Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A carabela Pinta e as noticias dun novo mundo

Escudo de BaionaBaiona (provincia de PONTEVEDRA) foi o primeiro porto de Europa que recibiu a noticia da descuberta de América. 

O 1 de marzo de 1493, a Carabela Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón, atracou nestas augas...


AS CARABELAS

BaionaA información que se ten sobre este tipo de barco é escasa. O seu nome procede do árabe "carabo". Foi importada de oriente polos portugueses, que lle incorporaron a vela latina (triangular). 

A primeiros do século XV soamente Portugal e España utilizaban as carabelas. Os portugueses explotaron ó completo as súas calidades e os españois copiáronlla logo, nacendo así a carabela andaluza que foi evolucionando durante o devandito século. 

Logrouse un casco máis angosto, unha popa bastarda de espello, unha dotación de tolda e tilla (pequenas cubertas a popa e proa sobre a cuberta principal) e substituíuse a vela latina pola redonda ou mixta, feito este último que lle permitía aproveitar ó máximo os ventos e a fixo ser máis manexable e menos vulnerable ós golpes de mar. Ademais lograron que fose máis estable baixando o seu centro de gravidade.

A CARABELA PINTA

Foi construída polos carpinteiros da ribeira de Palos de la Frontera e era propiedade de Cristóbal Quintero e de Gómez Rascón, veciños daquela vila, a quen lles foi incautada. 

O seu nome semella que se debeu a que pertencera anteriormente á familia Pinto, tamén de Palos. A Pinta era a máis veleira das tres naves colombinas e con frecuencia tiña que esperar ás outras dúas durante a histórica viaxe, debido tamén ás dotes do capitán Pinzón. 

MERCADORÍAS QUE TROUXO A PINTA DE AMÉRICA 

 

OURO: Colón e Pinzón chegaron a obsesionarse coa busca de ouro, moi abundante no Novo Mundo. Para os historiadores é imposible facer unha estimación da cantidade traída polas carabelas, pero semella que foi suficiente para doura-los teitos de varios templos, labrar alfaias doutras igrexas e repartilo entre os tripulantes da Pinta e a Niña.

PLANTAS ALIMENTICIAS

MILLO: Era para os indios o único cereal da súa dieta, xa que non existían outros. Pronto comezouse a cultivar en España, máis como alimento do gando que coma ingrediente para fabricar pan. 

LUCA OU MANDIOCA: Arbusto de gran tamaño. Na dieta dos nativos era máis importante aínda có millo. Con ela elaboraban o pan cazabe, que aguantaba máis dun ano sen apodrentar. En España non tivo éxito. 

BATATA OU AGE E PATACA:  O age e o boniato ou pataca doce son as variedades máis coñecidas desta especie. Os españois descubriron o age, chamado xeralmente batata, planta comestible de cor parda, semellante á pataca pero máis rica en azucre e amidón. Consumiuse en España ata o século XVII, cando Pizarro trouxo dos Andes a "papa quechua", que nós coñecemos como pataca.

FEIXÓN: Aínda cós feixóns xa se consumían en España, á tripulación sorprendeulle a gran cantidade de especies diferentes. Sen embargo, Colón non describe no seu Diario os nomes autóctonos de cada unha.

MANÍ: O maní ou cacahuete era tamén importante na dieta dos indios, pero mediocre e insubstancial para os españois, que o consideraban alimento para os cochos. Comíase cru.

ESPECIAS:  o ají que era a pementa das Indias, da que posuían grandes plantacións; canela: varios tripulantes da Pinta aseguraban tela atopado, aínda que Colón dubidou de que fose canela pola súa calidade inferior á canela clásica.

PLANTAS TÉXTILES: coma o algodón que foi posiblemente a planta que en maior cantidade trouxo a Pinta, esta especie era moi similar á que trouxeron a España os árabes.

PLANTAS MEDICINAIS: coma o tabaco xa que os indios usábano para calmar dores -aspirándoo en po- ou como emplastos para as feridas, aínda que tamén fumaban e mastigaban as súas follas. Os tripulantes españois copiaron ós indios este último uso.

Carabela PintaTamén trouxeron gran variedade de froitas (Colón descríbeas con nomes europeos de especies similares, o que as fai difíciles de identificar), e algúns animais pero á dificultade que entrañaba o seu transporte e ás mínimas posibilidades de subsistencia foron moi poucos , por iso só chegaron con vida algunhas especies de papagaios. 

Na actualidade, en Baiona, nun dos seus peiraos construíuse unha réplica da embarcación "A Pinta", que permanece amarrada , para os visitantes e onde funciona tamén un pequeno museo colombino.

 

 

 

Mónica Beatriz Suárez Groba

Bibliografía consultada: "Conociendo a Galicia", Xosé María Manteiga.

 

 

VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ