Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A muralla romana de Lugo

A Muralla de Lugo é moi posterior ó nacemento da cidade romana de Lucus Augusti. Mentres a cidade fundouse no ano 14 antes de Cristo, a Muralla non se ergueu deica finais do século III, cando Roma comezou senti-la ameaza bárbara.

A muralla de LugoFoi construída entre os anos 260 e 310 da nosa era. A data do seu remate é un enigma, pero crese que se ergueu nun só proxecto, aínda que non se sabe os anos que durou este proceso. Pénsase cas últimas pedras debéronse colocar durante o final do imperio de Constantino (337 d.C.) aínda que moitos expertos non descartan un momento posterior, dentro do século IV d.C. 

É a única de Europa que conserva enteiro o seu perímetro de máis de 2000 metros. A súa altura oscila entre os 8 e 12 metros; contaba primitivamente con 85 cubos, dos que se conservan na actualidade máis de 70. O seu trazado encerra a parte antiga da cidade, á que se accede a través de dez portas, das que só catro son de orixe romana. As outras fóronse abrindo a medida que o desenvolvemento urbano da cidade as foi precisando.

Aínda que resta moito que avanzar no seu coñecemento, a Muralla semella ter sido integrada nun auténtico complexo defensivo, formado por foso, muralla e intervallum probablemente, realización que esixiría un importante despregue de medios humanos e económicos. É de supor que a ruptura da fronteira renana polos bárbaros causaría tanto medo na poboación que probablemente a administración romana procedeu a realizar unha rede de fortificacións no noroeste peninsular, comprendendo os núcleos urbanos de Lugo, Astorga, León, Xixón e Braga.

Lucus Augusti ocupaba unha situación estratéxica, cun un papel moi importante nas comunicacións, relacións comerciais e organización administrativa do Noroeste hispánico e tamén era a capital máis achegada ó Fisterra romano, o último bastión das fortificacións romanas. 

Vista superior da muralla de LugoA construcción da Muralla supuxo un cambio enorme para a florecente Lucus Augusti. Aínda hoxe descoñécese por qué a Muralla deixou no seu exterior barrios poboados (como a zona de Recatelo) e en cambio fortificou áreas de cultivo e despoboadas. Está documentado que o núcleo urbano de Lucus Augusti era menor antes de construírse a Muralla que despois, contrariamente ó que sucedeu no resto de cidades romanas, que se reduciron ó fortificarse. Esta contradicción, "medrar malia deixar fóra unha parte de si mesma", non é a única incógnita.

Topograficamente é tamén difícil explicar o seu trazado: está asentada sobre un terreo irregular, en descenso cara o sur, onde ficaron zonas abertas en pendente cara a propia Muralla, algo pouco recomendable para as súas funcións defensivas. 

Estes elementos semellan denotar que a razón que leva á súa erección non é a estrictamente defensiva, aínda cando sería a principal, senón que contería moito de prestixio á vista do alarde que despregaron os encargados de erguela, que dispuxeron unha torre por cubo e no macizo de cada cubo embutiron unha escaleira, todas enfuscadas e case que todas de tipo imperial, o que constitúe un exemplo único neste tipo de acceso. Muralla romana da cidade de Lugo

O día 30 de novembro de 2000, a muralla romana de Lugo foi declarada pola UNESCO , Patrimonio da Humanidade. 

A Muralla de Lugo cumpre os criterios para ser declarada coma "Ben integrante do Patrimonio da Humanidade" , porque xunta as tres categorías previstas no listado de dito Patrimonio: é un monumento, un conxunto e un lugar de interese arqueolóxico.

 

 

Mónica Beatriz Suárez Groba

Bibliografía consultada: "A Muralla de Lugo, Patrimonio da Humanidade", Concello de Lugo, 2001.

"Conociendo a Galicia", Xosé María Manteiga.

 

 

VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ