Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A literatura galega na Idade Media

Durante a Idade Media, dende finais do século XII ata mediados do século XIV, en Galicia cultivouse unha poesía lírica de raíz popular... esta foi a época do florecemento da lírica medieval galega...Cantigas de Santa María

No século VIII a lingua falada  xa era moi distante da utilizada na igrexa e na administración. Por iso pódese pensar en dous sistemas diferentes: o latín e o galego. O latín, como lingua literaria e relixiosa mantívose sen alteracións e continuaba a ser vehículo da liturxia, da literatura e dos actos xurídicos e administrativos, aínda que xa resultaba incomprensible para o pobo en xeral. Este bilingüismo cultural mantívose en Galicia ata o século XII, cando aparecen os primeiros textos escritos integramente en galego.

Galicia constituía dende o século VIII unha unidade política cos reinos de Asturias e León; mais a pesar desta dependencia, o poder do que gozaban a nobreza, a igrexa e os mosteiros galegos, así como a importancia que acada Santiago como centro relixioso e cultural permiten o desenvolvemento do galego sen máis competencia có latín para certos usos escritos. A presión deste monolingüísmo oral o no século XIII levou a unha situación de cooficialidade entre o galego e o latín nos documentos notariais, bandos, preitos...

Nesta época floreceu con esplendor a literatura galega medieval.

A lírica e a prosa medieval

A finais do século XII o galego convértese na lingua por excelencia da lírica en case toda a Península. Cómpre falar de lírica "galego-portuguesa", posto que ata mediados do século XIV as dúas linguas tiñan un tronco común.

O galego soaba en boca de trobadores e segreis en tódalas cortes reais e señoriais (Santiago, Toledo, Coimbra, Lisboa)  e moitos foron os  poetas fóra de Galicia (casteláns, occitanos, sicilianos, etc.) , os que  o adoptaban como lingua poética.

Hai máis de dúas mil cantigas atopadas e  conservadas en tres cancioneiros:

 

-- O Cancioneiro da Ajuda e o Cancioneiro da Biblioteca Nacional, (que están en Lisboa) 

-- O Cancioneiro da Vaticana (que está no Vaticano).

 

Tamén hai unha serie de pergamiños; un deles é o chamado Pergamiño Vindel, que se atopa nos Estados Unidos, e é onde están as sete cantigas de Martín Codax, seis delas con música. Este pergamiño foi vendido en 1921 en Londres e logo  non se soubo nada en 56 anos, ata que no ano 1977 apareceu na Fundación Morgan de Nova York. Hoxe, xente da literatura pide á Xunta que se xestione a súa recuperación. 

Estas obras poden dividirse en relixiosas ou profanas.

-- Ás relixiosas pertencen as Cantigas de Santa María do rei Afonso X, o Sabio, e que se dividen en dúas partes: unha dedicada ós "Miragres da Virxe" e outra á  loanzas que fai de María. Desta colección de 427 textos, consérvanse 4 exemplares con letra e música; dous deles son preciosos códices con ilustracións de páxina enteira, o que os converte en auténticas xoias para seren vistas e non só oídas. 

-- As cantigas profanas poden ser:

* Cantigas de amigo: son poemas postos en labios dunha muller namorada, que se lamenta dos enganos do amigo (amado).

* Cantigas de amor:  o protagonista é un home namorado que sofre coita de amor; moitas veces é un amor segredo que incluso a muller descoñece.

* Cantigas de escarnio e maldicir: son poemas de carácter satírico, parodias burlescas que teñen por obxecto ridiculizar a persoas, costumes ou institucións. 

 

Martín CódaxOs trobadores medievais deixáronos un legado pequeno pero valioso, suficiente para ter unha mostra do que era este xénero literario, o sobre todo para achegarnos á lírica medieval galega, tan importante na nosa  historia. 

En total son once cantigas: sete de Martín Codax, tres de Johan de Cangas e unha de Meendinho. A eles foi dedicado o Día das Letras Galegas do ano 1998.

En comparanza coa lírica, a prosa literaria medieval en galego é escasa e tardía. Cómpre ter en conta que os centros culturais da época eran os mosteiros e escolas monacais, nos que imperaba o uso do latín eclesiástico. Aínda así, a partir de finais do XIII, e máis especialmente  nos séculos XIV-XV, os temas de maior difusión na Europa medieval recóllense en lingua galega. Mostra disto son os relatos do ciclo bretón en torno á figura do rei Artur; os textos referentes á historia e destrucción de Troia, como a "Historia Troiana e a Crónica Troiana"; e os "Miragres de Santiago", conxunto de relatos que contan desde a destrucción de Xerusalén ata a milagrosa intervención do Apóstolo en diferentes situacións. Nesta época inclúense algúns textos dentro da producción de prosa galega que son traduccións doutras linguas con elaboración propia como ser : Crónica Xeral Galega, "Crónica Galega de 1404", etc. 

 

 

MÓNICA B. SUÁREZ GROBA

 

VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ