Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

GALLAECIA: A GALICIA ROMANA


Mapa antigo de GaliciaOs romanos practicaron un modo peculiar de dominación sobre os territorios que foron conquistando. Na maioría dos casos, como ocorreu en Galicia, non se limitaron a controlar militarmente o territorio, senón que abriron un proceso de progresiva asimilación cultural. A romanización canalizouse a través da lingua latina, a relixión imperial e as formas artísticas, a presencia militar ou o trazado da rede viaria. 

Durante o período flavio (a fins do s. I), Galicia viviu a fase máis intensa desa romanización. A presencia romana en Galicia coñécese a través dos testemuños arqueolóxicos e das fontes literarias. A conquista do territorio galego englóbase dentro do proceso de culminación da ocupación da Península Ibérica. Os romanos sentíronse desde un principio especialmente atraídos polas riquezas mineiras que escondía (segundo tódolos rumores) o noroeste peninsular. 

Nunha primeira fase lanzaron as súas campañas militares desde Lusitania: no 137 a. C. "Décimo Xuño Bruto", a quen despois alcumaron "O Galaico", alcanzaría o Miño. Posteriormente Craso, Perpena e o propio Xulio César (61-60 a. C.), quen chegou por vía marítima ata Brigantium (A Coruña), protagonizarían novas expedicións militares.

Nun segundo momento xa, as campañas partiron do territorio cántabro-astur, sendo o propio Augusto quen culminou a anexión de Gallaecia,entre os anos 29 e 19 a. C.

Trala conquista, as terras do noroeste integráronse na provincia de Lusitania e, a seguir, na denominada Hispania Citerior. Non foi ata o Baixo Imperio, con Diocleciano (a finais do s. III), e dentro da reestructuración xeral do Imperio, cando aquelas adquiriron o rango de provincia e asumiron a denominación de Gallaecia.

 

Rede viaria e urbana

O emperador Augusto fundou as tres cidades que constituirían o eixe fundamental da Gallaecia romana, converténdose, ó mesmo tempo, en capitais dos seus respectivos conventus iuridici: Lucus Augusti (Lugo), Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga). 

Tempo despois a produciuse a eclosión urbana do territorio, coas fundacións de Aquae Flaviae(Chaves), Iria Flavia(Padrón), Flavium Brigantium(A Coruña) ou Flavia Lambriaca (Betanzos). 
Muralla de Lugo

MURALLA ROMANA DE LUGO


Comezou tamén un proceso de modificación no tipo de hábitat. É o momento no que comeza o abandono dos castros e se inicia a ocupación das terras chás. A partir do Baixo Imperio pódense rastrexar con toda claridade os asentamentos rurais típicos do mundo romano: as villae, ou explotacións agrícolas.

A conformación dunha rede viaria foi fundamental para a romanización . A partir das calzadas desenvolvéronse os principais núcleos de poboación, establecéronse os lazos económicos, etc. Calzada romana en Ourense

Calzada romana na provincia de Ourense

En Galicia son coñecidos dous campamentos militares romanos: o de Cidadela, en Sobrado dos Monxes (A Coruña), e o de Aquis Querquennis, en Baños de Bande (Ourense).

Os romanos chegaran a Galicia atraídos polas riquezas mineiras. Puxéronse en funcionamento importantes minas que rendían altísimos beneficios ó Imperio. Os romanos lucráronse, sobre todo, de xacimientos de estaño, prata e ouro. Para iso practicáronse diferentes métodos de explotación: aproveitamento das areas auríferas dos ríos (Montefurado-Sil), minas a ceo aberto (O Courel) ou o sistema de ruína montium, baseado en fura-las montañas e lava-los residuos (Médulas de León).

Os galaicos mantiveron a súa gandería e a súa rudimentaria agricultura hortícola, que por entón experimentou unha transformación intensa, introducindo novos cultivos e técnicas.

Cos romanos chegaría a Galicia o cristianismo que se mesturou cos costumes pagáns e tamén a lingua latina que evolucionou cara ó galego que dende o século IX xa estaba moi diferenciada do latín.

MAPA ANTIGO DE GALICIA

 

Bibliografía consultada: "Galicia 2001: Historia de Galicia", Xunta de Galicia.-


www.galiciaespallada.com.ar