (académica e extracadémica) da poboación.

Reintegracionismo de mínimos.- (Na Galiza, en galego). Tamén coñecido como normativa de concordia, vía media ou terceira vía. A súa distancia verdadeira con respecto á ortodoxia oficialista foi sempre máis extralingüística ca estrictamente ortográfica.

Reintegracionismo.- (Na Galiza, em galego). Continuador do autodenominado reintegracionismo de máximos, postula unha maior aproximación ó portugués (uso de g e j, lh e nh; sufixo –çom...). Perdeu forza nos últimos anos polo avance do exclusivismo lusista e a mellor aceptación acadada polos “mínimos”.

Exclusivismo lusista.- (Na Galiza, em português) Improvisamos esta etiqueta para designar ós que defenden como único estándar posible para Galicia o portugués, que debe ser adoptado polos galegos de forma plena e sen reservas.

  AUTONOMISMO REINTEGRACIONISMO EXCLUSIVISMO LUSISTA Oficialismo Reintegracionismo de mínimos

Concepto de lingua

galego, idioma nacional Galego, (co)dialecto do idioma galego-português português padrão, idioma único da lusofonia

Ortografía

Grafemas alleo, mañá, praza, luces, haber, xente, xaneiro, paseo, unha alheio,manhá, praça, luzes, haver, gente, janeiro, passeio, umha alheio, manhã, praça, luzes, haver, gente, janeiro, passeio, uma Acentos cambio cámbio cámbio Câmbio Guión pódese facer pode-se facer pode-se fazer pode-se fazer Morfoloxía Sufixos e terminacións amable, amábel

librería

nación

espacio amábel

libraria

nazón

espazo amável

livraria

naçom

espaço amável

livraria

nação

espaço

Poñer mañá o manha persoalmente dáme o mesmo, o que non quero é escribir “mañana”.

Gústame mais amábel, libraría, nazón e espazo que amable, librería, nación e espacio. Aceptaría livraria e naçom quizais, aínda que naçao sóname completamente rara.

Acentuar as palabras graves non me parece lóxico.

Toda linguaxe ten unha sintonía e o galego é grave (o francés é agudo por exemplo. o ruso é máis esdrúxulo) Acentuar as palabras graves paréceme redundante e entorpece a velocidade de escritura.

O tema do guión agrega un carácter máis, aínda que parece máis enxebre.

O acento circunflexo de “câmbio” paréceme estraño tamén.

O tema da “j” (en janeiro) confúndeme. Fuximos aterrorizados de escribila, e reemplazámola pola “x” ¿e os máis radicais a poñen coma máis enxebre, como se entende?  

Resurrección 

Por mais agonizante que estea un, mentres lata o corazón e estea a coidado da boa xente hai esperanza.

E é o que aconteceu coa fala galega que quedou latente no seu pobo cinco centos anos (nos seus aldeáns labregos e mariñeiros e nos fogares da xente da cibdade e algúns iluminados coma os pais Sarmiento e Feixoo).

"Cantares galegos" foi o desencadéante da resurrección e por iso a data do Día das Letras Galegas e sen embargo en termos históricos o doente está aínda en perigo de morte pero con sinais de mellora (unha é xa o 60 por cento da fala en Santiago).

Importancia  

En ningún outro pobo que coñeza están tan ligadas a fala e a soberanía, e que o Día das Letras Galegas sexa instituído como a data máis importante despois do Día de Santiago o referenda.

Os límites políticos, a liña nos mapas, cambia sempre ( ollen a Europa senón, ¿quén non quedou cos mapas vellos?) aínda que a cultura dun pobo trasciende eses límites. Hai moitos estratos, uns reais e outros virtuais como xa o vía Castelao ( unha Federación Española dentro dunha Confederación Europea ).

A Patria Celta por exemplo subsiste aínda acurralada e espallada na periferia do Mar Celta. Escocia, Bretaña, Gales, Irlanda, Gallizia, a insua de Man son un substrato no chan arqueolóxico coas súas falas (gaélico, galego, bretón, galés), a gaita, o deseños celtas, os megalitos e os seus costumes.

A civilización humana quizais chegue a unha madurez na que se institúan eses substratos sen ter que cambiar imbecilmente tamén, os límites políticos nos mapas unha e outra vez.

Os centros culturais dubido que teñan a conciencia plena da misión que teñen coma non a tiña o pobo galego levando a súa linguaxe, a mesma que hoxe se ergue triunfante coma ave fénix.  

Historia

Cincocentos anos de prohibición máis, unha lenda negra contra Galiza e máis o desertor do arado e todos os que non quixeron traballar senón ser caciques e señoritos falaron o "fino" castelán coma hoxe se fala inglés.

Chegamos entón agora á esta autonomía rosada e empezou a disputa de quen fala o verdadeiro galego.

Vou dar miña sinxela opinión, unha máis de un home coa súa mente "feita en castelán" fillo do maior "exilio galego" (a emigración), que estou disposto a trocala se alguén me da razóns e non a actitude fascista de "é como eu digo" porque o que pensaba así acaba de morrer e xa están botándolle a estatua abaixo. ¡Ese e o destino dos iñorantes que non nos entenden non!

 O técnico 

A árbore moitas veces non nos deixa ver a carballeira. O técnico non nos deixa ollar o político. Si é "Galiza" ou "Galicia" non e tan importante porque ámbalas dúas son variantes dun nome posto polos romanos. Ou sexa que non nos importa que uns dos imperialistas nos poñan o nome aínda que imos insultarnos e darnos de hostias por como c.... se escribe. Ninguén propón Breogantia por exemplo. Eu vin nun mesmo mapa moi antigo os dous xeitos ao mesmo tempo, no mesmo mapa, escribidas así: "Galliza" e "Gallicia"; se fora por isto teríamos que estar discutindo pola "ll" máis que polo resto. Chamémonos Gallaecia, Galicia, Galiza, Galliza, Gallicia o nazón de Breogán que máis da; Estados Unidos de América non ten nome porque estados unidos es un sistema federal (hai pouco Brasil chamábase Estados Unidos do Brazil, tamén eran estados unidos de América posto que non estaban en Europa) e América o nome mal posto dun continente, e sen embargo son os novos romanos e temos que soportalos.

 Propiedade, validez e fascismo 

Hai una fala galega distinta en cada aldea, en cada casa; e a fala é do pobo, porque o pobo, eses vellos, eses labregos e mariñeiros que os intelectuais desprezan, elles son os que tiveron a sagrada misión da custodia da nosa lingua e os que aínda teñen no seu poder o testamento coa sinatura que da a realidade que como din Aristóteles e a única verdade.

Como ben dixo Creus Andrade fixéronnos crer que a "gheada" era un erro de xente ignorante e era ni mais nin menos que a idiosincrasia dese pobo como é o inglés americano, por exemplo, e o dixeron os mesmos que escriben Hespaña sen hache. 

A magnanimidade ó fascismo

Que non veñan agora os novos señoritos curtos de vista co aires fascistas a dicirnos como c..... temos que falar ou escribir, nin dunha beirarrúa nin doutra. Debatámolo se queren; acordáranse hai cinto centos anos; o que quedou do galego es dos galegos, e dicir do pobo e sé os seus fillos tiveron que emigrar polo centralismo, o caciquismo e os señoritos cómplices e termináronlle de cortar a lingua fora de Galiza, e queren recuperala, sexamos magnánimos e tolerantes e non fascistas, teñamos un galego oficial pra os comunicados oficiais coma moi ben está feito pola Real Academia Galega, (que pola outra banda fixera falta que funcionara no Hostal dos Reis católicos coma un símbolo) e tamén todos os galegos de seu que fagan falta pra que ninguén quede fóra. Poñamos o carrinho ou carriño en movemento que os melóns acomódanse só e non paos na roda.

Non veñamos agora coa peregrina idea, porque hai un intre temos fala oficial, con que Castelao escribe mal cando pon "cibdade", o pola outra banda que temos que volver ata o latín porque calquera evolución da lingua e inválida.

Galicia non foi recoñecida porque non querían recoñecer que onde hai un pobo hai un país.(Por eso Castelao falaba dunha Hespaña federal dentro da Unión Europea, outra federación).

E o mesmo, onde hai unha fala hai un dereito. ¿Cometeremos o mesmo erro que fixeron con nós? Os que queren acercarse á linguaxe atópanse con estes fascistas, todos donos da verdade, contradicíndose entre si, uns dándoche coa vara nas mas e dicindo "va con ñ", outros, "va con nh" o aínda peor, din: "se non falas galego non es galego". Esta xente pon en risco o doente.

Foron 500.000 os emigrantes galegos a Bos Aires ( varios estadios de futbol cheos) e nas clases de galego moitas veces non se completan os xogadores.

Xente que naceu en Galicia avergonzada porque a corrixen ¿con que dereito?

Que me corrixan a min que foi feito en castelán ata o pido, aínda que cando os galegos non reverencian a seus vellos sinto que estamos facendo o mesmo que fixeron con nós.

Globalización contra cultura 

Nesta beira deixaría que se teñan en conta os escritos de Castelao, o galego máis intelixente que coñecín ( despois quizais de Alexandre Bóveda), un iluminado, un xenio, un prodixio porque cada palabra non está posta por casualidade.

Hai unha novela arxentina chamada “Shunko” de Jorge Ábalos onde se castelaniza ós indíxenas quechuas e o mestre remata dándose conta da transculturización que está facendo, esta facendo ao mundo máis probe culturalmente que e o mesmo que face hoxe a globalización. A variedade e riqueza a homoxeneidade e un recurso económico, o camiño doado aínda que probe.

Eu tamén pensaba que eran pobos atrasados ata que me din conta que fixeron a mesmo con nós e que é nada máis que forza bruta histórica, non intelixencia.

A historia a escriben os gañadores, isto é, os delincuentes, isto é Caín e non Abel. Nesto tamén Castealo tiña unha visión adiantada un século sobre todos nós.

A mutabilidade 

A linguaxe é viva e troca sempre. O castelán do Mio Cid non e o mesmo que o de Su Majestad e a proba son as continuas variantes que introduce a Real Academia Española. Imaxino o que pasa logo de séculos. Por iso non hai que ter medo en validar algúns cambios que o noso pobo aceptou. As linguas romances veñen do latín sen referendar o imperio romano. Nos temos algunha influencia, a que decidan os técnicos, do castelán como o castelán ten do árabe, por exemplo.

A linguaxe e primeiro un medio de comunicación, o que fai a cultura de un pobo, e despois un estándar técnico coas súas normas.

No “Martín Fierro”, a obra capital da literatura arxentina, falase nunha linguaxe dos gauchos e sen embargo enténdese e non coñezo ningunha traducción ao "arxentino" ó castelán, porque presuponse escribido en castelán. Os gauchos falaban un castelán enxebre e natural propio da Arxentina rural coma nas aldeas fálase o galego enxebre; non veñamos corrixir a natureza, organicémo-la.

O galego que se fala nesta páxina é pois moi de seu, sen regras. Ás veces dicimos "cibdade" coma a escribía Castelao en "Cousas", poñemos A Coruña, A Corunha, Cruña, etc.; ten unha política que é a de aproximar xente con algunhas seccións bilingües, incluíndo e non excluíndo, preferindo verbas enxebres aínda que o menos lonxe posibel da normativa e case nunca corrixindo a ninguén.

O que non imos poñer nunca e o "Niño de la guía" como ben fíxonos notar Creus Andrade de como “castelanizaron barbaramente as toponimias galegas” (neste caso Niño da Aguia, "Nido del águila" ).

Creo que todos sentimos o mesmo. roubáronos e queremos o que tiñamos tal cal. Deste sentimento nace o "anticastelanismo" que moitas veces nos fai ser máis papistas que o mesmo Papa, e buscamos as verbas máis distintas posíbeis ao tal castelán, aínda que chegando ao patolóxico.

Unha federación hispano-portuguesa

A corrente lusófona (a máis radical) creo que parte desta base: se "Gallaecia" dividiuse en Galicia e Portugal, e Galicia foi castelanizada e Portugal non, entón o verdadeiro galego é o portugués.

(Nótese que Galicia conservaría o nome do país e Portugal o seu idioma)

Aínda que creo que é máis unha postura política, e como a política é a arte do posíbel non vexo coma os galegos trocaran a súa fala, que xa consideran súa, diferente do castelán, polo portugués.

Creo que os galegos validan algúns cambios coma naturais na transformación da linguaxe e é a maioría da opinión, soamente discutindo algúns por detalles. Volver a cortar a lingua dos galegos pra poñer a portuguesa é moi difícil se non xa imposibel. Quedarnos co que temos, diferente o castelán, calma o noso odio contra eles, e é doado de aceptar. As linguaxes diferentes non impiden unha federación con Portugal como quería Castelao.

Tampouco podo pois, no persoal, liarme do todo co retorno o un suposto galaico-portugués (que eu chamaría "galaecio" xa que Portugal non existía) porque entón os castelán deberían dicir "facer" coma en castelán antigo. A linguaxe é viva e ten unha soa dirección. Aínda que recoñezo coma máis sabrosas as verbas polo suposto máis enxebres, ou sexa máis distantes do castelán. E aínda radica o problema que quero que primeiro resolvan os técnicos revisando documentos antigos: canto hai de suposto e canto de certo na validez destas verbas;

cando a linguaxe transformouse validamente e cando foi imposto.

Na lista de Fillos sorprendeume gratamente como dende o galego podía entender o portugués de Marcia, unha colisteira brasileira.

Coma todo na vida esta rexido pola economía quero explicar algo: as pronunciacións foron moderándose cos tempos ata que chegamos as “normativas” (en tódolos idiomas), esto é o establecemento dun estándar. Por iso por exemplo a palabra castelán “actitud” co tempo podería trocarse en “atitud” buscando sempre a forma mais doada. As verbas entón pasaron por unha creba de séculos.

Coñecer isto permítenos aceptar os cambios e facer un estudio retrospectivo.

O futuro, o máis importante 

O capital (polo político e non polo técnico) na conxuntura pra min é facerse demagóxicos coma contrapartida polos istos cinco centos anos que nos cortaron a lingua; isto é, non trocar a fala nunha confraría excluínte se non todo o contrario. O primeiro e facer que os fillos, os netos e tódolos que máis se poida falen calquera galego e despois, coa base social da fala ben estendida, co doente recuperado, entón facelo traballar polo seu perfeccionamento ou estándar.

O bo de algo completamente destruído é que o fai de novo coma ti queiras. É unha oportunidade única.

E o bo de chegar tarde e que a cea está xa servida e podemos aproveitar o mundo da informática para pasar da idade media ó terceiro milenio sen escalas e internet une esta Galicia espallada polo mundo.

E aproveitaría de non cometer os mesmos erros que os outros (outra vantaxe de que non nos deixaran xogar ata agora). Por exemplo tomo o meu diccionario castelán  e ao ollalo atopo ao azar, tasugo: “nombre vulgar del tejón” o tataré:”árbol paraguayo de madera recia” na mesma páxina que “taxativo” aínda que non ten a palabra “hipertexto” que é o xeito que está feita internet.

Eu faría unha recolleita de cada palabra escribida de que teña noticia e pola outra banda de cada pronunciación e faría unha xigantesca base de datos posta a garda da Real Academia Galega e a disposición de todo o mundo na rede.

Cada palabra tería unha ficha coa súa orixe, etimoloxía, significado, pronunciación, lugar do seu uso, grado de uso, se é actual o un arcaísmo, clasificación (esto é importante para que o tataré, a árbore paraguaia, non tape o “taxativo” na mesma páxina), grado de importancia, un arquivo audiovisual, a súa rexionalización, seu transformación ao paso dos séculos, a súa historia, etc.

E rescataría a gheada como un xeito de aldea igual que o dicir dos andaluces, o a pronunciación do inglés americano.

A búsqueda electrónica nesta base de datos é precisa, segmentada, áxil e práctica. Os diccionarios en papel teñen pra min o mesmo destino que as máquinas de escribir.

Remate 

Chegamos a un cruceiro. Podemos tomar o camiño de copiar a este mundo de imperialistas fracasados (parafraseando a Castelao) ou ser nós mesmos.

Para subirnos na soberbia chegamos tarde, para seguir sendo humildes temos toda a vida.

Eles son os donos de este “mondo cheo de inxustizas, mentiras, traizóns e canta outra calamidade ocórrasenos” (parafraseando a Ramón Suárez). En vez de ser competitivos entre nós fagamos coma facían os nosos avós cando alguén tiña que construír unha corte e corrían todos a axudar.

Non perdamos o máis grande que temos, o noso corazón, o que eles perderon.

Non desperdiciemos o mellor que temos, a nosa alma, non a malvendamos, sexamos os vagalumes na noite.

Somos os oleiros dun futuro cheo de formas marabillosas, teñamos as mans de Castelao nesa arxila, deixemos ós nosos fillos o que deixounos o noso prócer: unha Patria.