Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Breve historia da cidade de Lugo

Lugo, a máis antiga capital de Galicia, debe a súa fundación á política expansiva levada a cabo en épocas de Escudo de LugoAugusto, co fin de anexionar ó Imperio Romano o noroeste peninsular.

Así, en nome do devandito Emperador, Paulo Fabio Máximo funda "Lucus Augusti" (nos anos 14-13 antes de Cristo) sobre un campamento militar instalado arredor do ano 25. A cidade sería capital do Convento Xurídico Lucense, e era integrada á Gallaecia norte.

O topónimo "Lucus", do que deriva o Lugo actual, procede do mesmo termo latino, que significa bosque sagrado. Tamén é posible que tivese unha raíz anterior, no nome do deus celta "Lugh", deus da luz, ó que se veneraría por estas terras en tempos prerromanos. 

A noite de Pascua do ano 460 ten lugar un sanguento episodio no que os suevos conseguen facerse co poder da cidade matando ó seu gobernador. Baixo o seu dominio, a cidade xogou un importante papel como centro relixioso, sendo sede de célebres concilios. No ano 585 a dominación sueva deixaría paso á visigoda.

catedral de Lugo A comezos do século VIII a cidade foi asaltada e tomada polas tropas musulmanas encabezadas por Muza, aínda que por pouco tempo, xa que no 740 o monarca asturiano Afonso I ; reconquístaa e encárgalle ó bispo Odoario a súa repoboación.

Nos séculos posteriores a axitación medieval continúa; a cidade sufrirá novos ataques árabes (Almanzor no 997), intentos independentistas fronte á monarquía asturiana, como o encabezado polo conde Oveco, así como loitas comunais contra o poder eclesiástico (Revolta de María Castaña a principios do século XV).

A entrada á idade moderna (baixo o reinado dos Reis Católicos) vén na compaña dunha época de calma, que se romperá no século XIX cos ataques franceses (Guerra da Independencia) e as Guerras Carlistas, sufrindo nesta época a súa muralla grandes danos.

Muralla de Lugo A Muralla é o principal legado romano, pero ademais deste singular elemento a cidade conserva outros restos daquela época: unha pequena ponte sobre o río, aínda en uso; as termas, aínda a medio escavar e situadas no Hotel-Balneario, e un gran mosaico aparecido en 1986 son quizais as pezas máis importantes, ademais dun curioso edificio tardorromano situado a 14 km da capital, posible templo priscilianista.

A Sala "Porta Miñá" alberga unha exposición permanente sobre as orixes de Lugo, composta de fotografías, planos e reproduccións, e en diversos puntos da cidade atópanse expostos restos da antiga "Lucus Augusti".

 

 

Mónica Beatriz Suárez Groba

Bibliografía consultada:    "conociendo a galicia", xosé maría manteiga.