Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

María Pita, unha muller á defensa da cidade da Coruña

"Chamábase María Maior Fernández da Cámara e Pita... Esta muller inmortalizada a través dos séculos é coñecida polo seu nome abreviado, María Pita e foi quen personificou o valor heroico e abriu unha páxina gloriosa na historia da cidade da Coruña, cando no ano 1589, o famoso ex corsario e máis tarde almirante Drake coa armada inglesa tentou invadir estas costas...

Non se sabe exactamente o ano do seu nacemento, pero foi probablemente entre os anos 1562 e 1568 en Sigrás. Estivo casada catro veces e tivo catro fillos, dous deles seguiron a carreira militar.

María PitaO día 4 de maio, a escuadra inglesa chegou á Coruña , e iniciou o seu ataque na Pescadería o día 5. A superioridade das forzas atacantes era moi grande, e chegaron a abrir unha fenda na muralla pola que tentaron penetrar na Cidade Vella.

Un alférez inglés, cunha bandeira na súa man, logrou subir por esa fenda aberta ata a parte máis alta do muro, animando á súa escuadra a seguilo.María Pita tivo a fortuna de matar a ese abandeirado inglés, non se sabe se dunha lanzada ou cun arcabuz. 

Este feito alentou ós defensores, acovardando ós atacantes que desa maneira emprenderon a retirada, deixando numerosos mortos na muralla e nas inmediacións.María Pita, unha vez que o invasor se retirara, dedicouse a recolle-los cadáveres e a auxiliar ós feridos.

Despois da morte do seu cuarto home solicitou axuda a quen daquela era o rei, Felipe II. Foille concedida unha moi boa pensión (que equivalía ó soldo de Alférez máis unha pensión extraordinaria de cinco escudos mensuais, e a que despois foi elevada a dez).Tamén se lle concedeu permiso de exportación de mulas de España a Portugal e ficou liberada da obriga de aloxar á tropa na súa casa. Morreu no ano 1643.

Pero non só hai que destaca-lo desempeño de María Pita se non que tamén a importante participación das mulleres coruñesas e ata dos nenos na defensa da cidade.

Cómpre resalta-lo nome anónimo doutra valente e gran muller coruñesa que interveu nesa batalla. O seu nome non foi coñecido ata atoparse nun documento moitos anos despois e que na actualidade está no Arquivo Xeral do Reino de Galicia... Chamábase Inés de Ben , viúva de Sebastián Fernández , e foi ferida por dúas balas inglesas na defensa que ela fixo cando sitiaron e entraron na Pescadería de A Coruña. 

Segundo testemuños de varias persoas e tamén a certificación do cirurxián que a atendeu na cura dos seus feridas (Diego de Salazar) Inés solicitou ó rei Felipe II unha axuda para atender á súa subsistencia e á dos seus fillos que tivera no seu matrimonio mais non se sabe se ela obtivo tal beneficio. O que se sabe é que catro anos despois da súa tráxica intervención na defensa da cidade da Coruña , ostentaba aínda unha cicatriz na fronte e case cega , percorría as rúas da cidade pedindo de porta en porta un anaco de pan para a súa boca famenta e para os seus fillos orfos. Esta pobre muller, compañeira de armas de María Pita, perdeu seu esposo na contenda heroica e arriscou a súa propia vida pola honra da súa patria como se fose un home na defensa da muralla levando pedras e terra para reedifica-las partes destruídas. 

Inés de Ben estivo a perde-la vida mais foi menos afortunada que María Pita quen pasou a ser unha figura emblemática da cidade.

Mónica Beatriz Suárez Groba

- Bibliografía consultada:    "historia de galicia", Ramón Villares.

VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ