Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A capela de Santa Olaia (Santa Baia) Guláns, Ponteareas


por Andrés Fuertes Palomera

Extraído da publicación editada pola "Comisión para a Conservación e Incremento do Patrimonio Común de Guláns", número I , setembro 2003. 

Agradecemos a José Cerqueira Groba, amigo e colaborador noso, por achegarnos este material e poder difundilo.

 




Nunha acepción moi ampla do concepto, o legado histórico é resultado de acontecementos de Santa Baia moi distinta natureza (política, relixiosa, económica, artística...) que configuran o que hoxe se entende por Patrimonio da Humanidade.

Ao longo do tempo, os homes fomos producindo mostras artísticas máis ou menos importantes, que son reflezo da nosa actividade, e que revisten un incuestionable valor cultural todas elas.  Representan documentos valiosos para entender e por que e o como da nosa existencia.  

Estas mostras máis ou menos artísticas e importantes constitúen unha forma de comunicación dos sentimentos, das inquedanzas, das vivencias e do ambiente social, e este é o xeito de transmitir todo iso ás xeracións futuras.

A historia foi pródiga en acontecementos que nalgúns momentos foron máis propicios e noutros menos favorables á conservación dos bens culturais. Unhas veces pola desidia, outras polas intervencións inadecuadas, en moitas ocasións como consecuencia do fanatismo e dos actos vandálicos, e sempre pola ignorancia (que é a nao de todos estes feitos) o patrimonio dos pobos sufríu danos e foi víctima do deterioro e da ruína, ao que tamén contribuíu a acción implacable do tempo e da natureza.

Na actualidade, nos finais do século XX e comezos do XXI, por fin a sociedade tomou conciencia da súa obriga de respectar e tutelar as sinais representativas da cultura e da vida dos pobos, e de que as testemuñas do pasado da sensibilidade dos nosos pais e, polo mesmo, teñen un posto de grande importancia entre os valores que nós temos que preservar coma un modo de defender a propia identidade.


A investigación

Cando Francisco me indicou que buscara información respecto á capela de Santa Eulalia, da nosa parroquia de Guláns, pensei que sería un traballo sinxelo, tendo en conta que grande parte das parroquias da nosa diócese están estudiadas, xunto coas súas capelas, no manuscrito de Ávila y La Cueva, Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tuy y su Obispado, escrito no ano 1852, que se atopa no arquivo diocesano.

A miña sorpresa foi grande ao comprobar que, despois da historia de construcción da actual igrexa, soamente fai referencia á capela de San Cibrán, pero non di nada de Santa Eulalia nin de San Martiño de Couso. 

O mesmo pasou nas outras historias da diócese ás que tiven acceso. Ao non atopara nada no arquivo diocesano acudín ao arquivo do Bispado. Alí xa foi outra cousa.

Na carpeta de referencia de Guláns hai uns folios manuscritos que son a transcrición e traducción de dous rescritos pontificios do Papa Alexandro VII. Os orixinais, en pergamino, están depositados na parroquia de San Xián de Guláns. Este tipo de documento é a expresión dun acto xurídico singular e unilateral que emite a autoridade competente por escrito e que concede un privilexio, unha dispensa ou unha gracia a unha persoa ou a un grupo de persoas.

Ambos documentos están datados en Roma o día 30 de setembro de 1665. Como é normal o idioma usado neles, por ser documentos oficiais da igrexa, é o latín.

Do primeiro deles podemos extractar os seguintes parágrafos que fan referencia ao noso lugar:

"Querendo dar lustre á igrexa da Contraría de Santa O/a/a (Eulalia) do lugar chamado San Xián de Guláns, da Diócese Tudense, e o altar da mencionada Confraría nela situado [...] concedemos e induixentemente outorgamos que cando |queira que un sacerdote [...] celebrase no expresado altar a Misa de Defuntos..." 

No segundo documento nos di: 

"Concedemos misericordiosamente no Señor Induixencia Plenaria [...] a tódolos fiéis cristiás de ámbolos dous sexos que [...] visitaren devotamente [...] a igrexa da Contraría de Santa Oíala do lugar chamado San Xián de Guláns da Diócese Tudense..."

Destes rescritos podemos deducir algunhas conclusións que nos parecen de interese para todos os gulanseses.

A primeira é que, xa no ano 1665, Guláns constaba como parroquia cun recoñecemento universal, xa que en dous documentos oficiáis da Igrexa se lie conceden unhas gracias especiáis. 

A existencia dunha Contraría adicada a Santa Olaia, da que descoñecemos a súa fundación, finalidade e membros que a formaban. 

Esta Confraría tina a súa propia igrexa aberta ó culto, con altar consagrado no que se celebraba misa varias veces ao ano, a lo menos na Conmemoración dos Fiéis Defuntos e na súa infraoitava (primeiro rescrito) e na festa de Santa Olaia (segundo rescrito). 


Pensó que calquera dos que nos sentimos membros desta comunidade parroquial de Guláns témonos que sentir orgullosos polo feito reseñado. Sería convinte que alguns dos nosos xovenes con interese cultural poidera investigar a orixe e a existencia desta Contraría, así como os membros que a formaban e as obrigas que tiñan.

Algunhas persoas maiores aínda recordan as procesións que se realizaban o Xoves Santo ata a cápela.  Poderían ser os que deran pistas das distintas celebracións que tiñan lugar.



Estado actual da capela de Santa Baia

FOTO: Estado actual da capela de Santa Baia, coñecida en Guláns como de "Santa Baia"

 

Outros documentos na nosa parroquia.

O investigador Domingo Cameselle Bastos no traballo La iglesia de San Julián de Guláns.1805-1865, que pubíicou no número 2 da Soberosum, cita unha carta que o abade Manuel Garrido envía ó Sr. Bispo na data de 2 de xullo de 1831, no que tamén se fai referencia á cápela:


"... Con motivo de la construcción de la construcción de la nueva iglesia se habilitó para decir misa, celebrar los divinos oficios y tener el Santísimo Sacramento en depósito en una reducida capilla inmediata a la iglesia parroquial con la advocación de Santa Eulalia y siendo ésta de una muy reducida que apenas tiene cabida para cincuenta personas y siendo el.número de almas más de mil y tantas..."

No intre de rematar este pequeño escrito, atopei tamén a referencia dun libro parroquial que está depositado no arquivo diocesano e,noméase Santa Eulalia. 1770-1890. Non fai pois tanto tempo que aínda se mantiña esta Contraría

Penso que tendo en conta todas estas pistas de investigación, non podemos ignorar este legado que os nosos avós nos deixaron e que tamén forma parte da nosa identidade como pobo de Guláns.

O patrimonio non é soamente un dereito que teñen os pobos como propiedade do mesmo, senón que, sobre todo, é a obriga que compromete a mantelo e transmitilo aos que venen despois ca nos. Por iso anímovos a que apreciedes estas ruinas da cápela de Santa Eulalia e as manteñades vivas no seu entorno para que os nosos rapaces non esquezan que teñen unhas raíces profundas na historia de Galicia e da igrexa nesta terra.