Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Os bretóns no noreste de Galicia

BRITONIA ten orixe no territorio xerárquico ou Bispado do Reino Galaico establecido polos inmigrantes bretóns ó nordeste galego desde o século V, que posteriormente se denominaría Provincia de Mondoñedo ata a desaparición do Reino de Galicia no séc.XIX. 

FozÉ unha comarca que está moi ligada ó mar e á terra, situada na provincia de LUGO. Linda co Mar Cantábrico ó norte, con Ortegal ó Oeste e  Asturias ó leste, e mais coa Terra Cha e A Fonsagrada ó Sur. Nestas terras de Britonia, pódese atopar no oeste a Burela, Viveiro, Cervo, no centro a Barreiros; Bretoña, Foz, Mondoñedo, A Pontenova, Ribadeo, o este a Castropol , Navia, Veigadeo.

Os seus ríos máis importantes son : o Navia, Porcia, Landro e Sor e os seus cabos máis importantes son o Cabo de Bares, Ponta Roncadoira e Cabo de San Sebastián. 

Esta area foi habitada desde o ano 1.300 a.C. polos Galaicos, celtas pertencentes á familia lingüística do Gaélico Irlandés e Escocés. Despois estas terras repoboadas por sucesivos continxentes de celtas bretóns cristianizados que arribaban ó norte de Galicia fuxindo da invasión saxona da provincia romana de Britannia. En tempos do Reino Galaico-Suevo da baixa Idade Media, foilles concedida a organización política e relixiosa do nordeste do Reino, a partires de aquela coñecido como "Bispado de Britonia". 

O Bispado de Britonia gozou de grande prosperidade económica e política no Reino de Galicia, sendo base de apoio e refuxio dos notables do Reino e desenvolvendo tanto o comercio con Europa como o aproveitamento dos recursos internos. A destrucción da capital de Bretoña polos viquingos causou o traslado da Sede á vila de Mondoñedo, que desde entón cedería apelativo á Provincia homónima, entrando nun período de decadencia que culmina coa cesión a Oviedo das terras entre os ríos Navia e Eo. 

A VILA DE BRETOÑA E OS BRETÓNS DE GALICIA  

A vila de Bretoña foi capital das terras dos bretóns nos primeiros séculos do Reino de Galicia e tamén, neses anos de esplendor, foi a Sede do Bispado de Britonia, cabeceira relixiosa e política da provincia bretoñesa. 

Nos séculos IV ó VI, milleiros de celtas da provincia romana de Britannia abandonaron a súa illa natal. Os máis deles foron asentarse na Península de Armórica, creando o florecente Reino de Bretaña, en tanto que un grupo máis reducido se dirixiu a Gallaecia, onde fundaron un Bispado-Provincia de grande influencia que perviviu ata a eliminación do Reino de Galicia no séc.XIX. 

Os novos chegados asentáronse co beneplácito dos reis galaico-suevos na costa desde Ferrol ata o Navia, establecendo a súa sede en Bretoña e participando na política do Reino gracias ás súas privilexiadas relacións co Bispado de Dume, capital do Reino Galaico-Suevo na época. Destruída a capital de Dume na anexión visigoda, os notables do Reino refuxiáronse temporalmente nas dos bretoñeses, que trasladaran a súa capital a San Martiño de Mondoñedo, tras ser destruída a vila de Bretoña na invasión viquinga de 966-971. 

No séc.XII, o oriente de Britonia é cedido ó Bispado de Oviedo e paulatinamente a denominación do San Martiño en MondoñedoBispado-Provincia de Bretoña e das súas terras muda a "Mondoñedo", desaparecendo xa formalmente o seu primeiro apelativo no séc.XIII. A orixinal sede de Britonia constitúese en 1821 como Concello de Vián, para pasar a ser desde 1840 Terras da Pastoriza. 

Os bretóns-galegos ou bretoñeses gozaron dunha extraordinaria importancia nos primeiros séculos do Reino de Galicia. Politicamente, apoiaron activamente ao Bispo de Dume, educador e conselleiro de reis galegos. Relixiosamente, reforzaron a Igrexa Celta de Galicia, modelo organizativo da cristiandade medieval propio de Irlanda, Escocia e a Britannia celta, Armórica e Gallaecia. Culturalmente, os bretoñeses integráronse axiña pola pertenza á común familia étnica, aínda que os da Britannia deron en influír sobre a lingua galega da súa área de asento, orixe do "Dialecto Mindoniense".

Ben que o antigo "celta goidélico galaico" influencia fortemente o actual idioma galego, o establecemento dos continxentes bretóns deixou pegada en toponimias como Mogor (castro), Lan ou Pol (parroquia). Nos territorios habitados por bretoñeses sitúase unha bolsa dialectal do idioma galego coñecida có nome Area Mindoniense.

A igrexa parroquial de Santa María de Bretoña é o único vestixio conservado da antiga capital dos bretóns durante os primeiros séculos da Idade Media. Aínda que ten unha edificación recente, a igrexa actual foi erixida sobre as ruínas do antigo mosteiro principal das terras de Britonia, e conserva varias pedras da súa primixenia edificación, máis unhas escavacións feitas nos anos 1970 deixaron á luz a extensa estructura do orixinal mosteiro, descubríndose nobres sartegos e divisións cubertas dunha capa de cinza en recordo do terror viquingo que destruíu a principal fonte de poder bretón en Galicia. 

Bretoña é unha vila orgullosa das súas orixes e tamén do seu futuro... é cabeceira agrícola-gandeira da comarca. Cada ano organizase unha Festa Celta, ou da "Irmandade Galiza-Bretaña", promotora de intercambios económicos e culturais entre as dúas "celtias continentais". A Festa do Lugnasad de Bretoña celébrase cada verán no meigo couto da Auruxeira, con masiva asistencia de bretoñeses de toda a antiga provincia. Tamén hai unha sonada Rapa das Bestas.

Mónica Beatriz Suárez Groba

- Bibliografía consultada:    "conociendo a galicia", xosé m. manteiga.