Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

O Reino de Galicia e o Marechal Pero Pardo de Cela

"O Marechal Pero Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneyra" (o bretoñés defensor da soberanía do Reino de Galicia) naceu en Castro d’Ouro. Era fillo dunha das máis nobres linaxes do Reino de Galicia, os Señores de Cela e de Violante de Aguiar. Intimo amigo dos Condes de Monterrei e de Lemos, casou con Dona Isabel de Castro, filla da Condesa Beatriz e de Don Pedro de Osorio, vencellándose así cos poderosos Condes de Lemos e con outras importantes linaxes do Reino de Galicia.

MondoñedoEn 1464, Pero Pardo é xa encomendeiro do bispado de Mondoñedo (xa fora o seu pai Juan Núñez Pardo) e alcalde de Viveiro polo Rei, cargo que lle será confirmado o ano seguinte, por parte de Enrique IV, ó pasar a vila á Coroa. Os seus ingresos compleméntanse coas alcabalas dunha grande parte do bispado de Mondoñedo.

O Reino de Galicia encontrábase daquela nunha situación política delicada tras sufrir dúas Guerras Civís Irmandiñas e máis a secesión do sur do Reino, o recente Portugal.

Asasinado con veneno o rei Henrique IV, estoupou a guerra sucesoria entre galegos e casteláns, declarando estes raiña , a Doña Isabel La Católica, en tanto que Galicia defendía o lexítimo trono da filla de Henrique IV, Dona Xohana "A Beltranexa" , e o seu esposo, o rei Afonso de Portugal. Reorganizado o poder político de Castela, os "Reyes Católicos" emprenden a anexión do Reino de Galicia asasinando as principais familias nobres galegas.

O Marechal Pero Pardo de Cela, descendente de Don Fadrique o irmanasco do rei Pedro I, declárase fiel á soberanía do Reino de Galicia e rebelde á submisión ó Reino de Castela.

Así, os Reyes casteláns enviaron outro exército a Galicia para derrotar a Pardo de Cela, a mando de Mudarra. Este contixente eliminou toda a última resistencia que encontrou ó seu paso. O cronista dos Reyes Católicos dicía "que ya parecía crueldad, y era entonces necesaria; y por eso se hacían muchas carnecerias de hombres".

A loita entre galegos e casteláns mantívose durante 3 longos anos nas terras de Britonia. Pardo de Cela fíxose forte na Provincia de Mondoñedo. No resto do Reino de Galicia, a nobreza galega asasinada empezaba a ser substituída pola nobreza castelá e os Reyes Catolicos dictaban as primeiras medidas da "Doma y Castración del Reyno de Galicia". Certamente, co tempo a integración plena de Galicia no novo Estado entraña a centralización, a dependencia e a marxinación , do idioma galego en primeiro lugar.

Tras reiterados fracasos militares Mudarra contactou con vasalos do Marechal dubidosos do resultado final da guerra, ós que lles ofreceu un grande tesouro e o perdón pola súa rebeldía.

Os desleais vasalos abriron logo as portas do castelo de "A Frouxeira" ós casteláns aproveitando a estancia de Pardo de Cela no castelo de Castro d’Ouro, onde o Marechal estaba a visitar ó leal Señor Pero de Miranda.

De volta á Frouxeira o 7 decembro 1483, o exército de Mudarra prendeu por sorpresa no salón do castelo ó Marechal e o seu fillo e máis a Don Pero de Miranda, levándoos a Mondoñedo para execución pública exemplar.

Catedral de Mondoñedo

O Marechal Pero Pardo de Cela foi condenado a execución pública, logo de ser prendido o 7 decembro 1483 tras 3 anos de belixerancia militar contra os Reyes Católicos, en Mondoñedo, que daquela era a rebelde capital de provincia do Reino de Galicia.

Foi apresado xunto ó seu fillo e ó nobre e leal Señor Pero de Miranda. As tropas de Isabel A Católica tomaron a fortaleza da Frouxeira (morada de Pardo de Cela) debido á traizón dos seus servos.

          

        FOTO: Catedral de Mondoñedo



A Ponte do PasatempoPonte do pasatempo, Mondoñedo, Lugo

Dona Isabel de Castro, a muller do Marechal, marchou de seguido a unha audiencia coa súa parente a castelá Reina Isabel na cidade de Valladolid, para obter un indulto condicional para os tres nobres galegos que estaban condenados a morte. A raíña castelá concede o perdón e Isabel de Castro marcha cara a Mondoñedo.

Cando estaba a chegar á cidade , e moi pouco antes da execución do Marechal , logo de dez días de viaxe ininterrompida, Dona Isabel foi recibida na entrada da cidade polos homes do Bispo de Mondoñedo, Fadrique de Guzmán. O bispo era un home ambicioso dunha mellor carreira político-eclesiástica baixo o reinado dos Reyes Católicos e  que ademais sentía un odio terrible por Pardo de Cela debido a que O Marechal nunca acatara as ordes do seu poder, e non lle deu algúns bens que el quixera. Entón, o bispo traidor fixo entreter a Isabel de Castro precisamente, na ponte da entrada da cidade... Por iso  a esa ponte déuselle o nome de "Ponte de Pasatempo", aínda que tamén é coñecida co nome da “ponte dos Ruzos”.

Mentres Isabel era distraída na ponte ,e así evitar que chegase a tempo de impedi-lo veredicto dos Reyes Católicos, na praza de Mondoñedo disponse todo para a execución.


A execución do Marechal

Era o día 17 de decembro de 1483... Diante dunha multitude que esperaba o indulto para o seu Señor, de quen fora o ultimo defensor da soberanía do Reino de Galicia, e mentres Isabel pasaba a ponte, a cabeza de Pardo de Cela, caía no chan e tras rebotar tres veces quedou á porta da catedral.
O verdugo tivo tanta présa en cortar a cabeza que non lle deu tempo a remata-lo Credo, polo que ó tempo que rebotaba, a cabeza dixo por tres veces:
 
- CREDO!, CREDO!, CREDO!  
 
O corpo de Pero Pardo de Cela e do seu fillo foron feitos desaparecer para evita-la veneración dos heroes galegos, e o castelo da Frouxeira foi destruído.  Mais a  filla do Marechal, Constanza de Castro, quen tamén loitou pola soberanía do Reino de Galicia desde o castelo de Caldaloba, repousa hoxe no Convento de San Francisco de Viveiro, onde foi enterrada. 
 
Segundo di a "Carta Executoria", tal foi a indignación que causou en Galicia a traizón a Pardo de Cela que os desleais e máis os seus descendentes foron declaralos inhábiles para testemuñas en calquera información. 
 
Tralo 17 decembro 1483 caeron en mans do Reino de Castela outros nobres galegos leais á soberanía de Galicia, moitos deles vasalos do Marechal, ata terminar co sitio de Ponferrada, a última cidade galega en resisti-los exércitos dos Reyes Católicos.  Aquela data marca o comezo da decadencia e depresión do Reino de Galicia, a perda da súa soberanía como nación próspera, comercial e influinte en Europa, e inicio dunha persistente colonización económica, emigración e censura cultural. 
 
Actualmente consérvanse os principais restos históricos destes sucesos: as ruínas do Castelo de A Frouxeira e a Ponte do Pasatempo. No Museo Provincial de Lugo exhíbense as cadeas que suxeitaron os pes de Pardo de Cela na prisión antes da súa execución.

 

Ler máis: O Lamento da Frouxeira

 

 

Mónica B. Suárez Groba

Bibliografía consultada:  "Historia de Galicia", de Ramón Villares.