Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Breve historia da cidade de Pontevedra

O concello de Pontevedra está situado na provincia do mesmo nome e ten un pouco máis de 75.000 habitantes, nas súas 18 parroquias. 

Escudo de Pontevedra A súa posición no fondo da ría, na desembocadura do río Lérez, defendida polas barreiras areosas dos ataques polo mar, marcaron historicamente a cidade e ós seus poboadores.

Pontevedra posúe unha situación central con respecto ás Rías Baixas. A poucos quilómetros atópase o lago Castiñeiras e o miradoiro de Couto Redondo, as praias do Morrazo e Sanxenxo, o núcleo de Combarro e a Illa da Toxa. 

O río Lérez é o eixo da rede hidrográfica, é un río moi caudaloso que se mestura no seu esteiro coas mareas, sendo este factor o que motivou a creación do porto que deu orixe á cidade.

BREVE HISTORIA DA CIDADE DE PONTEVEDRA

Pontevedra estivo poboada dende o paleolítico inferior. Mostra disto son os machados atopados nas terrazas dos principais cursos fluviais. Anque as orixes de Pontevedra nacen dos castros celtas de Santa María e San Francisco, existe unha lenda de carácter na que fíxose responsable da súa fundación a Teucro, un dos heroes da  Guerra de Troia, que a bautizaría co nome de "Helenes". Mais estudios históricos e arqueolóxicos recentes non detectan restos de presencia humana neste lugar anteriores á súa integración no Imperio Romano.

Cidade de Pontevedra Na época do devandito Imperio, coa absorción da Gallaecia procedeuse á construcción dunha serie de vías de comunicación que a unisen comercialmente co resto da Península. Unha destas calzadas, "a vía XIX" era a que unía os tres principais núcleos administrativos da Gallaecia :  Bracara Augusta (Braga), Lucus Augusti (Lugo) e Asturica (Astorga); esta calzada cruzaba neste punto o río Lérez. 

A construcción dunha ponte e a mansión que se foi levantando ó seu carón e que, todo parece indicar que recibiría o nome de Turoqua, foron elementos decisivos para que se fose conformando un núcleo habitado. Unha columna miliaria dedicada no 137 ó emperador Adriano foi atopada en escavacións arqueolóxicas , confirmando desa maneira o paso da calzada romana polo lugar. No romano Itinerario "Antonino" xa se fai referencia a unha cidade chamada  "Ad Duos Pontes", sita na Vía XX Per Loca Marítima, que unía Braga con Lugo. 

No Reino Galaico-Suevo, San Fructuoso fundou varios mosteiros e conventos na comarca, como os de Poio e Armenteira.

No século XII, baixo o reinado de Fernando II, a cidade aparece por vez primeira baixo o seu nome actual : "Pontem--Veteris", aludindo ás ruínas da vella ponte romana, nun documento do mosteiro de Poio. 

Co paso do tempo, novas pontes cruzan o Lérez reflectindo o crecemento da cidade e das comunicacións, e a partir deste século (XII) os monarcas galegos empezan a conceder privilexios a "Ponte Veteri". (entre eles o Foro de 1169 do Rei Fernando II, a cura de peixe de 1229, ou a licencia de porto de carga e descarga do Reino de Galicia en 1452).

Estes van se-los anos de esplendor de Pontevedra, cuxo porto internacional era frecuentado por barcos bretóns, ingleses, vascos e portugueses, e as mercadorías desembarcadas eran exportadas a Ourense e a Santiago de Compostela. Deste xeito, chegou a se-lo principal porto de Galicia.

Os estaleiros de Pontevedra construían os máis avanzados navíos da época, coma por exemplo a carabela Santa María, barco insignia da expedición á India de Cristovo Colón. Tamén deste século de auxe data a estructura urbanística actual de Pontevedra, así como a maior parte dos edificios públicos conservados.

A Praza da Leña en Pontevedra Pero será nos comezos do século XVI cando Pontevedra acade o máximo esplendor económico e social da historia, que veu propiciado pola posición estratéxica da vila nas rotas atlánticas e pola paz social.

Trala perda de poder político do Reino de Galicia no século XVI, a cidade de Pontevedra viuse sumida nun séculos de decadencia, que se veu agravada pola falta de calado do río Lérez, que obrigou a pechar o daquela pouco activo porto.

En 1833, coa creación das provincias, Pontevedra convértese na capital da provincia do mesmo nome. Gracias tanto ás funcións económicas que se derivaron desta condición como do feito de ser cabeceira de comarca, Pontevedra converteuse nunha cidade administrativa e comercial.

Pontevedra, capital do Camiño Xacobeo Portugués é etapa obrigada nesta transitada ruta e milleiros de peregrinos e na actualidade esta pasando unha nova etapa de crecemento económico e demográfico.

Mónica Beatriz Suárez Groba

Bibliografía consultada:    "conociendo a galicia", xosé maría manteiga.