Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Breve historia da pesca en Galicia

Galicia garda co mar unha verdadeira relación de osmose, porque este penetra a terra polas mil rías e Barcos de pesca no portoenseadas en que se quebra a nosa dilatada costa, posúe unha antiga e fonda tradición mariñeira, reflectida en multitude de manifestacións materiais e espirituais.

A explotación do mar en Galicia comezou pola simple recolleita nas praias de marisco ou pola pesca dende a costa. O seguinte paso sería introducirse nunha embarcación e penetrar nas rías ou fóra delas.Isto significou o desenvolvemento de embarcacións axeitadas para a navegación nas nosas costas e a satisfacción das necesidades dos mariñeiros.

A captura do froitos do mar para a alimentación data de moi antigo en Galicia: existen vestixios do aproveitamento directo dos recursos no mundo dos primeiros poboadores, logo viría o mundo castrexo e os romanos, que serían os primeiros en darlle sona. Así iría pasando o tempo e construíndose a historia ata os tempos modernos.

Na prehistoria todo parece indicar que a costa galega estaría poboada por simples recolledores de moluscos nas rochas e na area durante a baixamar.

Na época da cultura castrexa é cando aparecen os primeiros sinais evidentes de actividade pesqueira e marisqueira. O achado de pesos de rede, anzois de bronce e ferro e os característicos concheiros son os principais indicios.

Nos tempos da dominación romana os productos mariños galegos eran moi apreciados en Roma, o que indica a existencia dunha actividade pesqueira que cubría non só o consumo interior, senón que existía un excedente que ía cara á metrópole, ben como intercambio comercial ben como pago de impostos. É probable cós romanos foron os que puxeron en explotación as primeiras técnicas de construcción de salinas, e das que derivaría o nome de 'Terra do Salnés'. Tamén implicaría o emprego dunha serie de aparellos productivos para a obtención de cantidades importantes de peixe.

Na Idade media, co crecente poder da Igrexa, a pesca colle un forte pulo, sobre todo, porque o peixe non rompía coa Coresma, sendo preciso fornecer deste producto ós pobos e mosteiros do interior do país. Atópase a primeira cita documental, nos textos desa época... "no ano 886, o rei Afonso III lle doa á Igrexa de Santiago as salinas e viveiros do Salnés, confiscados ó conde Hermenexildo Pérez".

peixeIníciase o comercio masivo, tanto con Castela coma con outros pobos europeos e do Mediterráneo, aparecendo as primeiras comunidades e gremios de mariñeiros e pescadores con forte importancia social e económica. Créanse as ordenanzas sobre os prezos e regulamento do mercado en Compostela do ano 1133, onde se fixan os prezos de peixes e mariscos, entre outros productos.

Quizais sexa no século XVI cando a actividade pesqueira acada un dos puntos máis altos do seu desenvolvemento pola pesca de baleas e a exportación de peixe salgado, curado e en escabeche a Castela, Portugal, países do Mediterráneo e á Europa atlántica. En Pontevedra xorde o gremio de mareantes. Xorden outras actividades como a recolección de argazo para fertilizante das terras ou a extracción do sal. Todo isto redunda na consolidación da actividade pesqueira e mariñeira. Aparece a dorna.(embarcación característica das Rías Baixas). 

Máis no séc. XVII principia a decadencia: os desastres navais (sobre todo o da Armada Invencible), a perda de hexemonía de Castela e a longa guerra con Portugal afectará gravemente ós pescadores: os pobos mariñeiros sómense na miseria que os leva á alternancia coa agricultura. Por todos lados se debían de ver esqueletos de barcos varados que verdeaban de algas ó sol na baixamar.

Unha das grandes revolucións para a pesca galega foi a chegada dos fomentadores cataláns. A súa presencia trastorna a producción pesqueira, a estructura de actividades e os sistemas de elaboración e conservación do peixe coa introducción dunha nova tecnoloxía máis productiva e rendible cá tradicional, á que asestará un golpe mortal.

Aumenta notablemente a demanda de peixe, o que provoca a necesidade de incrementa-la producción nas artes e embarcacións: aparece a xávega, arte de arrastre que captura moito máis peixe e en menos tempo có tradicional cerco real.

A industria tradicional queda desprazada polos productos manufacturados que os propios cataláns traen do seu país. Só uns cantos ilustrados, encabezados por Cornide ou polo Pai Sarmiento, se enfrontan a ese xeito de destrucción dos costumes tradicionais de producción e organización económica.

En 1841 en Oza (A Coruña) aparece a primeira fábrica de conservas. A partir de 1880 prodúcese unha grande expansión das conserveiras. Co gallo da apertura dos camiños de ferro entre A Coruña e Madrid, no ano 1883, e entre Vigo e Madrid, no 1885, orixínase o grande auxe e desenvolvemento da pesca galega. Aparecen, en 1886, os primeiros barcos movidos a vapor, que permitían un menor esforzo, unha maior autonomía e capacidade de movemento e unha maior forza de arrastre.

nasasNo primeiro tercio do século XX comeza unha etapa de prosperidade que xirará ó redor do nacente sector de conservas de peixe e da demanda en fresco dende diversos puntos do interior peninsular, cómpre dicir ca apertura das liñas dos camiños de ferro xoga un papel importante. A flota de arrastre galega cobra un gran pulo lanzándose ás pesqueiras en todo o mundo: Canarias, Portugal, Escocia ou Terranova.

Na actualidade, o sector pesqueiro está formado por un subsector artesanal e costeiro (moitas embarcacións, pero envellecidas) e unha flota de altura (grandes embarcacións para os caladoiros internacionais).

 

 

Mónica Beatriz Suárez Groba

Bibliografía consultada: "Historia de galicia", ramón villares

 

VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ