Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

O fusilamento dos mártires de Carral 

O concello de Carral está situado na provincia da CORUÑA e coincide coa conca do río Barcés, que Escudo de Carralnace no termo de Cerceda e métese en Carral formando o fermoso val do Barcia. 

A poboación do municipio é dun pouco máis de 5400 habitantes, e a principal ocupación deste concello é a agrícola e a gandeira; a súa terra é dunha gran fertilidade, apta para todo tipo de cereais, legumes, hortalizas e froitas. Tamén merece nomearse o pan de Carral, caracterizado polo emprego de trigo do país e pola fermentación natural. 

O seu devir histórico estivo especialmente marcado por ser lugar de paso das comunicacións entre A Coruña e Santiago, naqueles lugares onde paraban as carruaxes da época foron xurdindo pequenos núcleos de aprovisionamento, como Carral e Herves. 

Máis no século XIX, un feito histórico moi importante , sucedeu nestas terras, un feito coñecido na historia como "O Fusilamento dos Mártires de Carral"...

CarralO acontecemento máis importante da historia moderna de Carral foi se-lo escenario do triste final do coronel Solís e dos militares que o acompañaron no levantamento contra o presidente Narváez... 

Dito alzamento comezou na cidade de Lugo o día 2 de abril de 1846, cando Miguel Solís e Cuetos, coronel, disolveu o Consello Provincial e a Deputación, proclamando unha Xunta de Goberno de Galicia en contra do Goberno de Isabel II, que estaba presidido por Narváez. Pretendía con iso reivindica-la liberdade rexional de Galicia. 

A batalla decisiva entre Solís, quen fora nomeado capitán xeral pola Xunta Superior de Galicia, e o xeral Concha, que fora enviado desde Madrid para someter ós rebeldes, tivo lugar o día 23 de abril en Cacheiras. A grande superioridade das tropas do goberno central fixo inútil a resistencia. As tropas do xeral Concha entraron en Santiago a saqueo e pillaxe, segundo prometéraselles. 

Aquela mesma tarde, Solís, que se refuxiara en San Martiño Pinario, entregouse... Tres días despois, un xuízo sumarísimo condénao a morte en Carral. Este xuízo non foi celebrado en Santiago ou na Coruña por medo ós simpatizantes do coronel que había nestas cidades. 

Tumbas dos Mártires de CarralÓ serán , o coronel Solís, foi levado ó adro da igrexa de Paleo, onde foi fusilado. O comandante Víctor Velasco e dez oficiais mais foron pasados polas armas na Fraga dó Rin, a medio camiño entre Carral e Paleo, pois xa anoitecía , e foron enterrados no día seguinte no cemiterio de Paleo. Aínda se poden ver as súas tumbas sen inscrición ningunha. O párroco, quen presenciou o fusilamento, na acta de defunción engadiu: "Espectáculo horroroso. Triste Memoria"...

Dez anos despois , un novo goberno nomearía como "beneméritos da Patria" ós doce fusilados. As Cortes concedéronlles a "Cruz de valor e constancia" e decretaron a erección dun monumento, que non se levou a cabo ata o ano 1904, cando, por iniciativa da Liga Galega de A Coruña, erixiuse o actual, que está construído en granito das canteiras de Illó (Pontevedra) e que foi deseñado polo arquitecto lucense Juan Álvarez Mendoza. Pódese ve-lo escudo de Galicia e unha inscrición que di : "Aos mártires dá liberdade mortos ou 26 de abril de 1846. Liga Galega na Cruña". Este monumento , aínda que non se poida considerar en si un cruceiro, reúne motivación e formas de tal e, ademais, a estructura da obra ten forma de cruz.

Segundo Murguía conta, nesa curta primavera de 1846, só aflorou durante 24 días de ilusión e progresismo contra o Goberno de Narváez, que a pesar de dicirse liberal e moderado, tiña na súa contra á mediana e pequena burguesía, a moitos universitarios e bastantes profesionais próximos ó republicanismo.

Mónica Beatriz Suárez Groba

- Bibliografía consultada:    "Historia de Galicia", ramón villares.

 

VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ